Onte tocamos no pub D´Antón en Laracha, tratáronnos moi ben e ademáis o sitio préstase para tocar. Novamente apareseron bos amijos que viñeron desde lonxe a vernos (Pedro de Ferrol e os seus colegas alejráronnos de novo coa súa presensia), cousa que se ajradese. Hoxe despois de comer xa arrancamos para Ortigueira, a ver que nos espera. Faremos noite alí e mañá a tarde baixaremos para Muros. Xa teño janas de volver a tocar, estarmos todos xuntos de novo, ademáis ijual ven Pony que fai mojollón que nos o vemos. O día promete.
Arquivo da categoría ‘Música’
Noite en Laracha
Sábado, 5 de Decembro de 2009Concerto en Laracha e Ortigueira
Luns, 30 de Novembro de 2009Fotos Varias
Domingo, 22 de Novembro de 2009Xa fai uns días que non me paso. Levo moito tempo sen ir a Muros, pasan as semanas e cada ves teño máis janas de volver. Deixo aquí os enlases ás fotos do concerto en Carral e do concerto de Fito no Coliseum (Coruña), foron uns días moi bos, de conoser xente, conversar e estar a justo. Próxima saída, viernes 4 e sábado 5 de Decembro, en Laracha e Ortigueira respectivamente. A sala The Star de Carral é dos que fan de Mucha e Nucha no Luar, e é un sitio que recomendo visitar se coinsidides por alí, fanse consiertos, teatro, danza, está decorado ao detalle, en fin, moi ben.
Fotos concerto Sala The Star (Carral) 14/11/09
Concerto sala The Star (Carral) o 14/11/09
Luns, 9 de Novembro de 2009O vindeiro sábado tocaremos en Carral, na sala The Star (http://www.salathestar.com/) a partir das 23:30 h. Tamén dicir que o concerto en Santiago e Coruña que foron cancelados celebraranse probablemente nos mes de xaneiro, na sala Nasa (Santiago) e na sala Mardigras (Coruña). Non están aínda confirmadas as datas nin os lugares pero probablemente sexa así.
Fotos sala Run Rum
Domingo, 8 de Novembro de 2009Tiven ahora un rato libre e subín as fotos ao Facebook do consierto en Ferrol. Justoume este sistema de metelas no Facebook e deixar aquí o link porque é moito máis cómodo. De feito creo que debería de eliminar as páxina do menu lateral con fotos e poñer un apartado para as fotos todas, é unha idea… De momento aquí quedan as fotos deste viernes inolvidable
Tarde perdida
Domingo, 8 de Novembro de 2009Hoxe que tiña pensado estudiar moito a penas aproveitei o tempo. Visieime cun iPhone que quería liberarlle a un colega e ata que o fixen non parei. Justaríame escribir de calma sobre o consierto de onte, porque o disfrutei moito. Non había moita xente pero eso foi o de menos, foi un deses días que disfrutas a máis non poder. Aínda non subín as fotos pero ao larjo da semana hei de faselo (Martes teño un exame parcial por eso vou ir deixando estas cousas para mediados de semana).
O que máis me impresionou da noite de onte, ademáis de que me pareseu Ferrol un sitio moito máis chulo do que eu pensaba en base ao pouco que conosía, foi un chaval que veu vernos, Pedro, que se sabía todos os temas de inisio a fin, e ademáis resulta que estivo estudiando tamén informática hai un tempo, é disir, que fomos compañeiros, foi increible chejar a un sitio toalmente desconosido para nós e que che resiban así. Sacamos fotos todos xuntos e estivemos aínda un anaco charlando, sentímonos moi a justo en Ferrol.
Finalmente quería deixar unha web na que hai posts moi bos sobre Linux e informática en xeral. Eu encontreino de casualidade mirando clientes de SQL, en plan IDE para faser consultas e traballar cunha base de datos a través de JDBC (Como DB Visualizer, SQL Developer, Execute Query etc…). Chámase http://ubuntulife.wordpress.com
Circuito rock Deputación da Coruña
Xoves, 5 de Novembro de 2009Deixo aquí un cartel cos concertos que temos estos últimos meses do ano. Faltan as fechas do consierto en Santiajo e Coruña. Ijual sale aljún consierto máis fóra do sircuito antes de acabar o ano. Lin que este sábado hai unha reunión do Castelo Rock ás 12 da mañá para dar contas e rogos e preguntas. Todos aqueles que critican o traballo desta xente ijual se deberían de pasar por alí antes de nada para informarse e tamén para disir todo aquelo que pensan porque pode axudarlles.
