Arquivo da categoría ‘Falar por falar’

Concerto no Muiño o 14/08/09

Domingo, 9 de Agosto de 2009

Este finde do Castelo Rock foi brutal, hoxe despertei ás sete e media da tarde, así que esta semana toca relajarse, ir fasendo aljunha cousa que teño por aí atrasada e viernes estar ben para tocar no Muiño, en Louro. O consierto vai ser ás 11 da noite na terrasa de atrás. Non podemos demorarnos polo tema do ruido, así que vai empesar puntual. Deixo unha foto do consierto deste viernes, que temos jrasias a César e a Manel, que unha ves máis aumentaron a nosa deuda infinita con eles.

Trapos Sucios no Castelo Rock 09

Fotos pendentes

Sábado, 8 de Agosto de 2009

Na web do jrupo, no tuenti e aquí, as fotos do Ézaro, San Mamede e Castelo Rock 2009. Sejuro que se me xuntan coas do Muiño, que tocamos o viernes que ven, ás 11 da noite, en punto, e coas das Asaguieiras, que vin o cartel xa, veñen mojollón de jrupos e ten moi boa pinta. Onte tocamos no Castelo Rock, foi unha noite increible. Increible estar falando con Evaristo de La Polla Records e tamén con Alberto Cereijo, co que levei unha jran sorpresa, un tio de puta madre, moi amable e coas ideas moi claras, foi un plaser. Hoxe hai que ir escoitar a Siniestro Total, Boikot, etc… Vou durmir toda a tarde para estar a noite preparado. Castelo Rock, a mellor festa muradana.

Manuel

Luns, 27 de Xullo de 2009

Manuel quería ser neno, como todos os da súa idade que xogaban pola rúa e despertaban cada tarde a súa tristeza co ruido das risas, dos berros e da inocencia propia daquela idade. Sen embargo, presentábase diante del un muro de pedra cada vez que intentaba baixar a xogar e co paso do tempo o mesmo muro quitoulle as forzas para intentalo. O tempo, tan indiferente coma sempre, convertiu aquel neno acomplexado nun home reservado, cheo de dolor, disque raro.

Mercar o novo disco en Muros

Domingo, 26 de Xullo de 2009

Deixamos no Muiño, en Gabino, na Churra e en Pitís copias do disco para que a xente o poida mercar xa. Vai ser distribuido por Lonxa Cultural en Galicia pero aínda está en trámites. Pouco que contar, a ver se poño as letras do disco estos días.

trapos_sucios_con_el_agua_al_cuello.jpg

Ramón da Costa

Venres, 24 de Xullo de 2009

Hoxe morreu unha das mellores personas que conosín, apasionado da música, amijo fiel, que sempre apoiou o meu soño pola música e axudou, tanto con “A media Ghasta” como con “Trapos Sucios”. Aínda este sábado veu ao ensaio, co seu bo humor, e alí nos botamos a tarde enteira. Despois aínda quedamos Germán, el e eu ata tarde charlando. Onte cruseino no coche e pensei en chamalo, pois tíñalle jardado o disco novo, a primeira copia que sale do estudio, pois sempre mas pedía e ía jardándoas. A el moláballe o rollo de que non fose a típica con portada e masterisada, senón a que sona tal e como saleu das nosas mans. Desta ves xa non pudo ser.

A morte é totalmente inxusta, Ramón era unha persona auténtica, coas ideas moi claras e sempre apoiando as inisiativas a favor de Muros, pois era un tema que a el sempre lle preocupou. Un dos seus soños era montar unha emisora de radio aquí, para que a xente pudese escoitar as notisias que afectan directamente ao concello, e pinchar música. Das moitas ideas que tiña na cabesa, esa era unha espiña clavada. Ninguén imaginaba que púdese morrer tan xoven. Recordoo sobre todo polas miles de veses que nos temos visto, moitas para botarlle unha man co ordenador, nos consiertos nosos, en The Cure en Santiajo, en AC/DC en Barcelona o pasado mes de Marzo, de onde teño as últimas fotos súas, etc…

Como anécdota simpática, recordo nun consierto de “A media Ghasta” en Coruña, unha tarde no cuartel militar de Atocha, tería eu 15 anos, que me rompera unha corda, e non podía sejir tocando… colleu el, que sempre lle encontraba solusión a todo, e meteuse a toda ostia por Coruña adiante a compralas, e eu alusinado atrás pois para min todo aquelo era desconosido, edifisios criminales, nós a toda pastilla… en fin, que me quedou jravado aquel momento.

