Chejei onte xa para quedarme aquí na Coruña, este ano o meu curso empesa máis sedo que nunca polo tema da bolsa no Cecafi. Mellor era estar en Muros pero aquí estou máis tranquilo e podo orjanisarme mellor, porque teño bastantes cousas pendientes. Hoxe conosín aos meus compañeiros de traballo no Cecafi e parese boa xente, o único que me preocupa é que eu non controle o sufisiente, voume fartar de prejuntar.
Tiña bastantes fotos atrasadas e estivenas subindo estos días ao Facebook, máis ao Tuenti. En ves de subilas á jalería que teño, creo que é mellor deixar os enlases ás galería do facebook, así afórrome traballo inútil e podo ter sempre a web máis actualisada. Son fotos dos últimos consiertos, sen seleccionar nin nada, todo a eito. Deixo un enlase ás fotos da sala Nasa, aínda que aquí na web teño fotos, póñoo ijual porque no Facebook teño máis fotos.