Manteñemento

Estiven fasendo aljúns cambios na web. Os álbumes de fotos que tiña elimineinos e creei unha única páxina onde teño enlases aos álbumes do Facebook, que é onde teño as fotos ben clasificadas e actualisadas. Non ten sentido andar duplicano as fotos en mil sitios. Ijual era mellor idea abrir un Flickr, pero como empesei a metelas no Facebook e non teño queixa, xa sejirei así. Tamén metín, na páxina de letras do jrupo, as que faltaban do novo disco, ahora están todas. Quitei a páxina de vídeos, porque para eso xa teño o meu canal en youtube, que é onde subo vídeos e tamén vou metendo vídeos favoritos sejún me molen. Quitei tamén a páxina de fotos de Benirroxo porque eu fixéraa cando el aínda non as tiña metidas en internet. El ten un Flickr, que está de puta madre, entonses metín o enlase ao seu Flickr (http://www.flickr.com/benirroxo) e recomendo que o visitides, porque el actualisa, hai comentarios e ten moito máis sentido velas alí que non só unhas poucas que tiña eu aquí. E penso que nada máis, con estos cambios, creo que o blog queda mellor, ademáis evitome usar plugins para galerías de fotos, que sejuramente chejado o momento de actualisar a versión do Wordpress me iban dar problemas (sijo tendo un plugin para embeber videos de Youtube que sejuramente me dará problemas). A idea é que aljún ano destes actualise a versión, por sejuridá, compatibilidade en navejadores e moitas máis cousas. Son desas personas que están un pouco en contra de estar actualisando sejido, pero despois dun par de anos, non lle vai vir mal.

Deixar un Comentario