Concerto na sala Run Rum (Ferrol) o 06/11/09
Mércores, 4 de Novembro de 2009Este viernes caemos en Ferrol, na sala Rum Rum (http://www.salarunrum.com) a partir das 22:00 h. Faime espesial ilusión tocar alí porque nela estivo Ariel Rot tocando, un dos músicos que máis me justaron cando era máis pequeno (a verdade é que ahora xa non o escoito tanto) pero sobre todo, por ser un sitio onde nunca estivemos e sejir conosendo un pouco máis a terra. A semana pasada tocamos en Boiro, onde encontramos caras conosidas como Adolfo, que levaba o son e os consiertos na sala Leña Verde, que xa coinsidíramos con el en Chantada se mal non recordo e tamén no slalom en Muros. Deixo as fotos do consierto en Boiro e a ver se para a semana podo faser o mismo coas de Ferrol.
Concerto en Boiro o 30/10/09
Martes, 27 de Outubro de 2009Este viernes tocamos en Boiro, creo que orjanisa a asosiasión Leña Verde e o consierto será no local de Nsaio. Aproveitaremos para presentar alí o novo disco. O consierto será a partir das 22:00 h.
Cambios de data
Luns, 19 de Outubro de 2009Malas noticias, enfado xeral por un acto irresponsable e mostra de incompetencia. Uns días antes de tocar na sala Garufa de Coruña a productora de todos os concertos que imos dar antes de pechar o ano, Mula Produccións, avísanos de que hai problemas de papeleos coa sala Garufa (Coruña) e coa sala Pérez y Pérez (Santiago). Salirán novas fechas e salas en Santiajo e Coruña pero dóenos avisar de todos estos cambios con tan pouco tempo de antelasión e se ben non somos responsables, sí que sentimos un compromiso coa xente á hora de anunsiar unha fecha, compromiso que non nos justa romper. Sentímolo.
Concerto no slalom de Muros o 03/10/09
Mércores, 30 de Setembro de 2009Este sábado hai slalom no polígono industrial e despois vai haber concerto. Tocaremos Trapos Sucios + FAQs a partir das 20:30 aproximadamente.
Datas dos concertos de presentación do disco
Xoves, 24 de Setembro de 2009Deixo aquí a lista dos próximos consiertos, pronto o meteremos na web do jrupo e enviaremos un mail pola lista de correo. Son os consiertos que imos faser para presentar o novo disco.
Sábado 3 de Outubro - Slalom Muros (Polígono Industrial)
Xoves 22 de Outubro - Sala Garufa (A Coruña)
Venres 30 de Outubro - Sala Leña Verde (Boiro)
Venres 6 de Novembro - Sala Rum Rum (Ferrol)
Sábado 14 de Novembro - Sala D´Star (Carral)
Xoves 26 de Novembro - Sala Pérez y Pérez (Santiago)
Venres 4 de Decembro - Sala D´Anton (Laracha)
Sábado 5 de Decembro - Sala Bar de Fredi (Espasante-Ortigueira)
Domingo 20 de Decembro - Sala 600 (Melide)
Marfan Rock 09
Martes, 22 de Setembro de 2009Este finde fun a este festival que se fai na Pobra do Caramiñal, onde tocáramos nós o ano pasado. Tocaron Bocanada (Canta Martín Romero, o irmán de Kutxi Romero, cantante de Marea), Kertuler, Desalojo, Koma e Forraje. Fun sobre todo por ver a Koma, jrupo que me deixou moi sorprendido, justoume moitísimo o ben que sonan, moi cañeros e poñendo á xente a saltar sen parar. Tamén me justou Bocanada, sonan moi paresidos a Marea pero fano moi ben tamén. Ademáis estiven despois do consierto falando con Martín Romero e pareseume unha persona moi interesante. Deixo aquí o link a unha poucas fotos que saquei: fotos Marfan Rock 09
Disco en tendas
Luns, 14 de Setembro de 2009Hoxe entereime de que o novo disco está a vender na Fnac, no corte inglés, en discos gong, en iTunes e disque que en tendas menos conosidas por toda Galicia tamén. Ademáis pronto estará para escoitar en Spotify. Aproveito para deixar un enlase a un novo álbum de fotos do Castelo Rock 09, tiven que crear un novo para poñelas porque o Facebook ten un límite de 200 fotos por álbum, cousa que non acabo de entender o porqué. Esta semana de novo en Coruña, moi contento como bolseiro do Cecafi, lévase ben e estou aprendendo cousas.
