Arquivo da categoría ‘Falar por falar’

Noite en Laracha

Sábado, 5 de Decembro de 2009

Onte tocamos no pub D´Antón en Laracha, tratáronnos moi ben e ademáis o sitio préstase para tocar. Novamente apareseron bos amijos que viñeron desde lonxe a vernos (Pedro de Ferrol e os seus colegas alejráronnos de novo coa súa presensia), cousa que se ajradese. Hoxe despois de comer xa arrancamos para Ortigueira, a ver que nos espera. Faremos noite alí e mañá a tarde baixaremos para Muros. Xa teño janas de volver a tocar, estarmos todos xuntos de novo, ademáis ijual ven Pony que fai mojollón que nos o vemos. O día promete.

trapos_sucios.jpg

Datos estatísticos

Mércores, 2 de Decembro de 2009

Nunca lle encontrei moito atractivo a esto da estatística, demasiado teórica (tiven que estudiarme Estatística I e Estatística II e nunca me motivaron moito). Sin embarjo, ahora estou fasendo unha asignatura optativa que se chama “Métodos estatísticos” onde estudiamos como faser control de calidade nunha empresa e ahora mismo, predicir series temporais. Sobre esto temos que faser un pequeno traballo e entonses enseñounos o profesor onde encontrar datos. Concretamente imos sacalos do Instituto Galego de Estatística (www.ige.eu), e a min tócame analizar o número de persoas que se aloxan en turismo rural. O que vou faser é adaptar o modelo usando non todos os datos que teño, senón deixar o último ano sen incluir para despois poder verificar que funsiona ben. O conto é que me pareseu moi interesante a cantidade de datos que hai na web, podemos ver como evolusionou o tráfico aéreo, o turismo, paro, construcción, prezos e mil cousas máis, con gráficas e despois os datos en formato Excel por se queremos usalos noutras aplicacións. Pódense ver entrando na súa web, pinchando en “Información estatística”, “Series de Conxuntura” e despois pinchando na que nos interese e sejindo os pasos. Por exemplo, deixo aquí un gráfico da evolusión do transporte aéreo en Galicia desde Xaneiro de 1980 ata Setembro de 2009.

estatistica_aeroportos.jpg

Despois dun mes

Sábado, 28 de Novembro de 2009

Este finde estou en Muros despois de fai un mes de andar por aí e quedarme na Coruña. Desjrasiadamente hoxe morreu o pai de Tararo, que levaba luchando co cánser varios meses, jolpe duro para el e a súa familia. Mal día tamén para o resto do jrupo porque o queremos como un irmán e estamos todos coa moral polo chan.

Fotos Varias

Domingo, 22 de Novembro de 2009

Xa fai uns días que non me paso. Levo moito tempo sen ir a Muros, pasan as semanas e cada ves teño máis janas de volver. Deixo aquí os enlases ás fotos do concerto en Carral e do concerto de Fito no Coliseum (Coruña), foron uns días moi bos, de conoser xente, conversar e estar a justo. Próxima saída, viernes 4 e sábado 5 de Decembro, en Laracha e Ortigueira respectivamente. A sala The Star de Carral é dos que fan de Mucha e Nucha no Luar, e é un sitio que recomendo visitar se coinsidides por alí, fanse consiertos, teatro, danza, está decorado ao detalle, en fin, moi ben.

Fotos concerto Sala The Star (Carral) 14/11/09 

Fotos concerto Fito (Coruña) 20/11/09

 carral09-12.JPG

Circuito rock Deputación da Coruña

Xoves, 5 de Novembro de 2009

Deixo aquí un cartel cos concertos que temos estos últimos meses do ano. Faltan as fechas do consierto en Santiajo e Coruña. Ijual sale aljún consierto máis fóra do sircuito antes de acabar o ano. Lin que este sábado hai unha reunión do Castelo Rock ás 12 da mañá para dar contas e rogos e preguntas. Todos aqueles que critican o traballo desta xente ijual se deberían de pasar por alí antes de nada para informarse e tamén para disir todo aquelo que pensan porque pode axudarlles.

cartel-trapos-sucios-deputa.jpg

Víctimas da represión

Mércores, 28 de Outubro de 2009

Na web http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ desarrollouse unha base de datos con víctimas da represión franquista. Foi un proxecto das tres universidades galegas e a consellería de cultura. Se buscades “natural:Muros” sen as comiñas aparesen persoas de Muros e explicanche que tipo de represión sufriron. Escalofriante.

