Hoxe estiven toleando un pouco e quixen preparar o ordenador para poder faser en local cousas con PHP e Mysql, porque non controlo case nada e é utilisadísimo en páxinas web. Usando o xestor de paquetes synaptic é trivial, só hai que ir a Editar -> Marcar paquetes por tarefa -> Servidor LAMP e darlle a “Aplicar”. LAMP ven de Linux Apache Mysql PHP. Así, con todo por defecto xa nos funsionaría, e con http://localhost iríamos á web que haxa almasenada en /var/www. Como complemento podemos instalar o paquete “phpmyadmin” para ter en http://localhost/phpmyadmin/ unha interface web para xestionar as bases de datos Mysql. Igual non funciona Phpmyadmin á primeira, porque ijual o instalador non crea un enlace simbólico necesario. Se é así, abrimos un terminal e tecleamos “sudo ln -s/usr/share/phpmyadmin /var/www”, sen as comiñas por suposto.
Se instalas “xampp” xa che ven todo eso instalado perfectamente, con phpmyadmin e máis cousas. É o máis fácil. Eu téñoo instalado no ordenador e en vez de facer cousas directamente en QG, xa fago as miñas probas ahí. Tamén teño varios CMS instalados para fuchicar neles e mirar o seu código fonte.
¡Saúdos!
Eres un crack Fer, eu non controlo nada destas cousas, por eso que son todo oídos antes un experto webmaster coma ti
Un saúdo e xa tiven mirando o xampp, mola moito eh, ven completísimo e está dispoñible para todos os S.O.s