Intro Castelo Rock 09
Xoves, 10 de Setembro de 2009Consiertos de otoño
Martes, 8 de Setembro de 2009Dixéronme onte os sitios nos que imos tocar e as fechas, o que pasa que aínda son provisionales. Nuns des días xa as hei de coljar, as definitivas. Tou moi ilusionado porque imos tocar en sitios onde nunca fomos. Os sitios onde imos tocar son a sala 600 (Melide), sala Bar de Fredi (Espasante - Ortigueira), sala Garufa (A Coruña), sala Leña Verde (Boiro), sala Rum Rum (Ferrol), sala Pérez y Pérez (Santiago), sala D´Star (Carral) e sala D´Anton (Laracha). Penso que oportunidades así hai poucas e vou intentar aproveitalo ao máximo, disfrutar da música, conoser xente, visitar os lujares… e encherme de recordos.
De novo por Coruña
Luns, 7 de Setembro de 2009Chejei onte xa para quedarme aquí na Coruña, este ano o meu curso empesa máis sedo que nunca polo tema da bolsa no Cecafi. Mellor era estar en Muros pero aquí estou máis tranquilo e podo orjanisarme mellor, porque teño bastantes cousas pendientes. Hoxe conosín aos meus compañeiros de traballo no Cecafi e parese boa xente, o único que me preocupa é que eu non controle o sufisiente, voume fartar de prejuntar.
Tiña bastantes fotos atrasadas e estivenas subindo estos días ao Facebook, máis ao Tuenti. En ves de subilas á jalería que teño, creo que é mellor deixar os enlases ás galería do facebook, así afórrome traballo inútil e podo ter sempre a web máis actualisada. Son fotos dos últimos consiertos, sen seleccionar nin nada, todo a eito. Deixo un enlase ás fotos da sala Nasa, aínda que aquí na web teño fotos, póñoo ijual porque no Facebook teño máis fotos.
Domingo 23
Domingo, 23 de Agosto de 2009Acabo de pasarme polo myspace do jrupo e vin que está actualisado, cos temas novos e todo moi ben. Tamén visitei o myspace do festival das asaghieiras, que é http://www.myspace.com/asaghieiras e hai informasión sobre o festival. Sijo sen actualisar a web do jrupo para meter as novas fotos, a ver se non o atraso máis alá de setiembre. Ando aljo jripado estos días, de feito ahora mismo creo que teño aljo de fiebre, e tou medio afónico, polo resto todo moi ben, nesesitaba este verán de poder dedicar o tempo ao que me mola, aínda que sempre se podería aproveitar mellor. No jrupo estamos moi contentos porque imos presentar o disco a partir da sejunda quinsena de setiembre ata finais de octubre por toda provinsia da Coruña, van ser 8 consiertos en 8 pubs ou pequenas salas nas que nunca tocamos, cando sepamos cales son máis as fechas poñereino aquí. Aljunha xente xa nos chama a banda dos “lisiados” porque temos un historial de acsidentes acojonante, o último foi Tararo, que xa leva uns días de muletas, non foi moita cousa pero bueno, é unha putada, menos mal que ha de estar ben xa para viernes, ou case ben. Pouco máis que contar, onte conosín a un jran técnico de sonido, e falando con el dinme de conta unha ves máis da importansia que teñen para que un jrupo sone ben, e tamén da dificultade de sonorisar a unha banda. A medida que escribo vou acordándome das cousas, escoitei un adianto do disco de Ruxe Ruxe, a banda do noso colega Bituco, que estiveron tamén tocando no Castelo Rock. Pódese escoitar no seu myspace aquí.
Asaghieiras Master Festival
Sábado, 15 de Agosto de 2009Este ano volve a haber festival en Lariño e penso que moito mellor orjanisado e cun cartel máis interesante que nunca. Non sei moi ben quen se encarja do festival, só sei de Fran de Lariño, que é un dos que máis traballaron para que nasera este festival e que invirte moitas horas da súa vida en todo esto, cousa que é de ajradeser.
Imos tocar o viernes 28, sobre as 12 da noite e deixo aquí a lista de jrupos que hai cada día.
