Arquivo de Xullo de 2010

Viveiro

Domingo, 25 de Xullo de 2010

Chejei fai case nada de Viveiro, despois de pasar un finde brutal co jrupo, de festa, plaia etc… Impresiounoume Viveiro, non o conosía e é un sitio moi chulo. Cadrounos ben que eran festas en Celeiro e acompañounos o bo tempo para ir a piscina e a plaia. Aproveito para anunsiar o próximo consierto en Lubían (Zamora), xunto aos asturianos Tejedor, na VI edición do festival “Folk nas Portelas”. Deixo un ficheiro PDF onde sae anunsiado xunto con máis actividades que alí se van faser nestas fechas: veran-cultural-lubian-2010 . E por hoxe non me enredo máis porque mañá teño que madrujar para ir traballar!

Ginkana máis eu en Viveiro

Ginkana máis eu en Viveiro

Un ano sen Ramón

Venres, 23 de Xullo de 2010

Mañá fai un ano que morreu Ramón da Costa e síjoo tendo moi presente. E non son o único porque deixou pejada en moitísima xente, pola súa maneira de ser e de coidar aos amijos. Hoxe selébrase en Serres o seu “cabo de ano”. Sejuro que nos xuntamos alí moitísima xente e quedarémonos mirando uns para os outros con cara de sejir sen entender porque lle tivo que tocar a el.

Ramón da Costa, Nando e Ramón de Elvira despois dun consierto en Lira

Ramón da Costa, Nando e Ramón de Elvira despois dun consierto en Lira

Próximas paradas

Xoves, 8 de Xullo de 2010

Ola! Anunsiamos os dous sijiente consiertos, que son o 16 de Xullo no Nicrarock en Negreira, con Medomedá, Pitman e Talesien, no parque do Coto. Tocaremos sobre as 2 da mañá, pechando o festival. Despois, o 18 de Xullo, tocaremos nas festas do Carmen muradanas, con Kolisión Frontal, Monkey Face e Alterkado, no “redondel”. Os horarios son:

21:30 h. - Monkey Face

22:30 h. - Kolisión Frontal

23:30 h. - Alterkado

00:30 h. - Trapos Sucios

Nada máis de momento, o sijiente consierto creo que é o xoves día 22 en Arteixo, con Riff Raff, pero xa daremos detalles a prinsipios da semana que ven, cando os saibamos!

Cartel do Nicrarock 2010

Cartel do Nicrarock 2010

14/07/10: En Negreira tocamos sobre as 00:00 h. e non as 02:00 h.

Afuranchamos

Venres, 2 de Xullo de 2010

O pasado mércores estivemos no Planeta Furancho, moi a justo, falando dos futuros plans do jrupo e un pouco das fechas de consiertos que temos. O vindeiro vai ser en Negreira, o 16 de Xullo, no parque de O Coto, xunto a Talesien, Medomedá e aljún jrupo local, que non teño os nomes. Despois tamén tocaremos o 18 de Xullo en Muros, nas festas do Carme, xunto a Alterkado, Kolisión Frontal e Monkey Face.

Ando pendiente das notas do curso, a ver se hai sorte e podo pasar para quinto en Setembro a máis tardar. O que xa temos amañado é o piso do ano que ven, pasamos á zona Riazor-Rosales, a un piso que está bastante chulo, con Ángel, Lalín e Ribeira.

Para acabar, disir que xa saliron as entradas para Ska-p, pódense mercar en http://taquilla.servinova.com/inicio/ a 20 euros. Espero que non se acaben antes de mañá, que é cando teño pensado collelas. Ando tamén dándolle voltas, a ver se fasemos o camiño de Santiajo en Setembro!

Pedro A., Nuria, Vituco, eu e Germán ao rematar o projrama

Pedro A., Nuria, Vituco, eu e Germán ao rematar o projrama