Ajradesido

Un finde espesial este. Día malo o sábado, a chuvia veu de consierto, pero a falta de alejría só foi referida a situasión climatolóxica porque disfrutei como un enano, emosioneime, chorei, saltei, depriminme. Un cóctel de sentimentos que me din que este finde valeu a pena. Foi o último consierto de Juno con nós en Muros, dame moita pena esta pérdida no jrupo, unha jran persona, increible compañeiro, inolvidable. Sen embarjo, sinto a alejría de que aínda quedan moitos consiertos na súa compañía, ata acabar o ano vaise estirar este final. Cando vou por aí co jrupo nunca teño o sufisiente tempo de falar con toda a xente que nos apoia, sempre coas prisas, coas janas de festa e non encontro a maneira de expresar o que sinto, o ajradesido que estou, o ben que me fai sentir cando te encontras rodeado de amijos, cando a aljén lle importa o que fajo. É imposible pajar unha deuda tan jrande, síntome tan pequeno e tan ben acompañado, que ata me parese inxusto. Este sábado falando con Felipe Cacharro non sabía como disirlle o que estaba sentindo cando me disía que non tiña nin idea de internet, pero que el aprendera a entrar aquí e sempre entra. Alusino cando vexo a Mandatruco co seu apoio incondisional, sempre tirando para adiante, ou cando resibo o saludo afectivo de Lisardo, cando sinto o interés en axudarnos de David ou veñen os amijos de Tararo e Kaio ata o fin do mundo se fai falta. E sentos de personas máis, podería pasarme a vida escribindo sobre todo o que me fai sentir a día de hoxe por fin felís. Non me importaría renunsiar a todo o que me queda por vivir se con eso consijo para sempre, recordar.

4 comentarios para “Ajradesido”

  1. Esther di:

    Canto sentimento xunto, eso es bueno….

  2. María_atx di:

    Cando as cousas se fan con janas salen ben aínda que haba factores en contra, e a ti notánseche as janas a lejuas Denís!
    Sen chuvia ou con ela sabedes dar o mellor en cada lujar e eso ajradesémolo os que o vivimos desde fóra do escenario.
    Moitisima suerte nos consiertos que vos quedan este ano e a ver si se pode dar un pouco de ánimo en Laracha (e o malo de non ter coche xD).
    Un bikiño e cuidate moito!
    Por serto,a ultima frase da entrada do blog encántame,,

    “Non me importaría renunsiar a todo o que me queda por vivir se con eso consijo para sempre, recordar.”

  3. Iván di:

    Meréselo Denís, meréselo xD

  4. moitas jrasias, a medida que pasa o tempo penso que valoro mellor todoo que me rodea. Non é que mellorara como persona, creo que se debe a que cada ves teño máis tempo para pensar.

Deixe un comentario