Web de Ángela Núñez

Mércores, 28 de Outubro de 2009

Estou estudiando funcións xeratrices e relacións de recurrencia para un parcial que vou ter en dúas semanas. Non me acordaba do binomio de Newton, mirei en Google e encontrei unha boa explicasión nunha web, con exemplos etc… Deume por mirar que máis había pola web e ten mogollón de explicasións de dudas e curiosidades que pode ter calquer persona, dun nivel de bacharelato ou así, que moitos imos olvidando e temos que repasar cando nos volven a faser falta. Deixo o enlase aquí. Indo aínda máis para atrás está a páxina principal, onde podemos ver o currículum desta profesora, diversos proxectos nos que anda e tamén unidades didácticas (interesante para quen estudie maxisterio ou xa sexa profesor).

Concerto en Boiro o 30/10/09

Martes, 27 de Outubro de 2009

Este viernes tocamos en Boiro, creo que orjanisa a asosiasión Leña Verde e o consierto será no local de Nsaio. Aproveitaremos para presentar alí o novo disco. O consierto será a partir das 22:00 h.

Mirada pola ventana

Martes, 27 de Outubro de 2009

Antes de durmir un momento de reflexión desde a ventana. Unha chavala, aínda xoven, recolle ramas dos arbustos que rodean a estasión de tren. Se quen as vaia resibir vira con que interés e dedicasión foi xuntando cada parte do ramo sejuramente as valorara adecuadamente. Un vajabundo remexe nas papeleras e unha muller ven cunha maleta, aínda que encontra a estasión pechada e marcha. Non é un ambiente moi esperansador pero sempre está esa parexa que pasea ajarrada, alejrando un pouco esta avenida Joaquín Planells. Os luns son realmente mortos, nin sequera se escoita o típico ambiente de xente no Cacique, un dos bares que hai abaixo, onde máis xente se xunta normalmente. Curiosa mirada pola ventana.

Lock

Martes, 20 de Outubro de 2009

¿Cantas vidas truncadas? É complicado cando quedas estancado na mitá do camiño, cando ves pasar o tempo, cambios ao alrededor e os teus sentimentos permanesen. Os recordos atorméntanche, intentas mirar para adiante pero sijes deseando revivir. Nin presente, nin futuro, estás atado para sempre a un momento, unha palabra, unha costumbre. Consijes sobrevivir, da justo mirache aljunhas veses, ¿pero hai acaso aljo distinto desde entonses?

Inmerso

Martes, 13 de Outubro de 2009

Xa estamos na terseira semana de clase, ahora o verán sí que vai fóra. Este finde foi moi bo por eso de que foi festivo o luns e ademáis o sábado fixemos unha sena os compañeiros do Gadis e pasámolo moi ben, para min son uns compañeir@s increíbles cos que durante dous veráns estiven moi a justo e vivimos xuntos momentos de todo tipo. Ahora xa asentado en Coruña empesan a acumularse cousas que faser na carreira, asércanse os consiertos e penso que van pasar moi rápido estos últimos meses do ano.

O sábado a mañá houbo ademáis unha reunión no local de ensaio de Muros (Sala Nasmo), onde nos xuntamos xente de varios jrupos de Muros. Parese que pouco a pouco se vai superando as dificultades que impidiron ata ahora poñela a andar, empesarase abrindo como local de ensaio e pouco a pouco habilitarán a posibilidade de jravar. Eu polo que vin hai interese por parte da xente, non vai estar en desuso, e ademáis penso que vai axudar a que se creen novos jrupos e con toda a infraestrutura que hai alí pódense faser marabillas.

