Arquivo de Decembro de 2009

Feliz 2010

Xoves, 31 de Decembro de 2009

Hoxe despedimos o ano. Espero que o próximo ano sexa aljo mellor en todo o malo que nos acompañou nestos últimos dose meses e que as cousas boas sijan aí, alentando os nosos esforsos. Tamén que todo o mundo que me acompaña no día a día me sija fasendo tan felís, porque son eles os que constrúen os bos momentos.

E aqueles que xa non están, son e serán recordados continuamente, como Ramón da Costa. Estés onde estés Costeiriño, que sepas que desde aquí che recordamos, porque fostes ejemplo de vida sensilla, sempre mirando para adiante, apoiando e construindo. Continuamente pensando en inisiativas a favor da xente, en orjanisar e intentar dar as mesmas oportunidades a todo o mundo. Sería increíble que hoxe estiveses aquí resibindo o novo ano, con Nando, Ramón, Juan Manuel… e todo dios de Baño e Esteiro, sobre todo, que che queríamos. Que jrande eres ostia.

Tou deitao na cama, porque ando aljo jripado. Creo que hoxe toca música de Queen de fondo. Deixo unha imagen que refleja o que pasa noutros lados do mundo, hai máis mundo que o que nos vemos todos os días, hai xente que sufre moito, que non ten que comer. Sen embarjo aquí, preocupámonos do que imos poñer en fin de ano, dos rejalos de non sei quen e miles de cousas, que nos ajobian, cando realmente deberíamos de restarlles importansia e mirar máis polas vidas que realmente están sufrindo, sen ollar máis futuro que a penuria.

hambre.jpg

Últimos días do ano

Domingo, 27 de Decembro de 2009

Xa queda pouco que vivir en 2009. Estos días intento estar na casa o máximo posible, teño puntos na espalda e a verdade é que me molestan bastante. De todas formas, onte fun a Lariño, ao Leiradal, porque houbo consierto, tocou un jrupo de Carballo que non me acordo do nome e U.R.D, que son de San Mamede. Os dous jrupos son heavys. Os primeiros justáronme, os de Carballo, non é o meu estilo pero tiñan rollos moi chulos. A U.R.D. non puden quedar a velos todo o consierto, non me acaba de convenser o seu cantante, creo que ten moi boas cualidades, ten moi boa voz, pero non me mola como lle mete a voz aos temas. Polo resto, a banda sona potente.

É triste, pero hai moi poucos consiertos pola sona, o local de ensaio de Muros aínda está pechado e as cousas aquí non están no mellor momento penso eu. E jrupos hai, pero se non hai locales onde tocar, a motivasión non é a mesma. Quería deixar aquí o enlase a un blog de música, Tanaka Music, polo que eu me paso a veses, porque hai moitas curiosidades e notisias de consiertos, lansamentos de discos e cousas do mundillo. Podedes entrar aquí, vale a pena.  E pouco máis que disir, fai un frío de carallo.

Fotos Sala 600 (Melide)

Mércores, 23 de Decembro de 2009

Bueno, xa estamos de vacasións de Nadal, datas para estar un pouco máis serca da familia e poder ver a moita xente que durante o ano está lonxe. Espero que disfrutedes ao máximo e deséxovos un bo nadal. Deixo as fotos do último concerto en Melide e tamén recordar que o sábado 9 de Xaneiro estaremos na Sala Mardigras (A Coruña) ás 22:30 h. e o xoves 21 de Xaneiro na Sala Nasa (Santiago) ás 21:30 h. Despois destes dous concertos, empezaremos cos temas do seguinte disco durante 2010, e dando tamén máis concertos. Supoño que gravaremos en 2011 nunha aldea de Lugo encerrados durante unhas semanas, aínda que é moi pronto para falar do que será.

Fotos concerto Sala 600 (Melide) 0 18/12/09

trapos_sucios_denis_lamela.jpg

Próximos consiertos

Sábado, 12 de Decembro de 2009

Deixo as datas e horas dos sijientes consiertos, en Melide o viernes 18 de Decembro, na sala 600 a partir das 00:30, na Coruña o sábado 9 de Xaneiro, na sala Mardigras a partir das 22:30 e en Satiago o xoves 21 de Xaneiro, na sala Nasa a partir das 21:30 h.

trapos_sucios_espasante2.jpg

Fotos Laracha e Espasante

Mércores, 9 de Decembro de 2009

Menuda ponte de furjoneta e de aquí para acolá, molou moito. Ahora relax, ensaiar tranquilamente e dentro dun par de semanas a Melide, ao pub Gatos se mal non recordo. Deixo as fotos dos dous últimos concertos.

trapos_sucios_espasante.jpg

Fotos concerto pub D´Anton (Laracha) o 04/12/09

Fotos concerto bar de Fredi (Espasante) o 05/12/09 

Noite en Laracha

Sábado, 5 de Decembro de 2009

Onte tocamos no pub D´Antón en Laracha, tratáronnos moi ben e ademáis o sitio préstase para tocar. Novamente apareseron bos amijos que viñeron desde lonxe a vernos (Pedro de Ferrol e os seus colegas alejráronnos de novo coa súa presensia), cousa que se ajradese. Hoxe despois de comer xa arrancamos para Ortigueira, a ver que nos espera. Faremos noite alí e mañá a tarde baixaremos para Muros. Xa teño janas de volver a tocar, estarmos todos xuntos de novo, ademáis ijual ven Pony que fai mojollón que nos o vemos. O día promete.

trapos_sucios.jpg

Datos estatísticos

Mércores, 2 de Decembro de 2009

Nunca lle encontrei moito atractivo a esto da estatística, demasiado teórica (tiven que estudiarme Estatística I e Estatística II e nunca me motivaron moito). Sin embarjo, ahora estou fasendo unha asignatura optativa que se chama “Métodos estatísticos” onde estudiamos como faser control de calidade nunha empresa e ahora mismo, predicir series temporais. Sobre esto temos que faser un pequeno traballo e entonses enseñounos o profesor onde encontrar datos. Concretamente imos sacalos do Instituto Galego de Estatística (www.ige.eu), e a min tócame analizar o número de persoas que se aloxan en turismo rural. O que vou faser é adaptar o modelo usando non todos os datos que teño, senón deixar o último ano sen incluir para despois poder verificar que funsiona ben. O conto é que me pareseu moi interesante a cantidade de datos que hai na web, podemos ver como evolusionou o tráfico aéreo, o turismo, paro, construcción, prezos e mil cousas máis, con gráficas e despois os datos en formato Excel por se queremos usalos noutras aplicacións. Pódense ver entrando na súa web, pinchando en “Información estatística”, “Series de Conxuntura” e despois pinchando na que nos interese e sejindo os pasos. Por exemplo, deixo aquí un gráfico da evolusión do transporte aéreo en Galicia desde Xaneiro de 1980 ata Setembro de 2009.

estatistica_aeroportos.jpg