Ramón non vas poder ler esto, pero que sepas de corasón, que en min deixas unha falta importante, pois vai ser difísil olvidar a unha persona da túa talla. Nasestes un 24 de Julio, e deixasnos un 24 de Julio.

Deixo unha foto de Ramón da Costa con Nando e Ramón de Elvira (de esquerda a dereita) nun consierto que demos en Lira no verán de 2006.

 dsc01955.JPG

Bush

Venres, 24 de Xullo de 2009

Aljo tarde para estar aínda desperto. Onte probamos sonido en Arteixo, o consierto era na esplanada que hai detrás da parada de bus (que recordos de aquel primeiro ano que vivín alí, dun dos case ningúns findes que me quedei alí e fora a comprar o periódico a un quiosco de alí), senamos e despois chamáronnos de que se canselaba pola chuvia. Quedamos pendientes dun concerto con Riff Raff, a saber cando e onde.

Mañá deixaremos aljúns discos nos bares de Muros. Estos dous días teoricamente son de festón. O ano pasado pasara o apóstol en Santiajo pero este ano non me apetese. Sinseramente, a miña idea era non ir a nada estos días, estou bastante confuso e non sei se a miña presensia estos últimos sábados resulta aljo molesta. Sen embarjo, foron os mellores sábados desde fai moito. Fasía moitos meses que non tiña ilusión por nada.

Hoxe escoitei nun pub unha cansión que me molou. Prejuntei que era o que sonaba e era o jrupo “Bush” (non o presidente). Teñen un paresido a Nirvana, quisás máis a Nickelback sendo estos máis resientes. En calquer caso moloume moito. Unha pena que non estén en Spotify (a penas hai un par de temas). Tamén sonou un tema de Manolo García, non sei se con “El último de la fila” ou non, pero que molaba moito. Nada máis que aproveitar deste 23 de Julio.

cartel-trapos-sucios-copia.jpg

Absurdo

Luns, 20 de Xullo de 2009

Existes mentras sexas recordado. De forma póstuma o énfase é maior e os sentimentos que aljén poida sentir por ti por fin son reconocidos. E desta forma florece o arrepentimento. Hai aljo que fai que sexamos o contrario do que soñamos, que pechemos as nosas vidas e dirixamos as nosas horas a cousas moi dispares de aquelo que de verdade queremos. Somos a definisión do absurdo, e resulta increíble co ejoístas que somos, que así se repita persona tras persona, independientemente do lujar e da cultura. Debe de ser que nos justa vivir cun dolor no peito.

Vísperas do Carme

Mércores, 15 de Xullo de 2009

Aínda tou medio atontado, despertei fai nada da “siesta”. Ahora tou metido na cama pero despois salirei ata Muros, xa que mañá non traballo e hai que aproveitalo. Ando aljo ajobiado, o meu folio de cousas pendentes rebosa e ten a tachadeira pouco firme, máis ben escribo cada día un novo rollo. A ver se mañá fajo aljo. Non teño moitas janas de festa, prefería que fose sábado, pois hoxe está todo mundo fóra e os que están aquí, moitos traballan mañá.

Salida en medios

Martes, 14 de Xullo de 2009

Hoxe foi un desos días nos que pasan cousas pouco frecuentes. Sacaron un artículo na Voz de Galicia sobre o novo disco, que se pode ler tamén en internet aquí e ademáis salen un par de fotos nosas na projramasión das actividades de verán que orjanisa a USC en Muros, que se pode ver en Programa USC Muros 09.

Pola tarde siesta, con Pedro un pouco e despois paseo polo Ancoradoiro. Contento de aprobar todas, xa saliron as notas, así que xa vou para cuarto. É o primeiro verán que non teño que estudiar desde que acabei o bachiller.