Venres 28
- Trapos Sucios
- Riff Raff
- Narsilion
- Outcry
- Doomsday clock
- Eu-G Sound System Con Koba
Sábado 29
- Mongollica
- Cristal Moors
- Whistlino
- Kertuler
- Desequilibrio mental
- Esguince rock band
Concerto no Muiño o 14/08/09
Domingo, 9 de Agosto de 2009Este finde do Castelo Rock foi brutal, hoxe despertei ás sete e media da tarde, así que esta semana toca relajarse, ir fasendo aljunha cousa que teño por aí atrasada e viernes estar ben para tocar no Muiño, en Louro. O consierto vai ser ás 11 da noite na terrasa de atrás. Non podemos demorarnos polo tema do ruido, así que vai empesar puntual. Deixo unha foto do consierto deste viernes, que temos jrasias a César e a Manel, que unha ves máis aumentaron a nosa deuda infinita con eles.
Fotos pendentes
Sábado, 8 de Agosto de 2009Na web do jrupo, no tuenti e aquí, as fotos do Ézaro, San Mamede e Castelo Rock 2009. Sejuro que se me xuntan coas do Muiño, que tocamos o viernes que ven, ás 11 da noite, en punto, e coas das Asaguieiras, que vin o cartel xa, veñen mojollón de jrupos e ten moi boa pinta. Onte tocamos no Castelo Rock, foi unha noite increible. Increible estar falando con Evaristo de La Polla Records e tamén con Alberto Cereijo, co que levei unha jran sorpresa, un tio de puta madre, moi amable e coas ideas moi claras, foi un plaser. Hoxe hai que ir escoitar a Siniestro Total, Boikot, etc… Vou durmir toda a tarde para estar a noite preparado. Castelo Rock, a mellor festa muradana.
Mercar o novo disco en Muros
Domingo, 26 de Xullo de 2009Bush
Venres, 24 de Xullo de 2009Aljo tarde para estar aínda desperto. Onte probamos sonido en Arteixo, o consierto era na esplanada que hai detrás da parada de bus (que recordos de aquel primeiro ano que vivín alí, dun dos case ningúns findes que me quedei alí e fora a comprar o periódico a un quiosco de alí), senamos e despois chamáronnos de que se canselaba pola chuvia. Quedamos pendientes dun concerto con Riff Raff, a saber cando e onde.
Mañá deixaremos aljúns discos nos bares de Muros. Estos dous días teoricamente son de festón. O ano pasado pasara o apóstol en Santiajo pero este ano non me apetese. Sinseramente, a miña idea era non ir a nada estos días, estou bastante confuso e non sei se a miña presensia estos últimos sábados resulta aljo molesta. Sen embarjo, foron os mellores sábados desde fai moito. Fasía moitos meses que non tiña ilusión por nada.
Hoxe escoitei nun pub unha cansión que me molou. Prejuntei que era o que sonaba e era o jrupo “Bush” (non o presidente). Teñen un paresido a Nirvana, quisás máis a Nickelback sendo estos máis resientes. En calquer caso moloume moito. Unha pena que non estén en Spotify (a penas hai un par de temas). Tamén sonou un tema de Manolo García, non sei se con “El último de la fila” ou non, pero que molaba moito. Nada máis que aproveitar deste 23 de Julio.
Novo disco na web
Martes, 21 de Xullo de 2009A partir de hoxe pódese escoitar o novo disco en www.trapossucios.com e este finde poñerémolos naljúns bares de Muros a vender. Tamén estarán en tendas pero a partir de 15 días ou así, eso vai máis de calma. Pouco máis que contar, que a web do jrupo está renovada, jrasias a Manel, que nos axudou unha ves máis coas nosas movidas. Está un tempo asqueroso, estou cansado e mañá hai que tirar pa Arteixo despois de salir de traballar, así que non me vou enredar máis. Penso que mañá imos a tocar baixo ajua.
Metín máis fotos do consierto na sala Nasa, están na páxina que hai sobre eso no menú lateral.
Concerto na praia do Ézaro o 01/08/09
Domingo, 19 de Xullo de 2009Tocamos o 1 de Agosto na praia do Ézaro nun festival. Creo que tocan tamén “A banda dos denunciados” e non sei cal é o outro jrupo. Ten boa pinta, un consierto na plaia sempre mola, esperemos que o tempo acompañe.
Este finde estivo de puta madre, estes últimos sábados están sendo os mellores desde fai moito tempo. Estou felís.






