Arquivo da categoría ‘Informática’

Fotos Viñarock e RAID 0 en portátiles

Luns, 3 de Maio de 2010

Chejamos onte a noite de Albacete, despois de pasar un finde de moitos consiertos, no Viñarock. Pasámolo moi ben, e deixo aquí aljunhas fotos do festival. Tamén subín a youtube un tema de Ska-p que me mola moito, “Crimen solicitationis” e un case nada do concerto de Gatillazo, que probablemente fose o mellor jrupo de todo o festival. Para min o jrupo máis esperado foi Ska-p, pero tiveron o doble de xente que calquera outro jrupo, foi o boom do festival, e a verdade é que todo esto fixo que non se escoitase moi ben onde eu estaba. Ademáis, cada jrupo só pudo tocar unha hora, e quedáronme máis janas de velos.

No aeroporto de Madrid estiven lendo unha revista para faser tempo, a PC Actual. Fasía anos que non compraba unha revista de informática, debe de ser que para ler aljo de informática, sóbranme os apuntes. O asunto é que flipei cuns portátiles que se están a vender ahora como o máximo do máximo, porque veñen con dous discos duros SATA de 500 GB cada un, en Raid 0, entonses claro, o ordenador ten 1 TB de memoria secundaria. Paréseme un atentado contra os usuarios, unha estratexia de marketing pura e dura porque o único que están fasendo as compañías que comersialisan estos modelos é aproveitarse do usuario tonto que só mira os números dun ordenador. Eu teño un portátil, e unha das poucas averías que tiven foi precisamente o disco duro, que se fastidiou por usalo mentres me movía. Calquera movemento brusco mentras un portátil esta accedendo ao disco, pode estropealo, perdendo todos os datos, en prinsipio. ¿Todo esto a que ven? Pois que se os fabricantes meten dous discos nun portátil, sabendo toda a problemática que traen os discos magnéticos nos portátiles, o propio sería montar un RAID 1 ou aljo similar, de forma que ante un fallo nun disco, non perderíamos os datos, só teríamos que sustituilo e todo sejiría funsionando. O que pasa que esto non lles interesa aos que ensamblan ordenadores porque o ordenador tería dous discos, pero só 500 GB, aljo que non vende neste momento, ahora o que se leva é o Terabyte. Por este motivo, asentúan máis a problemática montando RAID 0, que mellora moito a velosidá de escritura e lectura a través do stripping, pero desaproveita esta oportunidade de minimisar as pérdidas nos datos por parte dos usuarios dos portátiles.

Trapos Sucios no Viñarock 2010

Trapos Sucios no Viñarock 2010

Actualisar

Mércores, 24 de Marzo de 2010

Levo días sen escribir pero pronto retomarei o asunto porque ando dándolle voltas ao tema de actualisar a web dunha ves por todas, e ultimamente estanme animando bastante a que o faja por fin xa que levo desde o ano 2007 coa mesma versión de Wordpress! Cantos fallos de sejuridade, e sobre todo, canto comentarios de spam se me colan, que teño que andar sejido no rollo de “moderasión” eliminándoos. Non teño intensión de cambiar a apariensia do blog, porque váleme abondo co tema por defecto, xa que é só para escribir as miñas tonterías. De todos os xeitos non o descarto. Esta tarde ijual me poño a faser xa aljunhas cousas e probablemente estea esto sen funsionar aljún tempo, mentras acabo. Tampouco nunca falei d estatísticas, pero desde setembro de 2007 levan entrado aquí 22.732 personas e o día que máis entraron foi o 6 de setembro de 2009, 285 personas. Xente que cheja aquí faino buscando por cousas como: denis lamela, trapos sucios, benirroxo, jano e naso, asaghieiras, castelo rock, concertos, minapolaris, mas alla del mar, muros, letras trapos sucios, mucha e nucha, aberto por reformas, carrilanas esteiro, toxofestival, a media ghasta, codigo gamba, etc… En total escribín 251 posts e hai 528 comentarios, que non son spam, senón de personas que de verdade escribístedes.

Apache2 + Mysql + PHP5 + Phpmyadmin

Xoves, 24 de Setembro de 2009

Hoxe estiven toleando un pouco e quixen preparar o ordenador para poder faser en local cousas con PHP e Mysql, porque non controlo case nada e é utilisadísimo en páxinas web. Usando o xestor de paquetes synaptic é trivial, só hai que ir a Editar -> Marcar paquetes por tarefa -> Servidor LAMP e darlle a “Aplicar”. LAMP ven de Linux Apache Mysql PHP. Así, con todo por defecto xa nos funsionaría, e con http://localhost iríamos á web que haxa almasenada en /var/www. Como complemento podemos instalar o paquete “phpmyadmin” para ter en http://localhost/phpmyadmin/ unha interface web para xestionar as bases de datos Mysql. Igual non funciona Phpmyadmin á primeira, porque ijual o instalador non crea un enlace simbólico necesario. Se é así, abrimos un terminal e tecleamos “sudo ln -s/usr/share/phpmyadmin /var/www”, sen as comiñas por suposto.

