Levo desde o Domingo sen as jafas que as deixei en Muros e dóenme os ollos cantidade. Menos mal que mañá vou a Santiajo e xa mas traen (voume operar dun lunar). Hoxe botei bastante tempo na facultade, de feito aínda estou. Estos días estiven traballando bastante con software de virtualización e a verdade é que me parese moi interesante, podes meter no mesmo ordenador varios sistemas operativos e traballar con eles, probar un sistema antes de pasar a instalalo realmente, probalo porque non o conoses e pensas que non che compensa instalalo… Ata existe unha ferramenta que se chama VMWare Converter coa que podes coller e virtualizar un ordenador, é disir, extraer del todo o que hai instalado, ir a outro, executalo e nel poder simular e probar futuros cambios. Unha vez que tes todo ben pensado e ves que funciona, vas ao sistema real e realizas os cambios, é moi interesante. A min personalmente todo esto sírveme para ter no meu Mac o Windows e Linux instalado, sen nesesidade de crear un arranque triple como tiña en 2º de carreira. O rendemento é bastante bo (o meu ordenador ten 2 GB de ram e un procesador Core 2 Duo a 2,16 Ghz).
Felisidades Denís! Pasao ben. Veña
Jrasias tio, un ano máis xa. Espero que empesaras ben o curso, este ano xa é o último en Muros eh. Sorte e xa nos veremos