Matriculado

Hoxe fun faser a matrícula para o curso que ven, a primeira ves que a fajo tan sedo, a primeira ves que non vou a Setiembre. Creo que vai ser un ano duro, porque comentáronme que as prácticas en cuarto son bastante tediosas, así que ademáis do horario que teño, xa denso de por sí, as dúas horas que lle teño que dedicar ao CeCafi e as prácticas non vai haber moito descanso. As asignaturas que vou ter son Arquitectura e Enxeñería de Computadores, Análise de Sistemas Informáticos, Deseño de Sistemas de Información, Intelixencia Artificial, Compiladores, Matemáticas Discretas II, Bases de Datos II e de optativas Arquitecturas Tolerantes e Fallos, Linguaxes Naturais e Métodos Estatísticos. Con respecto a todos estos anos anteriores hai varias que son anuais, entonses eu penso que esto pode ser bo se hai exames parciais que axuden a eliminar materia ou moi malo se entra a materia de dous cuatrimestres nun único exame. As optativas que elixín son as que me dixo meu compañeiro David que son máis asequibles (xa sei que debería coller as que máis me interesan pero non me atrevo).

Hoxe xa baixei para Muros, tou aprendendo bastante sobre huellas dactilares nun rollo que me mandaron ler, está moi interesante. Teño janas de volver a trastear co VirtualBox que tan mal sabor de boca me deixara aí atrás cando virtualisei Ubuntu sobre Leopard, porque vai moi lento. Volverei a intentalo porque está todo mundo coa virtualisasión ás voltas, que é moi útil e potente (creo ben que sea así cando vai sobre nivel de hardware, non como unha aplicación sobre un S.O.). Pouco máis que contar, que este será outro ano máis sen ir ás festas da barca, e sejirá na lista de tareas pendentes.

Deixe un comentario