VMWare Converter

Martes, 15 de Setembro de 2009

Levo desde o Domingo sen as jafas que as deixei en Muros e dóenme os ollos cantidade. Menos mal que mañá vou a Santiajo e xa mas traen (voume operar dun lunar). Hoxe botei bastante tempo na facultade, de feito aínda estou. Estos días estiven traballando bastante con software de virtualización e a verdade é que me parese moi interesante, podes meter no mesmo ordenador varios sistemas operativos e traballar con eles, probar un sistema antes de pasar a instalalo realmente, probalo porque non o conoses e pensas que non che compensa instalalo… Ata existe unha ferramenta que se chama VMWare Converter coa que podes coller e virtualizar un ordenador, é disir, extraer del todo o que hai instalado, ir a outro, executalo e nel poder simular e probar futuros cambios. Unha vez que tes todo ben pensado e ves que funciona, vas ao sistema real e realizas os cambios, é moi interesante. A min personalmente todo esto sírveme para ter no meu Mac o Windows e Linux instalado, sen nesesidade de crear un arranque triple como tiña en 2º de carreira. O rendemento é bastante bo (o meu ordenador ten 2 GB de ram e un procesador Core 2 Duo a 2,16 Ghz).

Matriculado

Xoves, 10 de Setembro de 2009

Hoxe fun faser a matrícula para o curso que ven, a primeira ves que a fajo tan sedo, a primeira ves que non vou a Setiembre. Creo que vai ser un ano duro, porque comentáronme que as prácticas en cuarto son bastante tediosas, así que ademáis do horario que teño, xa denso de por sí, as dúas horas que lle teño que dedicar ao CeCafi e as prácticas non vai haber moito descanso. As asignaturas que vou ter son Arquitectura e Enxeñería de Computadores, Análise de Sistemas Informáticos, Deseño de Sistemas de Información, Intelixencia Artificial, Compiladores, Matemáticas Discretas II, Bases de Datos II e de optativas Arquitecturas Tolerantes e Fallos, Linguaxes Naturais e Métodos Estatísticos. Con respecto a todos estos anos anteriores hai varias que son anuais, entonses eu penso que esto pode ser bo se hai exames parciais que axuden a eliminar materia ou moi malo se entra a materia de dous cuatrimestres nun único exame. As optativas que elixín son as que me dixo meu compañeiro David que son máis asequibles (xa sei que debería coller as que máis me interesan pero non me atrevo).

Hoxe xa baixei para Muros, tou aprendendo bastante sobre huellas dactilares nun rollo que me mandaron ler, está moi interesante. Teño janas de volver a trastear co VirtualBox que tan mal sabor de boca me deixara aí atrás cando virtualisei Ubuntu sobre Leopard, porque vai moi lento. Volverei a intentalo porque está todo mundo coa virtualisasión ás voltas, que é moi útil e potente (creo ben que sea así cando vai sobre nivel de hardware, non como unha aplicación sobre un S.O.). Pouco máis que contar, que este será outro ano máis sen ir ás festas da barca, e sejirá na lista de tareas pendentes.

Venres de estudio

Venres, 22 de Maio de 2009

Onte liámonos no estudio ata as 2 da mañá porque estivemos con David de Santa Comba máis un colega del do pub Mongo. Pola tarde estiven eu jravando jitarras rítmicas e ahora cando me colla Pedro volveremos ao choio. É o primeiro ano en moitos que non vou a Santiajo a selebrar as festas da Ascensión pero creo que foi nesesario porque o tempo ven enriba e queda bastante que faser no disco. Ademáis sábado imos tocar a Cesuras e tamén quero estar un pouco pola casa.

Díxome un compañeiro de clase dun projrama que se chama Spotify, dispoñible para Windows e Mac no que se pode escoitar “calquera” cansión a través de internet. É jratis e finánsiase metendo publisidá entre cansión e cansión que teñas a escoitar (teñen que pajar cánon á SGAE etc…). Díxome que é moi pouca. Para instalalo o único problema que podes ter é rexistrarte como usuario porque funsiona en plan “Tuenti” e cousas do estilo, nesesitas que aljén che invite. A min ninguén me invitou e apunteime nunha lista na que teóricamente eles van mandando invitasión. A ver se ma envían pronto para probalo. Ademáis ten emisoras de radio etc… Un iTunes pero para escoitar.

