Arquivo de Setembro de 2009

Concerto no slalom de Muros o 03/10/09

Mércores, 30 de Setembro de 2009

Este sábado hai slalom no polígono industrial e despois vai haber concerto. Tocaremos Trapos Sucios + FAQs a partir das 20:30 aproximadamente.

Apache2 + Mysql + PHP5 + Phpmyadmin

Xoves, 24 de Setembro de 2009

Hoxe estiven toleando un pouco e quixen preparar o ordenador para poder faser en local cousas con PHP e Mysql, porque non controlo case nada e é utilisadísimo en páxinas web. Usando o xestor de paquetes synaptic é trivial, só hai que ir a Editar -> Marcar paquetes por tarefa -> Servidor LAMP e darlle a “Aplicar”. LAMP ven de Linux Apache Mysql PHP. Así, con todo por defecto xa nos funsionaría, e con http://localhost iríamos á web que haxa almasenada en /var/www. Como complemento podemos instalar o paquete “phpmyadmin” para ter en http://localhost/phpmyadmin/ unha interface web para xestionar as bases de datos Mysql. Igual non funciona Phpmyadmin á primeira, porque ijual o instalador non crea un enlace simbólico necesario. Se é así, abrimos un terminal e tecleamos “sudo ln -s/usr/share/phpmyadmin /var/www”, sen as comiñas por suposto.

Datas dos concertos de presentación do disco

Xoves, 24 de Setembro de 2009

Deixo aquí a lista dos próximos consiertos, pronto o meteremos na web do jrupo e enviaremos un mail pola lista de correo. Son os consiertos que imos faser para presentar o novo disco.

Sábado 3 de Outubro  - Slalom Muros (Polígono Industrial)

Xoves 22 de Outubro - Sala Garufa (A Coruña)

Venres 30 de Outubro - Sala Leña Verde (Boiro)

Venres 6 de Novembro - Sala Rum Rum (Ferrol)

Sábado 14 de Novembro - Sala D´Star (Carral)

Xoves 26 de Novembro - Sala Pérez y Pérez (Santiago)

Venres 4 de Decembro - Sala D´Anton (Laracha)

Sábado 5 de Decembro - Sala Bar de Fredi (Espasante-Ortigueira)

Domingo 20 de Decembro - Sala 600 (Melide)

Marfan Rock 09

Martes, 22 de Setembro de 2009

Este finde fun a este festival que se fai na Pobra do Caramiñal, onde tocáramos nós o ano pasado. Tocaron Bocanada (Canta Martín Romero, o irmán de Kutxi Romero, cantante de Marea), Kertuler, Desalojo, Koma e Forraje. Fun sobre todo por ver a Koma, jrupo que me deixou moi sorprendido, justoume moitísimo o ben que sonan, moi cañeros e poñendo á xente a saltar sen parar. Tamén me justou Bocanada, sonan moi paresidos a Marea pero fano moi ben tamén. Ademáis estiven despois do consierto falando con Martín Romero e pareseume unha persona moi interesante. Deixo aquí o link a unha poucas fotos que saquei: fotos Marfan Rock 09

 Marfan Rock 09

VMWare Converter

Martes, 15 de Setembro de 2009

Levo desde o Domingo sen as jafas que as deixei en Muros e dóenme os ollos cantidade. Menos mal que mañá vou a Santiajo e xa mas traen (voume operar dun lunar). Hoxe botei bastante tempo na facultade, de feito aínda estou. Estos días estiven traballando bastante con software de virtualización e a verdade é que me parese moi interesante, podes meter no mesmo ordenador varios sistemas operativos e traballar con eles, probar un sistema antes de pasar a instalalo realmente, probalo porque non o conoses e pensas que non che compensa instalalo… Ata existe unha ferramenta que se chama VMWare Converter coa que podes coller e virtualizar un ordenador, é disir, extraer del todo o que hai instalado, ir a outro, executalo e nel poder simular e probar futuros cambios. Unha vez que tes todo ben pensado e ves que funciona, vas ao sistema real e realizas os cambios, é moi interesante. A min personalmente todo esto sírveme para ter no meu Mac o Windows e Linux instalado, sen nesesidade de crear un arranque triple como tiña en 2º de carreira. O rendemento é bastante bo (o meu ordenador ten 2 GB de ram e un procesador Core 2 Duo a 2,16 Ghz).

Disco en tendas

Luns, 14 de Setembro de 2009

Hoxe entereime de que o novo disco está a vender na Fnac, no corte inglés, en discos gong, en iTunes e disque que en tendas menos conosidas por toda Galicia tamén. Ademáis pronto estará para escoitar en Spotify. Aproveito para deixar un enlase a un novo álbum de fotos do Castelo Rock 09, tiven que crear un novo para poñelas porque o Facebook ten un límite de 200 fotos por álbum, cousa que non acabo de entender o porqué. Esta semana de novo en Coruña, moi contento como bolseiro do Cecafi, lévase ben e estou aprendendo cousas.

Fotos Castelo Rock 09 (Parte 2)

Intro Castelo Rock 09

Xoves, 10 de Setembro de 2009

Deixo aquí un vídeo jravado cun móbil do prinsipio do consierto o 7 de Ajosto no Castelo Rock. Temos jravado case todo ese consierto en bastante boa calidade e tamén o de Lariño do 28 de Ajosto. Supoño que subiremos aljo a medida que pasen as semanas.