Tamén aljo sensible por eso de estar no Ancoradoiro vendo as olas escachar, sentindo o vento, vendo a posta de sol e con todas as miserias da miña vida rondando pola cabesa. Sólo hai unha e o tempo vai pechándonos as portas. Eu espero aljo máis dela. Ademáis pouco a pouco vou sabendo o que quero.

Trapos Sucios

Próxima parada, Arteixo

Luns, 13 de Xullo de 2009

Menudo día, de casualidade acabei axudándolle a Pedro a coller as patatas cuns familiares, traballamos ajodelo. Ahora tou na cama sinco minutiños antes de durmir, que mañá as 6 en pé. Imos tocar o día 22 en Arteixo por janas o concurso de rock da deputasión do ano pasado. Kaio, que está lesionada, fará coros, non imos tocar sen el, eso non mola. Despois tocaremos en Carnota, no Castelo Rock, no Muiño, no Asaghieiras Master Festival e no que vaia saíndo despois deste bache. A durmir.

Xa fai un ano

Sábado, 11 de Xullo de 2009

Hoxe non é un día deses que se recordan con alejría. Fai un ano morreron Jano e Naso nun acsidente na Serra de Outes cando ían para traballar. Sempre serán recordados por todos aqueles que os conosíamos, sumándose a outros tantos que tamén nos deixaron desjrasiadamente.

Moita xente prejúntame porque non tocamos o pasado jueves. Kaio rompeu un dedo e ten o braso escaiolado. Non imos canselar todos os consiertos do verán, imos preparar o consierto sen a súa jitarra, el faría coros, non imos tocar sen el. Se todo esto non nos collese de imprevisto non canselaríamos o consiertos deste jueves, fixémolo porque non nos deu tempo a adaptarnos. Imos tocar en Arteixo o día 22. Deixo unha foto en Sanxenxo esta semana.

Trapos Sucios en Verán Verán

De santo en santo

Mércores, 1 de Xullo de 2009

Bastantes días de ausencia. Xa en verán, o tempo non. Corazón blando, subindo ata o máis alto, en plan inverso. Non podo falar do curso porque aínda non teño todos os resultados, moi contento por aprobar xa aljunha coa que non contaba, non collo na cuncha. Ademáis empesei a traballar e estou moi contento, creo que non me vai dar tempo a pensar en todo o que podería faser e non fajo, eso é bo, sobre todo cando se tivese todo o tempo libre tampouco faría. Consuelo de tonto.

Musicalmente falando, contento porque xa acabamos coa jravasión do disco. De feito mañá imos masterizalo nun estudio e a ver que tal queda o resultado. Contento porque supón un paso adiante, non sufisiente, pero como non temos que darlle contas a ninguén pois xenial, aí quedara, para quen queira escoitar as nosas cruderías. Son 12 cansións e o orde en prinsipio é o sijiente:

1-Impotencia
2-Mosquita muerta
3-Estre la espada y la pared
4-Siempre de frente
5-Laura
6-Los mierdas
7-Buenos días conciencia
8-Rompiendo recuerdos
9-La justicia
10-Con el agua al cuello
11-Obligado a caminar
12-Un nuevo día

Por serto, vaise titular “Con el agua al cuello” e terémolo listo en 15 días aproximadamente. Vaise distribuir en distintas tendas de Galicia, poderase escoitar na web, en Spotify (esto vai tardar aljo máis). Tamén comprarse por internet etc… pero non teño moita idea de todo eso aínda. Cando teña toda informasión e sendo serta ao sen por sen pois hei de deixala aquí.

Finalmente, antes de apajar a lus e proceder ao eterno descanso do dia 1 de Xullo, quería deixar o link ao flickr de Benirroxo, teño fotos del nun apartado da web e creo que vale a pena botarlle un ollo ás fotos que el saca. Porque están de puta madre, porque reflexan a nosa realidade máis sercana, sobre todo a nosa paisaxe. Podes ir desde aquí.

¿Por que de santo en santo? Porque pasou o San Juan e o San Pedro, visto e non visto, máis floxos que outros anos, máis interesantes, peores, mellores, en calquer caso únicos. Son indicio de que empesa o verán e espero que a xente aproveite o tempo das vacasións para faser aquelas cousas que lles mola. Para ler a quel libro que durante o curso non puido, de escoitar aquel disco, faser aquel viaxe. Ocupar o tempo como máis nos mole. Non sei cal será o medio, pero justaríame divertirme e aprender, non me importa sobre que.