Que calor

Martes, 5 de Maio de 2009

Menudos días, da justo. Como veña así o verán vai ser un disfrute. Estas semanas están de puta madre, durante a semana traballamos bastante nas prácticas pero lévase bastante ben e os findes están sendo moi bos, jravando (que pensei que ía ajobiarme máis) e ensaiando. Ahora este mes vai ser jravar e ir tocar, así que aínda pintan mellor. Se aljén está interesado no deseño web, deixo este manual porque está moi wai, fíxoo unha chavala de Barcelona e, aínda que ten un par de erratas, está increiblemente ben para empesar. Pouco máis que contar, en Sistemas Operativos II sejimos coas prácticas que amplian a shell (só nos falta meterlle memoria compartida, unha práctica máis).

Este cuatrimestre mola moito se non fose por Estatística II, a asignatura máis imposible de sacar ata o momento, non nos enteramos de nada. Para rematar deixo un vídeo.

YouTube Preview Image

Python

Mércores, 4 de Marzo de 2009

Este cuatrimestre teño unha optativa que se chama “Interfaces de Usuario”. Nela estudiase como faser interfaces para projramas e tamén interfaces web que ahora utilísanse moito. O rollo é que imos usar a linguaxe de programación Python na asignatura e ninguén nos vai enseñar a usala porque está a moi alto nivel e xa aprendemos uns cuantos máis como Pascal, C, Java, Caml, Fortran… así que non nos debería de costar moito. Eu collín un libro na biblioteca pero resulta pesadísimo de leer, naljunhas cousas párase moito e non o recomendo para informarse ben da sintaxe e un pouco da filosofía de Python.

Sen embarjo, pasoume David, un compañeiro meu, un tutorial en PDF para aprender Python, escrito por Raúl González Duque que está increible. Estiveno leendo esta tarde e é moi claro, incluso está ben para quen aprenda por primeira ves unha linguaxe de programación e lle tocase estrenarse con Python. Ademáis está en lisensia Creative Commons e pódedes faser con el o que vos pete. Podedes descarjalo en http://mundogeek.net/tutorial-python/

Noite de chuvia

Sábado, 29 de Novembro de 2008

Día movido hoxe, clase as 8:30 xa e remate as 17:30 en Técnicas de Simulación (non todas sejidas claro). Pensaba chejar a Muros moito máis tarde pero ao final chejei sobre as des da noite. Como ten miña nai aljo de jripe e o tempo está bastante chungo pois deisdín quedarme na casa, rematando a práctica de redes (téñoa xa funsionando ao 100% e co código xeitoso pero hei de darlle un par de voltas para ver se podo simplificar aljunha cousa). Mañá levantarme sedo para ir aos recados (compra, botar quiniela, quedei con Germán etc…) e pola tarde ensaiando duramente. Antes de ir para cama vou rematar de rexistrarme en “Sun Developer Network” porque estou registrando NetBeans e fai falta ter unha conta aí, ademáis fijeime hoxe a mañá e estando dado de alta pódese contestar e postear nunha base de datos de bug’s de Java, que non son poucos. Por exemplo, fasendo o servidor web dinme de conta de que se pechas un canal dun socket (de entrada ou de saída) na implementasión de Java 6 dexenera en pechar o socket. Sejuro que moita xente se deu conta pero ijual o posteo para ver se o cambian porque o lóxico sería que che deixase serrar un dos lados da comunicasión aínda que tamén se pode interpretar de distinta forma… Na sijiente práctica de redes (servidor de mail) temos que usar interface gráfica, temos que usar un IDE tipo NetBeans ou Eclipse para axudarnos e estas navidades vou ter que darlle moita caña para entender ben como usar un IDE porque ata ahora estaba fasendo todo a pelo co gedit, pouco a pouco imos fasendo cousas máis de xeito. Finalmente disir que a última versión de Matlab a R2008b non me instala no meu Athlon 2000+ porque parese ser que non ten repertorio de instrucsións SSE2 e xa non che deixa arrancar o instalador. A ver se me dan pronto o Macbook porque hai unha práctica final en Medios de Transmisión que ten moi mala pinta e no Mac sí que podo meter o Matlab. Good night

