Arquivo de Marzo de 2010

Mural Trapos Sucios

Luns, 29 de Marzo de 2010

Deixo aquí un mural de fotos do jrupo, marea un pouco pero está bastante chulo. Se pinchades na foto, podedes descarjala en jrande. Sejimos cos temas novos e pechando aljún consierto para os próximos meses.

mural_trapos_sucios

San Pepe 2010, diversión e catástrofe

Domingo, 28 de Marzo de 2010

O venres pasado selebrouse o San Pepe 2010, patrón da miña facultade. A idea de non selebralo o propio día do santo penso que era para evitar un volume de xente brutal como en anos anteriores. Acabouse selebrando o venres 26, e aínda que moitos universitarios marchasen para os seus lujares, alí houbo miles de persoas novamente, e moita chavalada. Sinseramente, non creo que fose culpa da orjanisasión, pero foi un descontrol. Ademáis a prensa aproveitou para faser do San Pepe un titular, maquillando en boa medida a informasión, dándolle ese aire alarmista e buscando a foto que non confirma a norma.

Eu fun cos colegas e estivemos a justo vendo os concertos, pero a masa de xente e basura por todos os lados era increible. Ademáis houbo ataques aos DJs por parte do público, destrosáronlle un ordenador, despois un atropello serca do campus… En fin, que se van sumando cousas que comprometen á orjanisasión a dar a cara por comportamentos de xente que pasado o día, non ten que explicar nada, pero a todos estos chavales que se curran o San Pepe coa mellor das intensións, que levan meses rompéndose os cornos e preocupándose de miles de cousas, ahora veñen unhas semanas de asumir moitas responsabilidades, de estar señalados, e carjar culpas por aljo que non se pode orjanisar, a falta de educasión dos asistentes.

Parese que todo ben

Mércores, 24 de Marzo de 2010

Rematei esta tarde de actualisar, pensei que ía ter maiores problemas. Non puiden actualisar á última versión, porque non está en galego. Baixeime a 2.7 desde www.egalego.com e funsióname absolutamente todo o que tiña, só tiven que actualisar un par de rollos máis mirei como evitar os spam nos comentarios. Hai mogollón de melloras desde a versión da que eu viña, estou todo contento. A apariensia deixeina tal e como estaba, pero engadín un par de rollos no menú da dereita, basicamente metín unha previsualización dos últimos comentarios porque me parese interesante para que se vexa a última actividade de faladurías varias. Tamén metín un RSS a www.vieiros.org para poder ver os titulares das últimas notisias, que tamén me parese que nun lado en pequeno non molesta e mola.

Actualisar

Mércores, 24 de Marzo de 2010

Levo días sen escribir pero pronto retomarei o asunto porque ando dándolle voltas ao tema de actualisar a web dunha ves por todas, e ultimamente estanme animando bastante a que o faja por fin xa que levo desde o ano 2007 coa mesma versión de Wordpress! Cantos fallos de sejuridade, e sobre todo, canto comentarios de spam se me colan, que teño que andar sejido no rollo de “moderasión” eliminándoos. Non teño intensión de cambiar a apariensia do blog, porque váleme abondo co tema por defecto, xa que é só para escribir as miñas tonterías. De todos os xeitos non o descarto. Esta tarde ijual me poño a faser xa aljunhas cousas e probablemente estea esto sen funsionar aljún tempo, mentras acabo. Tampouco nunca falei d estatísticas, pero desde setembro de 2007 levan entrado aquí 22.732 personas e o día que máis entraron foi o 6 de setembro de 2009, 285 personas. Xente que cheja aquí faino buscando por cousas como: denis lamela, trapos sucios, benirroxo, jano e naso, asaghieiras, castelo rock, concertos, minapolaris, mas alla del mar, muros, letras trapos sucios, mucha e nucha, aberto por reformas, carrilanas esteiro, toxofestival, a media ghasta, codigo gamba, etc… En total escribín 251 posts e hai 528 comentarios, que non son spam, senón de personas que de verdade escribístedes.

Fotos Barón Rojo

Martes, 16 de Marzo de 2010

Deixo as fotos do concerto de Barón Rojo, o pasado día 6 no Coliseum (A Coruña).

baron_rojo_denis_lamela.jpg

 Fotos Concerto Barón Rojo

Festival por Haití en Cee

Luns, 15 de Marzo de 2010

O próximo sábado día 20, imos colaborar nun festival polas víctimas de Haití, no que diversos artistas, de maneira gratuita, faremos unha breve actuación para recaudar fondos que serán enviados a Haití. Pecharemos o evento, a eso das 23:00 h. no polideportivo de Cee. Entrada de 3 euros.

Reconexión

Luns, 8 de Marzo de 2010

Xa fai bastante que non escribo. Estiven bastante saturado cos exames, de feito aínda estou porque me queda un. A ver se subo nuns días as fotos do consierto de Barón Rojo no Coliseum que fun ver este finde. Tamén teño pendiente de anunsiar un par de consiertos por Haiti, sejuramente os dias 20 e 27 deste mes, varios jrupos tocando moi pouco tempo, de forma jratuita para recaudar fondos para toda esa xente que o está pasando mal. Tamén temos pechado un concerto nun festival en Zamora a primeira semana de Agosto, pero ese aínda o anunsiaremos máis adiante, cos consiertos de verán. Sejimos presentando o disco en todos os lados nos que podemos pero xa estamos preparando novos temas para sacar disco en ano e medio. Contento porque empesou a funsionar a sala Nasmo en Muros, todos os que temos un jrupo temos alí un local ideal para ensaiar. Ademáis creo que esto vai botar para arriba novos jrupos e faser que sija cresendo o justo pola música na nosa sona.