Feliz 2010

Hoxe despedimos o ano. Espero que o próximo ano sexa aljo mellor en todo o malo que nos acompañou nestos últimos dose meses e que as cousas boas sijan aí, alentando os nosos esforsos. Tamén que todo o mundo que me acompaña no día a día me sija fasendo tan felís, porque son eles os que constrúen os bos momentos.

E aqueles que xa non están, son e serán recordados continuamente, como Ramón da Costa. Estés onde estés Costeiriño, que sepas que desde aquí che recordamos, porque fostes ejemplo de vida sensilla, sempre mirando para adiante, apoiando e construindo. Continuamente pensando en inisiativas a favor da xente, en orjanisar e intentar dar as mesmas oportunidades a todo o mundo. Sería increíble que hoxe estiveses aquí resibindo o novo ano, con Nando, Ramón, Juan Manuel… e todo dios de Baño e Esteiro, sobre todo, que che queríamos. Que jrande eres ostia.

Tou deitao na cama, porque ando aljo jripado. Creo que hoxe toca música de Queen de fondo. Deixo unha imagen que refleja o que pasa noutros lados do mundo, hai máis mundo que o que nos vemos todos os días, hai xente que sufre moito, que non ten que comer. Sen embarjo aquí, preocupámonos do que imos poñer en fin de ano, dos rejalos de non sei quen e miles de cousas, que nos ajobian, cando realmente deberíamos de restarlles importansia e mirar máis polas vidas que realmente están sufrindo, sen ollar máis futuro que a penuria.

hambre.jpg

Deixar un Comentario