Trapos Sucios nas festas de San Juan o 23/06/10

O miércoles día 23 tocamos nas festas de San Juan de Serres (Muros). Parese ser que hai problemas para faser a festa onde se fixo toda vida, e onde máis mola, que é no poso do Cachón. Vai ser no polígono e faise bastante raro pensar que a festa se move de sitio. Primeiro actuará Mar e nos tocaremos a unha da mañá, hora meija máis un!!

Polo demáis pouco que contar, estou no peor momento do ano por eso dos exames, teño exames de Compiladores, Intelixencia Artificial, Deseño de Sistemas da Información, Bases de Datos II e Arquitectura e Enxeñería de Computadores. O peor é que catro son asignaturas anuais, e faise moita materia para ao final estudialo en poucos días, porque ata esta semana estivemos a tope con prácticas, que aljunhas veses, non axudan en nada na nota final. Pero bueno, estou moi contento, hai que dar o máximo estas tres semanas e despois xa se verá. Parese que ao final de todo hai unha lus, e ahora estou metido nesto ata o cuello, así que hai que darlle aos libros tron.

08/06/10: sobre o de que é no polígono eu comenteino porque dixéronnos que iba a ser así. Sen embarjo parese que o están amañando e vai ser no Cachón.

Cartel promocional dos concertos

Cartel promocional dos concertos

7 comentarios para “Trapos Sucios nas festas de San Juan o 23/06/10”

  1. rozio di:

    Ánimo Denís! xa verás como aprobas todo!! Merécelo!!

  2. A ver que pasa, este ano ten mala pinta xuño

  3. Xunkal di:

    Eih!que tal?este ano vai haber Castelo Rock?e que andamos mirando na páxina e como normalmente actualizan con bastante antelación…

    Saudos!

  4. Iván di:

    Ánimo tamén Denís que o final ha de salir todo ben!!!

  5. Jrasias Iván, a ver que pasa.

    Xunkal, sobre o do Castel Rock, eu escoitei que sí, pero a pé de rúa, non teño nin idea de se é serto ou non! Ojalá haxa, que é a festa mais jrande que hai en Muros :)

  6. María di:

    Ei Denis!! ánimo con eses exms, é duro pero sejuro que os pules que ti podes!

    Aljo escoitara xa de que este ano o San Juan non se facía no Cachón… pois menudo cambio. Eu non podería ir de todos xeitos que teño o ultimo exm o 24 pero se é no polígono eu creo que non vai ser o mesmo.. peor bueno o caso é manter o espíritu e as ganas de festa! pero cál é o motivo porque non se fai no Cachón entón?

    Veña Deniss coidate moito, aer se nos vemos no verán que eu xa fai mogollón que non baixo :(

  7. Bueno, a verdade é que estou desconsertado porque escoitei que sí que é no Cachón… non o sei realmente. Sí q fai mil q n se che ve o pelo eh, q tal todo? espero que todos no saia ben este mes, ou polo menos que non sexa un desastre, e despois disfrutar do veran. Unha aperta

Deixe un comentario