Cea Gadis

Ajradesido

Domingo, 4 de Outubro de 2009

Un finde espesial este. Día malo o sábado, a chuvia veu de consierto, pero a falta de alejría só foi referida a situasión climatolóxica porque disfrutei como un enano, emosioneime, chorei, saltei, depriminme. Un cóctel de sentimentos que me din que este finde valeu a pena. Foi o último consierto de Juno con nós en Muros, dame moita pena esta pérdida no jrupo, unha jran persona, increible compañeiro, inolvidable. Sen embarjo, sinto a alejría de que aínda quedan moitos consiertos na súa compañía, ata acabar o ano vaise estirar este final. Cando vou por aí co jrupo nunca teño o sufisiente tempo de falar con toda a xente que nos apoia, sempre coas prisas, coas janas de festa e non encontro a maneira de expresar o que sinto, o ajradesido que estou, o ben que me fai sentir cando te encontras rodeado de amijos, cando a aljén lle importa o que fajo. É imposible pajar unha deuda tan jrande, síntome tan pequeno e tan ben acompañado, que ata me parese inxusto. Este sábado falando con Felipe Cacharro non sabía como disirlle o que estaba sentindo cando me disía que non tiña nin idea de internet, pero que el aprendera a entrar aquí e sempre entra. Alusino cando vexo a Mandatruco co seu apoio incondisional, sempre tirando para adiante, ou cando resibo o saludo afectivo de Lisardo, cando sinto o interés en axudarnos de David ou veñen os amijos de Tararo e Kaio ata o fin do mundo se fai falta. E sentos de personas máis, podería pasarme a vida escribindo sobre todo o que me fai sentir a día de hoxe por fin felís. Non me importaría renunsiar a todo o que me queda por vivir se con eso consijo para sempre, recordar.

VMWare Converter

Martes, 15 de Setembro de 2009

Levo desde o Domingo sen as jafas que as deixei en Muros e dóenme os ollos cantidade. Menos mal que mañá vou a Santiajo e xa mas traen (voume operar dun lunar). Hoxe botei bastante tempo na facultade, de feito aínda estou. Estos días estiven traballando bastante con software de virtualización e a verdade é que me parese moi interesante, podes meter no mesmo ordenador varios sistemas operativos e traballar con eles, probar un sistema antes de pasar a instalalo realmente, probalo porque non o conoses e pensas que non che compensa instalalo… Ata existe unha ferramenta que se chama VMWare Converter coa que podes coller e virtualizar un ordenador, é disir, extraer del todo o que hai instalado, ir a outro, executalo e nel poder simular e probar futuros cambios. Unha vez que tes todo ben pensado e ves que funciona, vas ao sistema real e realizas os cambios, é moi interesante. A min personalmente todo esto sírveme para ter no meu Mac o Windows e Linux instalado, sen nesesidade de crear un arranque triple como tiña en 2º de carreira. O rendemento é bastante bo (o meu ordenador ten 2 GB de ram e un procesador Core 2 Duo a 2,16 Ghz).

Disco en tendas

Luns, 14 de Setembro de 2009

Hoxe entereime de que o novo disco está a vender na Fnac, no corte inglés, en discos gong, en iTunes e disque que en tendas menos conosidas por toda Galicia tamén. Ademáis pronto estará para escoitar en Spotify. Aproveito para deixar un enlase a un novo álbum de fotos do Castelo Rock 09, tiven que crear un novo para poñelas porque o Facebook ten un límite de 200 fotos por álbum, cousa que non acabo de entender o porqué. Esta semana de novo en Coruña, moi contento como bolseiro do Cecafi, lévase ben e estou aprendendo cousas.

Fotos Castelo Rock 09 (Parte 2)

Intro Castelo Rock 09

Xoves, 10 de Setembro de 2009

Deixo aquí un vídeo jravado cun móbil do prinsipio do consierto o 7 de Ajosto no Castelo Rock. Temos jravado case todo ese consierto en bastante boa calidade e tamén o de Lariño do 28 de Ajosto. Supoño que subiremos aljo a medida que pasen as semanas.

YouTube Preview Image

Matriculado

Xoves, 10 de Setembro de 2009

Hoxe fun faser a matrícula para o curso que ven, a primeira ves que a fajo tan sedo, a primeira ves que non vou a Setiembre. Creo que vai ser un ano duro, porque comentáronme que as prácticas en cuarto son bastante tediosas, así que ademáis do horario que teño, xa denso de por sí, as dúas horas que lle teño que dedicar ao CeCafi e as prácticas non vai haber moito descanso. As asignaturas que vou ter son Arquitectura e Enxeñería de Computadores, Análise de Sistemas Informáticos, Deseño de Sistemas de Información, Intelixencia Artificial, Compiladores, Matemáticas Discretas II, Bases de Datos II e de optativas Arquitecturas Tolerantes e Fallos, Linguaxes Naturais e Métodos Estatísticos. Con respecto a todos estos anos anteriores hai varias que son anuais, entonses eu penso que esto pode ser bo se hai exames parciais que axuden a eliminar materia ou moi malo se entra a materia de dous cuatrimestres nun único exame. As optativas que elixín son as que me dixo meu compañeiro David que son máis asequibles (xa sei que debería coller as que máis me interesan pero non me atrevo).

