Arquivo de Novembro de 2009

Concerto en Laracha e Ortigueira

Luns, 30 de Novembro de 2009

O próximo finde tocamos o venres día 4 no pub D’Antón (Laracha) e o sábado día 5 no bar de Fredi en Espasante (Ortigueira). A partir das 00:00 h. os dous días.

trapos_sucios.jpg

Despois dun mes

Sábado, 28 de Novembro de 2009

Este finde estou en Muros despois de fai un mes de andar por aí e quedarme na Coruña. Desjrasiadamente hoxe morreu o pai de Tararo, que levaba luchando co cánser varios meses, jolpe duro para el e a súa familia. Mal día tamén para o resto do jrupo porque o queremos como un irmán e estamos todos coa moral polo chan.

Fotos Varias

Domingo, 22 de Novembro de 2009

Xa fai uns días que non me paso. Levo moito tempo sen ir a Muros, pasan as semanas e cada ves teño máis janas de volver. Deixo aquí os enlases ás fotos do concerto en Carral e do concerto de Fito no Coliseum (Coruña), foron uns días moi bos, de conoser xente, conversar e estar a justo. Próxima saída, viernes 4 e sábado 5 de Decembro, en Laracha e Ortigueira respectivamente. A sala The Star de Carral é dos que fan de Mucha e Nucha no Luar, e é un sitio que recomendo visitar se coinsidides por alí, fanse consiertos, teatro, danza, está decorado ao detalle, en fin, moi ben.

Fotos concerto Sala The Star (Carral) 14/11/09 

Fotos concerto Fito (Coruña) 20/11/09

 carral09-12.JPG

Concerto sala The Star (Carral) o 14/11/09

Luns, 9 de Novembro de 2009

O vindeiro sábado tocaremos en Carral, na sala The Star (http://www.salathestar.com/) a partir das 23:30 h. Tamén dicir que o concerto en Santiago e Coruña que foron cancelados celebraranse probablemente nos mes de xaneiro, na sala Nasa (Santiago) e na sala Mardigras (Coruña). Non están aínda confirmadas as datas nin os lugares pero probablemente sexa así.

Fotos sala Run Rum

Domingo, 8 de Novembro de 2009

Tiven ahora un rato libre e subín as fotos ao Facebook do consierto en Ferrol. Justoume este sistema de metelas no Facebook e deixar aquí o link porque é moito máis cómodo. De feito creo que debería de eliminar as páxina do menu lateral con fotos e poñer un apartado para as fotos todas, é unha idea… De momento aquí quedan as fotos deste viernes inolvidable :)

Sala Run Rum (Ferrol) 06/11/09

Tarde perdida

Domingo, 8 de Novembro de 2009

Hoxe que tiña pensado estudiar moito a penas aproveitei o tempo. Visieime cun iPhone que quería liberarlle a un colega e ata que o fixen non parei. Justaríame escribir de calma sobre o consierto de onte, porque o disfrutei moito. Non había moita xente pero eso foi o de menos, foi un deses días que disfrutas a máis non poder. Aínda non subín as fotos pero ao larjo da semana hei de faselo (Martes teño un exame parcial por eso vou ir deixando estas cousas para mediados de semana).

O que máis me impresionou da noite de onte, ademáis de que me pareseu Ferrol un sitio moito máis chulo do que eu pensaba en base ao pouco que conosía, foi un chaval que veu vernos, Pedro, que se sabía todos os temas de inisio a fin, e ademáis resulta que estivo estudiando tamén informática hai un tempo, é disir, que fomos compañeiros, foi increible chejar a un sitio toalmente desconosido para nós e que che resiban así. Sacamos fotos todos xuntos e estivemos aínda un anaco charlando, sentímonos moi a justo en Ferrol.

Finalmente quería deixar unha web na que hai posts moi bos sobre Linux e informática en xeral. Eu encontreino de casualidade mirando clientes de SQL, en plan IDE para faser consultas e traballar cunha base de datos a través de JDBC (Como DB Visualizer, SQL Developer, Execute Query etc…). Chámase http://ubuntulife.wordpress.com

cimg2421.JPG

Circuito rock Deputación da Coruña

Xoves, 5 de Novembro de 2009

Deixo aquí un cartel cos concertos que temos estos últimos meses do ano. Faltan as fechas do consierto en Santiajo e Coruña. Ijual sale aljún consierto máis fóra do sircuito antes de acabar o ano. Lin que este sábado hai unha reunión do Castelo Rock ás 12 da mañá para dar contas e rogos e preguntas. Todos aqueles que critican o traballo desta xente ijual se deberían de pasar por alí antes de nada para informarse e tamén para disir todo aquelo que pensan porque pode axudarlles.

cartel-trapos-sucios-deputa.jpg

Concerto na sala Run Rum (Ferrol) o 06/11/09

Mércores, 4 de Novembro de 2009

Este viernes caemos en Ferrol, na sala Rum Rum (http://www.salarunrum.com) a partir das 22:00 h. Faime espesial ilusión tocar alí porque nela estivo Ariel Rot tocando, un dos músicos que máis me justaron cando era máis pequeno (a verdade é que ahora xa non o escoito tanto) pero sobre todo, por ser un sitio onde nunca estivemos e sejir conosendo un pouco máis a terra. A semana pasada tocamos en Boiro, onde encontramos caras conosidas como Adolfo, que levaba o son e os consiertos na sala Leña Verde, que xa coinsidíramos con el en Chantada se mal non recordo e tamén no slalom en Muros. Deixo as fotos do consierto en Boiro e a ver se para a semana podo faser o mismo coas de Ferrol.

Fotos Leña Verde (Boiro) o 30/10/09