Arquivo de Febreiro de 2010

Fotos varias

Luns, 15 de Febreiro de 2010

Estiven subindo aljunhas fotos que tiña pendentes. Este ano estou pasando un entroido distinto, non estou en Muros estos días e o sábado pasámolo moi ben en Castelo, foi unha maneira distinta de selebrar o entroido. Casualmente, fai unhas semanas estivemos na sala The Star, onde conoséramos a un das cantareiras de Ardebullo. Pois resulta que o bar no que estivemos en Castelo era dos tios do máis alto das cantareiras, e por alí estaba de comida familiar. Justoume moito Castelo, un sitio tranquilo e apartado de todo ruido.

trapos_sucios_denis_lamela_culleredo.jpg

Fotos concerto Toxofestival (Castelo) 13/02/10 

Fotos concerto Sala Mardigras (A Coruña) 09/01/10

Fotos fin de ano 09

Adiós, adiós

Luns, 8 de Febreiro de 2010

O ano do jato, jato bo, home malo. Estou escoitando estos días o novo disco dos Suaves e da justo ver como este jrupo sije en activo e parese que volven a estar nun bo momento, eso reflejan as cansións do novo disco. Sen duda, é unha das bandas míticas e que máis lonxe chejaron. Tocan increiblemente ben e ademáis, teñen boas cansións, aljo que moi poucos jrupos teñen. Normalmente os que destacan na súa técnica non teñen tan boas cansións e os que teñen boas cansións non son virtuosos.

Cartel Toxofestival

Luns, 8 de Febreiro de 2010

Deixo aquí o cartel do concerto do sábado, vai molar celebrar os carnavales en Castelo. Este fin de semana non me apliquei nada, estiven tocando basicamente, pero ahora toca estudiar aljo estos días. Por serto, está xa aberto o plaso de inscricción para ensaiar na Sala Nasmo de Baño. Así que hai que correr a vos para que se entere todo dios que quira ensaiar alí. É unha pasada, porque está preparada ao detalle, está acondisionada, insonorisada, teñen amplis, batería, rollos ajodelos para jravar… vamos, que vai prestar moito. Ademáis, a persona que vai traballar alí mólalle moito a música, é moi importante que a xente que a vai usar e máis o responsable falen no mesmo idioma. E non é só para jrupos de rock, é para todo dios que queira tocar, se tendes un jrupo, sexa do que sexa, ¿por que non ensaiar alí? Canta máis variedade mellor.

trapos_sucios_culleredo_denis_lamela.jpg

Fe de erratas do Toxofestival 2010

Xoves, 4 de Febreiro de 2010

O consierto en Laracha non é realmente alí, senón na polideportiva cuberta de Castelo, serca de Carral, no concello de Culleredo. Para ver detalles da situasión pinchade aquí (Google Maps, está a uns 50-100 metros do punto sinalado aí). Ademáis dos jrupos que dixemos que nos acompañan, tamén estará “Uñazo”. Sentimos as molestias. Unha aperta

Concerto en Laracha

Mércores, 3 de Febreiro de 2010

O sábado 13 de Febreiro, que ven sendo “Carnavales”, tocamos nun festival en Laracha xunto a Embora e Electróxeno. Entrada jratuita e empesará o festival sobre as 11 da noite. Creo que nunca o dixen, pero a quen lle mole a música e sija a jrupos jallejos, o mellor que hai é tirarse na cama de 9 a 12 da noite e escoitar radio Galela Música, aquí na Coruña témola na 92.1. As dúas primeiras horas está Ricardo Alonso co projrama “Estudio 3″, onde se repasa a axenda dos consiertos que hai, pinchan temas, entrevistan, rejalan entradas etc… E na último hora está o projrama “Planeta Furancho”, presentado por Vituco de “Ruxe Ruxe”, que ven sendo un pouco o mesmo pero é todo jrupos jallejos e de máis estilo que o rock, mola moito. Evidentemente, non é fásil ter esas horas sempre libres, pero sempre que podo escoitoos, porque están moi ben os dous, non teñen pérdida. Por serto, onte Ángel enseñoume unha peli que creo que se chama “Fe en el caos” e está increible, trata dun matemático que intenta formular un modelo para a bolsa, e está enfermo, ten alusinasións, ataques de pánico e paranoias.