Hoxe xa baixei para Muros, tou aprendendo bastante sobre huellas dactilares nun rollo que me mandaron ler, está moi interesante. Teño janas de volver a trastear co VirtualBox que tan mal sabor de boca me deixara aí atrás cando virtualisei Ubuntu sobre Leopard, porque vai moi lento. Volverei a intentalo porque está todo mundo coa virtualisasión ás voltas, que é moi útil e potente (creo ben que sea así cando vai sobre nivel de hardware, non como unha aplicación sobre un S.O.). Pouco máis que contar, que este será outro ano máis sen ir ás festas da barca, e sejirá na lista de tareas pendentes.

Consiertos de otoño

Martes, 8 de Setembro de 2009

Dixéronme onte os sitios nos que imos tocar e as fechas, o que pasa que aínda son provisionales. Nuns des días xa as hei de coljar, as definitivas. Tou moi ilusionado porque imos tocar en sitios onde nunca fomos. Os sitios onde imos tocar son a sala 600 (Melide), sala Bar de Fredi (Espasante - Ortigueira), sala Garufa (A Coruña), sala Leña Verde (Boiro), sala Rum Rum (Ferrol), sala Pérez y Pérez (Santiago), sala D´Star (Carral) e sala D´Anton (Laracha). Penso que oportunidades así hai poucas e vou intentar aproveitalo ao máximo, disfrutar da música, conoser xente, visitar os lujares… e encherme de recordos.

De novo por Coruña

Luns, 7 de Setembro de 2009

Chejei onte xa para quedarme aquí na Coruña, este ano o meu curso empesa máis sedo que nunca polo tema da bolsa no Cecafi. Mellor era estar en Muros pero aquí estou máis tranquilo e podo orjanisarme mellor, porque teño bastantes cousas pendientes. Hoxe conosín aos meus compañeiros de traballo no Cecafi e parese boa xente, o único que me preocupa é que eu non controle o sufisiente, voume fartar de prejuntar.

Tiña bastantes fotos atrasadas e estivenas subindo estos días ao Facebook, máis ao Tuenti. En ves de subilas á jalería que teño, creo que é mellor deixar os enlases ás galería do facebook, así afórrome traballo inútil e podo ter sempre a web máis actualisada. Son fotos dos últimos consiertos, sen seleccionar nin nada, todo a eito. Deixo un enlase ás fotos da sala Nasa, aínda que aquí na web teño fotos, póñoo ijual porque no Facebook teño máis fotos.

Concerto Sala Nasa 14/05/09

Concerto Ézaro 01/08/09

Concerto San Mamede 06/08/09

Concerto Castelo Rock 09 07/08/09 (Parte 1)

Concerto Muiño 14/08/09

Concerto Asaghieiras Máster Festival 09 28/08/09

Torres de Altamira

Martes, 1 de Setembro de 2009

Días intensos e de inflexión, o verán amaina e hai que volver á rutina. Acabei de traballar no Gadis e marcho con tristesa porque collinlle moito cariño a todos os compañeiros nestos dous veráns que traballei alí. Quedaríame toda a vida alí. Ademáis foi un verán de anécdotas, de vivirmos cousas mois boas e tamén malas que creo que ningún olvidará. En teoría hoxe marchábame para Coruña, xa tiña todo preparado para irme, porque empeso nunha bolsa de colaborasión na facultade, que consiste en traballar dúas horas ao día ata marzo. Ao final non teño que ir ata luns, cousa que me alejrou eternamente, porque penso que este mes de setiembre en Coruña eu só, vaise faser moi larjo. O viernes pasado tocamos en Lariño (sije cresendo a miña deuda fotográfica na web do jrupo etc…), último consierto do verán e que disfrutei moitísimo. Sábado fun ver un pouco o festival a Lariño e deiteime sedo porque domingo fun de viaxe e conosín mojollón de sitios interesantes. Estiven en Viceso, Ons e recorrín bastantes pueblos máis que rodean a zona de Negreira. Visitei as torres de Altamira, onde estaba unha cuadrilla de vigilansia do lume porque era alerta máxima (moito calor, pouca humidade…), despois o embalse do Tambre que hai alí serca, a plaia fluvial de Tapia, etc… hai mogollón de cousas bonitas moi serca de nós.

Calamares

Martes, 25 de Agosto de 2009

Escoitando “Todos mirando” de Barricada, contento e máis positivo que as últimas semanas. Vou ir pejar uns lanses aos calamares ao muelle e despois as 4 ir ao aeropuerto. Estiven a tarde durmindo e ahora demasiado desperto, a ver se me cansa aljo este paseo.

