Arquivo de Outubro de 2009

Víctimas da represión

Mércores, 28 de Outubro de 2009

Na web http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ desarrollouse unha base de datos con víctimas da represión franquista. Foi un proxecto das tres universidades galegas e a consellería de cultura. Se buscades “natural:Muros” sen as comiñas aparesen persoas de Muros e explicanche que tipo de represión sufriron. Escalofriante.

Web de Ángela Núñez

Mércores, 28 de Outubro de 2009

Estou estudiando funcións xeratrices e relacións de recurrencia para un parcial que vou ter en dúas semanas. Non me acordaba do binomio de Newton, mirei en Google e encontrei unha boa explicasión nunha web, con exemplos etc… Deume por mirar que máis había pola web e ten mogollón de explicasións de dudas e curiosidades que pode ter calquer persona, dun nivel de bacharelato ou así, que moitos imos olvidando e temos que repasar cando nos volven a faser falta. Deixo o enlase aquí. Indo aínda máis para atrás está a páxina principal, onde podemos ver o currículum desta profesora, diversos proxectos nos que anda e tamén unidades didácticas (interesante para quen estudie maxisterio ou xa sexa profesor).

Concerto en Boiro o 30/10/09

Martes, 27 de Outubro de 2009

Este viernes tocamos en Boiro, creo que orjanisa a asosiasión Leña Verde e o consierto será no local de Nsaio. Aproveitaremos para presentar alí o novo disco. O consierto será a partir das 22:00 h.

Mirada pola ventana

Martes, 27 de Outubro de 2009

Antes de durmir un momento de reflexión desde a ventana. Unha chavala, aínda xoven, recolle ramas dos arbustos que rodean a estasión de tren. Se quen as vaia resibir vira con que interés e dedicasión foi xuntando cada parte do ramo sejuramente as valorara adecuadamente. Un vajabundo remexe nas papeleras e unha muller ven cunha maleta, aínda que encontra a estasión pechada e marcha. Non é un ambiente moi esperansador pero sempre está esa parexa que pasea ajarrada, alejrando un pouco esta avenida Joaquín Planells. Os luns son realmente mortos, nin sequera se escoita o típico ambiente de xente no Cacique, un dos bares que hai abaixo, onde máis xente se xunta normalmente. Curiosa mirada pola ventana.

Lock

Martes, 20 de Outubro de 2009

¿Cantas vidas truncadas? É complicado cando quedas estancado na mitá do camiño, cando ves pasar o tempo, cambios ao alrededor e os teus sentimentos permanesen. Os recordos atorméntanche, intentas mirar para adiante pero sijes deseando revivir. Nin presente, nin futuro, estás atado para sempre a un momento, unha palabra, unha costumbre. Consijes sobrevivir, da justo mirache aljunhas veses, ¿pero hai acaso aljo distinto desde entonses?

Cambios de data

Luns, 19 de Outubro de 2009

Malas noticias, enfado xeral por un acto irresponsable e mostra de incompetencia. Uns días antes de tocar na sala Garufa de Coruña a productora de todos os concertos que imos dar antes de pechar o ano, Mula Produccións, avísanos de que hai problemas de papeleos coa sala Garufa (Coruña) e coa sala Pérez y Pérez (Santiago). Salirán novas fechas e salas en Santiajo e Coruña pero dóenos avisar de todos estos cambios con tan pouco tempo de antelasión e se ben non somos responsables, sí que sentimos un compromiso coa xente á hora de anunsiar unha fecha, compromiso que non nos justa romper. Sentímolo.

Inmerso

Martes, 13 de Outubro de 2009

Xa estamos na terseira semana de clase, ahora o verán sí que vai fóra. Este finde foi moi bo por eso de que foi festivo o luns e ademáis o sábado fixemos unha sena os compañeiros do Gadis e pasámolo moi ben, para min son uns compañeir@s increíbles cos que durante dous veráns estiven moi a justo e vivimos xuntos momentos de todo tipo. Ahora xa asentado en Coruña empesan a acumularse cousas que faser na carreira, asércanse os consiertos e penso que van pasar moi rápido estos últimos meses do ano.

O sábado a mañá houbo ademáis unha reunión no local de ensaio de Muros (Sala Nasmo), onde nos xuntamos xente de varios jrupos de Muros. Parese que pouco a pouco se vai superando as dificultades que impidiron ata ahora poñela a andar, empesarase abrindo como local de ensaio e pouco a pouco habilitarán a posibilidade de jravar. Eu polo que vin hai interese por parte da xente, non vai estar en desuso, e ademáis penso que vai axudar a que se creen novos jrupos e con toda a infraestrutura que hai alí pódense faser marabillas.

Cea Gadis

Ajradesido

Domingo, 4 de Outubro de 2009

Un finde espesial este. Día malo o sábado, a chuvia veu de consierto, pero a falta de alejría só foi referida a situasión climatolóxica porque disfrutei como un enano, emosioneime, chorei, saltei, depriminme. Un cóctel de sentimentos que me din que este finde valeu a pena. Foi o último consierto de Juno con nós en Muros, dame moita pena esta pérdida no jrupo, unha jran persona, increible compañeiro, inolvidable. Sen embarjo, sinto a alejría de que aínda quedan moitos consiertos na súa compañía, ata acabar o ano vaise estirar este final. Cando vou por aí co jrupo nunca teño o sufisiente tempo de falar con toda a xente que nos apoia, sempre coas prisas, coas janas de festa e non encontro a maneira de expresar o que sinto, o ajradesido que estou, o ben que me fai sentir cando te encontras rodeado de amijos, cando a aljén lle importa o que fajo. É imposible pajar unha deuda tan jrande, síntome tan pequeno e tan ben acompañado, que ata me parese inxusto. Este sábado falando con Felipe Cacharro non sabía como disirlle o que estaba sentindo cando me disía que non tiña nin idea de internet, pero que el aprendera a entrar aquí e sempre entra. Alusino cando vexo a Mandatruco co seu apoio incondisional, sempre tirando para adiante, ou cando resibo o saludo afectivo de Lisardo, cando sinto o interés en axudarnos de David ou veñen os amijos de Tararo e Kaio ata o fin do mundo se fai falta. E sentos de personas máis, podería pasarme a vida escribindo sobre todo o que me fai sentir a día de hoxe por fin felís. Non me importaría renunsiar a todo o que me queda por vivir se con eso consijo para sempre, recordar.