Datos estatísticos

Nunca lle encontrei moito atractivo a esto da estatística, demasiado teórica (tiven que estudiarme Estatística I e Estatística II e nunca me motivaron moito). Sin embarjo, ahora estou fasendo unha asignatura optativa que se chama “Métodos estatísticos” onde estudiamos como faser control de calidade nunha empresa e ahora mismo, predicir series temporais. Sobre esto temos que faser un pequeno traballo e entonses enseñounos o profesor onde encontrar datos. Concretamente imos sacalos do Instituto Galego de Estatística (www.ige.eu), e a min tócame analizar o número de persoas que se aloxan en turismo rural. O que vou faser é adaptar o modelo usando non todos os datos que teño, senón deixar o último ano sen incluir para despois poder verificar que funsiona ben. O conto é que me pareseu moi interesante a cantidade de datos que hai na web, podemos ver como evolusionou o tráfico aéreo, o turismo, paro, construcción, prezos e mil cousas máis, con gráficas e despois os datos en formato Excel por se queremos usalos noutras aplicacións. Pódense ver entrando na súa web, pinchando en “Información estatística”, “Series de Conxuntura” e despois pinchando na que nos interese e sejindo os pasos. Por exemplo, deixo aquí un gráfico da evolusión do transporte aéreo en Galicia desde Xaneiro de 1980 ata Setembro de 2009.

estatistica_aeroportos.jpg

Deixar un Comentario