Últimos días do ano

Xa queda pouco que vivir en 2009. Estos días intento estar na casa o máximo posible, teño puntos na espalda e a verdade é que me molestan bastante. De todas formas, onte fun a Lariño, ao Leiradal, porque houbo consierto, tocou un jrupo de Carballo que non me acordo do nome e U.R.D, que son de San Mamede. Os dous jrupos son heavys. Os primeiros justáronme, os de Carballo, non é o meu estilo pero tiñan rollos moi chulos. A U.R.D. non puden quedar a velos todo o consierto, non me acaba de convenser o seu cantante, creo que ten moi boas cualidades, ten moi boa voz, pero non me mola como lle mete a voz aos temas. Polo resto, a banda sona potente.

É triste, pero hai moi poucos consiertos pola sona, o local de ensaio de Muros aínda está pechado e as cousas aquí non están no mellor momento penso eu. E jrupos hai, pero se non hai locales onde tocar, a motivasión non é a mesma. Quería deixar aquí o enlase a un blog de música, Tanaka Music, polo que eu me paso a veses, porque hai moitas curiosidades e notisias de consiertos, lansamentos de discos e cousas do mundillo. Podedes entrar aquí, vale a pena.  E pouco máis que disir, fai un frío de carallo.

4 Comentarios en “Últimos días do ano”

  1. FeR Dixo:

    ¡Gracias polo link, Denís! A publicidade nunca está de máis XD

    De Carballo conozo dous grupos así de metal algo coñecidos: Traboute e Interludio. ¿Era algún deses?

    ¡Ten un feliz aninovo e dalle ó estudio, que fará falta! :D

  2. Denís Lamela Dixo:

    Pois era “Interludio” os que tocaron onte en Lariño, o que pasa que non me viña á cabeza cando escribín. Eu estudiar non tou estudiando, a ver se empezo estos días xD. Un saúdo Fer e espero que pases unhas boas festas!!

  3. Iván Dixo:

    A tua primeira falta de ortografia en todo tempo que levas ca página:

    “motivsión”

    xD

  4. Denís Lamela Dixo:

    A min paréseme que está cheo de falta eh!! jajaja. De toda formas esa corríxoa ahora mismo xD

    “A min paréceme que está cheo de faltas eh! jajaja. De todos os xeitos esa corríxoa agora mesmo” xDDDDDDDDDD

Deixar un Comentario