Concerto no IX encontro de embarcacións tradicionais o 09/07/09

Venres, 19 de Xuño de 2009

O vindeiro 9 de xullo tocaremos na praza do concello con motivo do encontro de embarcacións tradicionais que é un evento que vai rotando cada ano por distintos municipios con tradición mariñeira. Van a ser uns días de moita xente que ven de fóra e vai dar a vida ao sector turístico sobre todo. Hai máis información sobre todo o que vai a pasar nesos días na seguinte web e tamén un adianto do programa no seguinte arquivo: IX encontro de embarcacións tradicionais (programa)

O día 9 tocaremos Trapos Sucios + Som do galpom + Doomsday clock na praza do concello.

Trapos Sucios en Chantada

Cartel festa da sidra

Mércores, 3 de Xuño de 2009

Deixo aquí o cartel do concerto do 13 de Xuño en Chantada. Teño pendiente subir as fotos de todos os concertos do mes de Maio. Ando bastante liado porque ahora empezan os exames. Intentarei subilo antes de Xullo.

festa_sidra_09p.jpg

Mastering

Mércores, 27 de Maio de 2009

Hoxe fun con Juno mirar un par de estudios para masterisar o disco. No primeiro entramos de casualidade, confundíndonos, e resulta que estaba a Banda Potemkin dentro. Despois fomos ao que queríamos ir desde un prinsipio, e conosemos a Jacobo Paz. Estívonos enseñando todo o que ten montado alí, ten locais de ensaio, estudio de audio, de vídeo, mastering, management, edisión, produsión de espectáculos etc… Foi simpático que xusto entramos no control e na mesa de mesclas vemos unha foto de Pedro, o batería de Jabon Blue, que tocou tamén nos Heredeiros, e creo que tamén toca na Banda do camión (un tío de puta madre). Resulta que Jacobo e Pedro son mellores amijos. Ademáis fíxose alí o último videoclip de Forraje (que teño que ver, disque está moi ben), e é o estudio no que salía Jabon Blue en “Vidas anónimas”. En definitiva, que o mundo é un pañuelo. Parese boa xente, e imos traballar con eles.

Para rematar o día, déixame Juno na porta do piso, e vemos a Isabel Blanco, a actris que traballou en Mareas Vivas, que sale ahora no anunsio de Larsa e ten un projrama no que se dedica a ir polas casas para preparar unha sena co que haxa nese momento.

Jripaso

Luns, 25 de Maio de 2009

Este finde tocamos en Cesuras con “Estierkol” e “Toñito de Poi e rasaloba”. Cando chejamos vimos que había unha boa festa alí montada, unha boa carpa, escenario e equipo de son, pero chovía que metía medo, non había onde moverse con aquel mal tempo. Ademáis, costounos un pouco chejar, pasámonos de larjo e paramos a prejuntar cando de repente apareseu tamén Toñito de Poi, que tamén se perdera.

O bonito foi que a medida que avansou a tarde, descampou e quedou unha noite chula para tocar. Non había moitísima xente, pero máis que sufisiente. Ademáis, xente moi amable e ajradable, tanto o público, como a orjanisasión, como os jrupos. Os que viñan de Mallorca fasían punk e eran moi bos tíos. Deixo aquí o link ao seu myspace. Un dos jitarristas tocaba en Síndrome de abstinencia, bastante conosido, tocaron no Derrame Rock, fixeron gira por México etc… senón recordo mal ahora non toca pero el debeu ser dos fundadores, porque xa viñera 15 veses a tocar a Galicia… Deixo tamén o link do myspace destoutro jrupo aquí

Deixo a foto dun chaval que subeu ao escenario varias veses. Fíxose bastante molesto…