Fotos Manifestación

Mércores, 19 de Novembro de 2008

Paseime ahora polo foro de QueGrande e encontrei un link que deixou un estudiante da facultade que hoxe se molestou en sacar un lote de fotos e ademáis xa as coljou en Internet. Pódense ver aquí e hainas moi boas. Un saúdo

Manifestación 19-N

Optimizar Windows XP

Xoves, 17 de Xullo de 2008

Ola, unha nota rápida, deixo un link dunha guía bastante wai para optimizar windows XP. Podedes mirala aquí. Un saúdo

“Golfiño”, un corrector ortográfico para o Galego

Xoves, 31 de Xaneiro de 2008

Os usuarios de Windows, Mac OS ou GNU/Linux poden xa utilizar un corrector gramatical gratuíto para o idioma galego, denominado Golfiño, que podedes descargar aquí (Dispoñible para Open Office, non teño nin idea se está para Microsoft Office).

Este instrumento informático corrixe erros de estilo, concordancia, e acentuación; de rexencia verbal, de contracción seguida de artigo e en frases infinitivas, confusións ortográficas, deficiencias nas perífrases verbais, ou usos incorrectos dos pronomes e proposición… en fin, de todo.

Golfiño

Fonte: A voz de Galicia 

Ubuntu con Macbook

Luns, 5 de Novembro de 2007

Bueno, no meu Macbook teño instalado Mac OS Tiger (aínda que ahora xa hai o Leopard), Windows XP e Ubuntu 7.04 Feisty Fawn. Loxicamente en Tiger todo funciona ao 100% e en Windows, gracias a BootCamp (software co que Apple che permite instalar Windows e ademáis dache os controladores de abosolutamente todo o hardware do Macbook para Windows) tamén.

Sen embargo, para Linux, Apple non che ofrece controladores nin nada. Para instalar os tres SO´s non é moi complicado, eu fíxeno instalando Windows con BootCamp e despois metendo ReFit e instalando Linux. En Ubuntu todo funciona bastante ben, unha vez instalado o máis fácil é instalar o driver da tarxeta gráfica (automático a través do Synaptic) pero despois hai cousas que xa dan máis choio.

Por exemplo, a tarxeta wireless non funciona de primeiras. Eu aínda non a instale pero estiven lendo como se pode facer (madwifi etc..).

O último problema co que me encontrei foi co teclado, que non era capaz de escribir @{}[]# etc… Esto soluciónase desde o terminal executando:

sudo sed -i~ ‘/xkb_symbols “ralt_switch” {/a\ include “level3(rwin_switch)”‘ /etc/X11/xkb/symbols/level3

Deste xeito a tecla da masansiña pasa a aser o Alt gr para poder escribir estos símbolos. (En Windows Alt Gr é Ctrl + Alt nun macbook) .

Hai un wiki moi bo sobre todo esto de ter arranque triple nun macbook que podedes ver aquí

Skype

Martes, 30 de Outubro de 2007

Ola. Acabo de instalar un projrama que se cha Skype, supoño que o conoseredes. Permite falar por teléfono desde o ordenador máis videoconferensia, jratuitamente entre usuarios de Skype e con vos presios a teléfonos de toda a vida (móbiles e fijos).

Eu son máis partidario de escribirme con outras personas polo messenger, que tamén permite falar e videoconferensia pero metinme no skype porque me insistiu meu irmán Brais e ademáis quero ver como é eso de chamar a teléfonos de toda a vida, porque ao mellor compensa. Botándolle un ollo por riba vexo que está bastante wai o motor de búsqueda, se buscades por Denís Lamela ensejida me encontraredes e aljún dato sobre min (eu creo que neste tema é un pouco onde floxea o messenger).

Non ten moita máis chicha, se vexo aljo interesante xa o poñerei.

Skype

Oferta de Apple para a volta a clase

Luns, 17 de Setembro de 2007

É bastante conosido que se eres estudiante Apple véndeche os seus productos a mellor precio. Ahora que empesa o curso saca unha promoción realmente atractiva pero que ten un proseder un tanto raro:

Se eres estudiante e compras un Mac máis un iPod Nano devólvenche 130 euros e o iPod Nano máis barato vale 139 euros. Básicamente rejálanche o iPod Nano pero tes que pajalo ijual e despois enviarlle ao Reino Unido os códigos EAN dos dous productos (máis unha encuesta) e esperar a que che validen a promosión. ¿Non lles sería máis fásil rejalarcho directamente? ¿Hai trampa?

Deixo unha foto dun Macbook blanco (porque me justa) e o Ipod Nano máis barato (4 Gb). Máis informasión aquí

iPod NanoMacbook Blanco