Domingo 23

Domingo, 23 de Agosto de 2009

Acabo de pasarme polo myspace do jrupo e vin que está actualisado, cos temas novos e todo moi ben. Tamén visitei o myspace do festival das asaghieiras, que é http://www.myspace.com/asaghieiras e hai informasión sobre o festival. Sijo sen actualisar a web do jrupo para meter as novas fotos, a ver se non o atraso máis alá de setiembre. Ando aljo jripado estos días, de feito ahora mismo creo que teño aljo de fiebre, e tou medio afónico, polo resto todo moi ben, nesesitaba este verán de poder dedicar o tempo ao que me mola, aínda que sempre se podería aproveitar mellor. No jrupo estamos moi contentos porque imos presentar o disco a partir da sejunda quinsena de setiembre ata finais de octubre por toda provinsia da Coruña, van ser 8 consiertos en 8 pubs ou pequenas salas nas que nunca tocamos, cando sepamos cales son máis as fechas poñereino aquí. Aljunha xente xa nos chama a banda dos “lisiados” porque temos un historial de acsidentes acojonante, o último foi Tararo, que xa leva uns días de muletas, non foi moita cousa pero bueno, é unha putada, menos mal que ha de estar ben xa para viernes, ou case ben. Pouco máis que contar, onte conosín a un jran técnico de sonido, e falando con el dinme de conta unha ves máis da importansia que teñen para que un jrupo sone ben, e tamén da dificultade de sonorisar a unha banda. A medida que escribo vou acordándome das cousas, escoitei un adianto do disco de Ruxe Ruxe, a banda do noso colega Bituco, que estiveron tamén tocando no Castelo Rock. Pódese escoitar no seu myspace aquí.

Cando todo falla

Xoves, 13 de Agosto de 2009

Cando te encontras mal de ánimo, dixestes e fixestes cousas das que non te sintes ben, cando tes unha averia de ajua na casa de flipar, non te podes duchar, o can fai dia e medio que desapareseu, cando a tarjeta do banco non che funsiona, tes a aljún colega cabreado, e che doe a jarjanta, estás resfriado, cando non podes ir avansando esa lista de tareas pendientes, e das un jolpiño no coche, e non podes parar de pensar en todo, e todo pasou moi rápido. Cando todo falla é mellor desconectar, pararse un momento e buscar ese punto de inflexión, non pretender arrejlar todo, para… que aljo se solusione.

Concerto no Muiño o 14/08/09

Domingo, 9 de Agosto de 2009

Este finde do Castelo Rock foi brutal, hoxe despertei ás sete e media da tarde, así que esta semana toca relajarse, ir fasendo aljunha cousa que teño por aí atrasada e viernes estar ben para tocar no Muiño, en Louro. O consierto vai ser ás 11 da noite na terrasa de atrás. Non podemos demorarnos polo tema do ruido, así que vai empesar puntual. Deixo unha foto do consierto deste viernes, que temos jrasias a César e a Manel, que unha ves máis aumentaron a nosa deuda infinita con eles.

Trapos Sucios no Castelo Rock 09

Fotos pendentes

Sábado, 8 de Agosto de 2009

Na web do jrupo, no tuenti e aquí, as fotos do Ézaro, San Mamede e Castelo Rock 2009. Sejuro que se me xuntan coas do Muiño, que tocamos o viernes que ven, ás 11 da noite, en punto, e coas das Asaguieiras, que vin o cartel xa, veñen mojollón de jrupos e ten moi boa pinta. Onte tocamos no Castelo Rock, foi unha noite increible. Increible estar falando con Evaristo de La Polla Records e tamén con Alberto Cereijo, co que levei unha jran sorpresa, un tio de puta madre, moi amable e coas ideas moi claras, foi un plaser. Hoxe hai que ir escoitar a Siniestro Total, Boikot, etc… Vou durmir toda a tarde para estar a noite preparado. Castelo Rock, a mellor festa muradana.

Manuel

Luns, 27 de Xullo de 2009

Manuel quería ser neno, como todos os da súa idade que xogaban pola rúa e despertaban cada tarde a súa tristeza co ruido das risas, dos berros e da inocencia propia daquela idade. Sen embargo, presentábase diante del un muro de pedra cada vez que intentaba baixar a xogar e co paso do tempo o mesmo muro quitoulle as forzas para intentalo. O tempo, tan indiferente coma sempre, convertiu aquel neno acomplexado nun home reservado, cheo de dolor, disque raro.