Arquivo de Xaneiro de 2010

E luns exame!

Xoves, 28 de Xaneiro de 2010

Xa non hai volta atrás, empesan os exames. Concretamente empésanme o luns, de ASI (Análise de Sistemas Informáticos), así que haberá que darlle duro os poucos días que quedan. ¿Novedades? Pois que Jabon Blue está jrabando o seu novo disco, de feito pasoume meu primo Xaki un enlase a unha entrevista que lles fixeron na jalleja, onde explican un pouco os plans que teñen, merese a pena, pódese ver aquí. E pouco máis que contar, que van ser unhas semanas duras, pero eche o que hai.

Fotos Sala Nasa

Luns, 25 de Xaneiro de 2010

Hoxe subín as fotos do consierto do xoves en Santiago. Jrasias unha ves máis a Manel e César que se molestaron en vir coas cámaras desinteresadamente. E tamén a Jimmy, que jravou unha ves máis o consierto en DVD. Sen máis deixo aquí o enlase ao álbum.

trapos_sucios_sala_nasa_denis_lamela.jpg

Fotos Concerto Sala Nasa (Santiago) 21/01/10

Pánico

Luns, 25 de Xaneiro de 2010

Nunha etapa de continuo movemento, parese que por fin poderei asentar un pouco, e asimilar todo o vivido. Ademáis, é bo momento para ir arrejlando os baches que me fun encontrando e de paso aplicarme, que veñen os exames. Fai un par de semanas tocamos na Coruña, na Mardigras, e este xoves en Santiago, na Nasa. Último consierto de Juno, cousa que me enche de pena, porque foi un músico e compañeiro caralludo.

Con el agua al cuello en Spotify

Mércores, 13 de Xaneiro de 2010

O noso último disco está en Spotify desde fai unha semana. Moita xente prejuntara por esto e ao final aí está. Pódese acceder desde aquí. Este finde tocamos na Sala Mardigras, xuntouse mogollón de peña e ademáis foi un consierto con moita xente conosida. Moitos e amijos e xente querida que nos alejrou a noite aínda máis, cousa a ajradeser. E entre chuvasco e chuvasco xa só nos queda o último consierto en Santiago, volvemos a tocar na Nasa o xoves 21 con Fracasados de Antemano a partir das 21:30 h. (será puntual o asunto e non sabemos aínda o orde). Despois toca enserrarse e traballar no sijiente disco, temos moitas janas de empesar xa. Estos meses de consiertos foron a ostia e conosemos moitísima xente, ademáis de ter a oportunidade de tocar en sitios onde nunca fóramos.

Manteñemento

Venres, 1 de Xaneiro de 2010

Estiven fasendo aljúns cambios na web. Os álbumes de fotos que tiña elimineinos e creei unha única páxina onde teño enlases aos álbumes do Facebook, que é onde teño as fotos ben clasificadas e actualisadas. Non ten sentido andar duplicano as fotos en mil sitios. Ijual era mellor idea abrir un Flickr, pero como empesei a metelas no Facebook e non teño queixa, xa sejirei así. Tamén metín, na páxina de letras do jrupo, as que faltaban do novo disco, ahora están todas. Quitei a páxina de vídeos, porque para eso xa teño o meu canal en youtube, que é onde subo vídeos e tamén vou metendo vídeos favoritos sejún me molen. Quitei tamén a páxina de fotos de Benirroxo porque eu fixéraa cando el aínda non as tiña metidas en internet. El ten un Flickr, que está de puta madre, entonses metín o enlase ao seu Flickr (http://www.flickr.com/benirroxo) e recomendo que o visitides, porque el actualisa, hai comentarios e ten moito máis sentido velas alí que non só unhas poucas que tiña eu aquí. E penso que nada máis, con estos cambios, creo que o blog queda mellor, ademáis evitome usar plugins para galerías de fotos, que sejuramente chejado o momento de actualisar a versión do Wordpress me iban dar problemas (sijo tendo un plugin para embeber videos de Youtube que sejuramente me dará problemas). A idea é que aljún ano destes actualise a versión, por sejuridá, compatibilidade en navejadores e moitas máis cousas. Son desas personas que están un pouco en contra de estar actualisando sejido, pero despois dun par de anos, non lle vai vir mal.