Viñarock

Xa só faltan 5 días para ir para Albacete, ao Viñarock. Cúmplese para min un soño, sempre quixen ir a este festival. Van estar alí jrupasos como Segismundo Tóxicomano, Berri Txarrak, Soziedad Alkoholika, Macaco, O´Funk´illo, Los Suaves, Sôber, Obús, Gatillazo, Ska-p, Narco, El Último Ke Zierre, Calaña, Obrint Pas, Kutxi Romero & Ja Ta Ja, Celtas Cortos, Ktulu, Koma, Medina Azahara, Warcry, Lujuria, Violadores del Verso, Lendakaris Muertos, Def Con Dos, Molotov, Betagarri, Saratoga, Barón Rojo etc. Creo que van ser as mellores vacasións que vou ter este ano.

Polo demáis todo normal, clase, piso, ensaios… Onte fun ver o Muros contra o Corme en Miraflores, e justoume moitísimo como xojaron na primeira parte, arrasaron. Na sejunda parte xa estaban máis cansado, pero janaron 2-1. Están, sen duda, nun dos seus mellores momentos, e espero que janen a semana que ven, hai que apoiar a esta xente que se está entrejando no campo cada finde.

Con Trapos Sucios todo moi ben, estamos fasendo os temas novos para o disco e ensaiando para os consiertos que se asercan. Temos pechado o 21 de Maio no festival da xuventude en Cesuras, o 23 de Xuño nas festas de San Xoán en Baño, en Negreira en Julio, en Agosto en Zamora e no Asaghieiras Master Festival de Lariño, e máis consiertos que están aínda sen pechar. Habemos de ir anunsiándoos coma sempre, na web, a través da lista de correo, e tamén os deixarei por aquí a medidade que se aserquen os días. De momento, o sijiente é en Cesuras, onde tocaremos un concerto de máis de 2 horas. Tamén temos aljo pendiente, está o último concerto no Castelo Rock e no Asaghieiras Master Festival en vídeo, a ver se durante o próximo mes, subimos aljo a Youtube. E por suposto, cando saquemos novo disco, a ver se quitamos camisetas, porque mojollón de xente nos prejunta e a verdade é que se acabaron xa fai moito tempo.

Mércores teño un exame de Bases de Datos II, unha especie de exame práctico, así que vou darlle caña, unha aperta!

Trapos Sucios na Nasa en Xaneiro

Trapos Sucios na Nasa en Xaneiro

Deixe un comentario