 Cesuras

Caña de herbas

Domingo, 17 de Maio de 2009

Levanteime fai un pouco, estos días foron marabillosos. Na estrada un consiertos bastante cativo, na Nasa xa moito mellor, en Montouto de puta madre e, onte na sala Foso, increíble. Foron uns días de moito traballo pero marabillosos, de estar todos xuntos, de aquí para alá, furjoneta, sena, probar sonido, risas… E aínda queda o sábado que ven o festival da xuventude en Cesuras. Despois pararemos ata Xullo para rematar o disco e faser os exames (ughhhh). Temos moitísimas fotos, da miña cámara e tamen da de Manel e César na Nasa (jrasias outra ves por molestarse) e de Cintia e David. A ver se as imos recopilando ao larjo deste mes…

En Montouto moi bo rollo co jrupo co que tocamos, “Caña de herbas”. O cantante é o jitarrista son moi enrollados e viñeron onte a sala Foso tamén. É o bonito de andar por aí, que conoses xente e fas colegas. E para colegas David e Cintia de Santa Comba que non nos deixaron un minutos sólos estos dous días, axudándonos con todo e faséndonos pasar moi bos momentos. Son dúas personas increíbles.

cimg1193.JPG

Frontón

Domingo, 10 de Maio de 2009

Onte tocamos na Estrada, nun pavillón que lle chaman os de alí o “frontón” porque e altísimo e ijual se xoja ao frontón. Pola tarde pasámolo de puta madre, estivemos vendo o slalom un pouco e estábase moi ben porque fixo bo tempo. O problema foi que estaba todo moi mal orjanisado, para empesar equivocáronse elixindo o sitio, fixeron o consierto nun pavillón que sona fatal e meten alí dentro un equipo moi potente. Non se distinguía nada, un sonido fatal. Outro problema foi que a penas o anunsiaron e non hubo moita xente. E por enriba, os primeiros tiñan que empesar a tocar as 22:30 máis ou menos pero non empesaron ata as 00:30. Nós cando chejamos para tocar (sobre as dose) encontrámonos co consierto sen empesar. A todo esto hai que sumarlle que o generador quedou sen jasoil a media tarde, e tivemos que retrasar a proba de sonido bastante mentras arrejlaron o problema. A veses para orjanisar un consierto non só hai que preocuparse de ter un bo equipo e unhas boas luses, é mellor faser as cousas máis humildes e preocupándose en detalles pequenos como que os jrupos respeten os horarios de inisio e actuasión ou intentando buscar un local que sone desentemente.

A pesar de todo esto, pasámolo moi ben. Teño aljunhas fotos pero supoño que non as coljarei ata que pase todo este mes, porque teño bastantes cousas que faser. A medida que avanse Xuño irei subindo a de todos os consiertos pero primeiro teño que sentrarme na jravasión do disco e nos estudios.

 Concerto Estrada

Que calor

Martes, 5 de Maio de 2009

Menudos días, da justo. Como veña así o verán vai ser un disfrute. Estas semanas están de puta madre, durante a semana traballamos bastante nas prácticas pero lévase bastante ben e os findes están sendo moi bos, jravando (que pensei que ía ajobiarme máis) e ensaiando. Ahora este mes vai ser jravar e ir tocar, así que aínda pintan mellor. Se aljén está interesado no deseño web, deixo este manual porque está moi wai, fíxoo unha chavala de Barcelona e, aínda que ten un par de erratas, está increiblemente ben para empesar. Pouco máis que contar, en Sistemas Operativos II sejimos coas prácticas que amplian a shell (só nos falta meterlle memoria compartida, unha práctica máis).

Este cuatrimestre mola moito se non fose por Estatística II, a asignatura máis imposible de sacar ata o momento, non nos enteramos de nada. Para rematar deixo un vídeo.

YouTube Preview Image

Máis cambios

Martes, 28 de Abril de 2009

Avisáronme ahora que ijual sí que hai concerto na Estrada. O problema era entre a orjanisasión e o concello polo sitio do consierto. Parese ser que van alquilar carpa e equipo de son para exterior e posiblemente se recupere todo o planeado. Sentimos andar mareando desta forma pero así nos marearon a nós. Mañá desidirase que faser e xa habemos de anunsialo na web, no foro, aquí e a través da lista de correo coma sempre.

