Disco en tendas

Hoxe entereime de que o novo disco está a vender na Fnac, no corte inglés, en discos gong, en iTunes e disque que en tendas menos conosidas por toda Galicia tamén. Ademáis pronto estará para escoitar en Spotify. Aproveito para deixar un enlase a un novo álbum de fotos do Castelo Rock 09, tiven que crear un novo para poñelas porque o Facebook ten un límite de 200 fotos por álbum, cousa que non acabo de entender o porqué. Esta semana de novo en Coruña, moi contento como bolseiro do Cecafi, lévase ben e estou aprendendo cousas.

Fotos Castelo Rock 09 (Parte 2)

2 comentarios para “Disco en tendas”

  1. FeR di:

    Qué sorte que che deran o posto no Ce.Ca.Fi. ¡Alégrome! Eu presentárame a ver se tal, pero nada.

    Por certo, avisarás cando esté o disco en Spotify. ^^

    ¡Saúdos!

  2. Sí tio, foi unha sorte, ademáis hubo problemas coa convocatoria e xa pensei que sería imposible. Por certo, agora saen unhas de 3 meses que están moi ben, apúntate¡¡¡

    Cando estea en Spotify e se n me falla a memoria, avísoche. Un saúdo¡¡¡

Deixe un comentario