Morto de sono

Sábado, 25 de Abril de 2009

Foi un día bastante duro. Ensaiamos mañá e tarde, moito choio por diante e non estiven no mellor día de ánimo hoxe, pensei demasiado en que teño que estudiar para o parcial de martes. E en outras moitas cousas. Aínda así foi un disfrute total, ajobieime innesesariamente porque, ahora metido xa na cama, doume conta de que hai tempo para todo. Xa fai un par de findes que non salo de festa e creo que para o próximo non hai excusa. Xa non falemos de ir ao insti e estar cos colegas, deben de darme por morto (e non de sono como ahora).

Temos xa os temas do disco todos feitos e a maioría coa batería, jitarras de Kaio e Juno e o baixo jravado. Ahora é o meu turno, neste mes de maio teño que darlle caña e meter as miñas cousas para que despois jravemos as voses, o levemos a masterisar e bla bla bla. Vai ser un paso pequeno pero firme este disco.

Cartel de Cesuras

Xoves, 23 de Abril de 2009

Hoxe enviáronme o cartel do concerto do 23 de Maio en Cesuras, vouno deixar aquí. Baixei xa para Muros porque teño exame o martes de “Organización, administración e finanzas” e quero aproveitar a mañá para estudiar de relax aquí na casa xa que pola tarde sesión de jravasión, é o que toca ahora. Mañá van jravar Kaio e Tararo se non me ekivoko. Ahora xa estou metido na cama, ijual leo aljo dos apuntes ou senón aproveitarei para descansar.

Concerto Cesuras

Canto tempo

Mércores, 22 de Abril de 2009

Xa fai moitos días que non me paso. Estas últimas semana están sendo bastante completas. Estamos coa jravasión do disco e esto consume moitísimas horas. Ademáis este cuatrimestre hai bastante choio e durante a semana tampouco paro. De feito, fai moitísimo que non vexo aos colegas nin nada, eso faime sentir mal. Sobre os consiertos de Maio tamén bastante ajobio, hai que orjanisarse, preparalos e o tempo non sobra porque eu en Xuño empezo cos exames e o disco ten que estar listo. Pero todo ha de ir indo, coma sempre. O día de Cesuras tocamos co jrupo de Tonhito de Poi e outro de Mallorca.

Teño pendiente actualisar a web esta porque xa é moi vella e os plugins que teño e tal fan que non “valide” o código, é disir, que sejuro que naljún navejador os vídeos non se ven ou sabe dios que. Supoño que non o farei antes do verán pero son consiente de que pode haber aljún que outro problema. O que máis me preocupa de actualisar é como manter todo porque como os plugins que utiliso para as fotos e os vídeos tamén o teño que actualisar pois sabe dios se perdo todos os álbumes e teño que volver a faselos. E coa tradusión ao jallejo ijual porque xa cando a fixera as datas aparesían ijual en inglés e tivera que cambiarllas a man. Como é bastante problemático e vai causarme problemas prefiro ajuantar un pouco máis e faselo no verán con calma.

Fotos ACDC

Martes, 7 de Abril de 2009

Por fin metín aljunhas fotos do consierto de ACDC, podedes velas no menú da dereita onde pon “AC/DC Barcelona 09″. Estos días de semana santa a penas salo a calle, todo o día metido no estudio coa jravasión do sijiente disco, de feito, xa vai collendo ritmo a cousa, hai xa moito adiantado aínda que o tempo non sobra porque en maio imos dar 4 ou 5 concertos, xa anunsiamos aljún na web do jrupo pero cando teñamos todo maio claro hei de poñelo aquí máis habemos de envialos a través da lista de correo.

De volta

Xoves, 2 de Abril de 2009

Xa tou de novo en Coruña, o consierto de ACDC de puta madre, eso sí, collemos a molladura das nosas vidas¡¡¡ Teño un vídeo de “For those about to rock” case case ao completo que hei de subir a youtube ademáis de fotos etc… Aínda teño pendiente meter na web do jrupo as fotos de León e Madrid e tamén anunsiar un consierto na Estrada e outro en Montouto en maio. Ao final imos ter un maio cheo de consiertos, vai ser unha locura compaginar os consiertos coa jravasión do disco pero bueno, todo se andará. Co disco xa empesamos e supoño que esta semana santa adiantaremos moito. Nuns días meto todo o que teño pendientes de fotos e anunsios.