YouTube Preview Image

Matriculado

Xoves, 10 de Setembro de 2009

Hoxe fun faser a matrícula para o curso que ven, a primeira ves que a fajo tan sedo, a primeira ves que non vou a Setiembre. Creo que vai ser un ano duro, porque comentáronme que as prácticas en cuarto son bastante tediosas, así que ademáis do horario que teño, xa denso de por sí, as dúas horas que lle teño que dedicar ao CeCafi e as prácticas non vai haber moito descanso. As asignaturas que vou ter son Arquitectura e Enxeñería de Computadores, Análise de Sistemas Informáticos, Deseño de Sistemas de Información, Intelixencia Artificial, Compiladores, Matemáticas Discretas II, Bases de Datos II e de optativas Arquitecturas Tolerantes e Fallos, Linguaxes Naturais e Métodos Estatísticos. Con respecto a todos estos anos anteriores hai varias que son anuais, entonses eu penso que esto pode ser bo se hai exames parciais que axuden a eliminar materia ou moi malo se entra a materia de dous cuatrimestres nun único exame. As optativas que elixín son as que me dixo meu compañeiro David que son máis asequibles (xa sei que debería coller as que máis me interesan pero non me atrevo).

Hoxe xa baixei para Muros, tou aprendendo bastante sobre huellas dactilares nun rollo que me mandaron ler, está moi interesante. Teño janas de volver a trastear co VirtualBox que tan mal sabor de boca me deixara aí atrás cando virtualisei Ubuntu sobre Leopard, porque vai moi lento. Volverei a intentalo porque está todo mundo coa virtualisasión ás voltas, que é moi útil e potente (creo ben que sea así cando vai sobre nivel de hardware, non como unha aplicación sobre un S.O.). Pouco máis que contar, que este será outro ano máis sen ir ás festas da barca, e sejirá na lista de tareas pendentes.

Consiertos de otoño

Martes, 8 de Setembro de 2009

Dixéronme onte os sitios nos que imos tocar e as fechas, o que pasa que aínda son provisionales. Nuns des días xa as hei de coljar, as definitivas. Tou moi ilusionado porque imos tocar en sitios onde nunca fomos. Os sitios onde imos tocar son a sala 600 (Melide), sala Bar de Fredi (Espasante - Ortigueira), sala Garufa (A Coruña), sala Leña Verde (Boiro), sala Rum Rum (Ferrol), sala Pérez y Pérez (Santiago), sala D´Star (Carral) e sala D´Anton (Laracha). Penso que oportunidades así hai poucas e vou intentar aproveitalo ao máximo, disfrutar da música, conoser xente, visitar os lujares… e encherme de recordos.

De novo por Coruña

Luns, 7 de Setembro de 2009

Chejei onte xa para quedarme aquí na Coruña, este ano o meu curso empesa máis sedo que nunca polo tema da bolsa no Cecafi. Mellor era estar en Muros pero aquí estou máis tranquilo e podo orjanisarme mellor, porque teño bastantes cousas pendientes. Hoxe conosín aos meus compañeiros de traballo no Cecafi e parese boa xente, o único que me preocupa é que eu non controle o sufisiente, voume fartar de prejuntar.

Tiña bastantes fotos atrasadas e estivenas subindo estos días ao Facebook, máis ao Tuenti. En ves de subilas á jalería que teño, creo que é mellor deixar os enlases ás galería do facebook, así afórrome traballo inútil e podo ter sempre a web máis actualisada. Son fotos dos últimos consiertos, sen seleccionar nin nada, todo a eito. Deixo un enlase ás fotos da sala Nasa, aínda que aquí na web teño fotos, póñoo ijual porque no Facebook teño máis fotos.

Concerto Sala Nasa 14/05/09

Concerto Ézaro 01/08/09

Concerto San Mamede 06/08/09

Concerto Castelo Rock 09 07/08/09 (Parte 1)

Concerto Muiño 14/08/09

Concerto Asaghieiras Máster Festival 09 28/08/09

Torres de Altamira

Martes, 1 de Setembro de 2009

Días intensos e de inflexión, o verán amaina e hai que volver á rutina. Acabei de traballar no Gadis e marcho con tristesa porque collinlle moito cariño a todos os compañeiros nestos dous veráns que traballei alí. Quedaríame toda a vida alí. Ademáis foi un verán de anécdotas, de vivirmos cousas mois boas e tamén malas que creo que ningún olvidará. En teoría hoxe marchábame para Coruña, xa tiña todo preparado para irme, porque empeso nunha bolsa de colaborasión na facultade, que consiste en traballar dúas horas ao día ata marzo. Ao final non teño que ir ata luns, cousa que me alejrou eternamente, porque penso que este mes de setiembre en Coruña eu só, vaise faser moi larjo. O viernes pasado tocamos en Lariño (sije cresendo a miña deuda fotográfica na web do jrupo etc…), último consierto do verán e que disfrutei moitísimo. Sábado fun ver un pouco o festival a Lariño e deiteime sedo porque domingo fun de viaxe e conosín mojollón de sitios interesantes. Estiven en Viceso, Ons e recorrín bastantes pueblos máis que rodean a zona de Negreira. Visitei as torres de Altamira, onde estaba unha cuadrilla de vigilansia do lume porque era alerta máxima (moito calor, pouca humidade…), despois o embalse do Tambre que hai alí serca, a plaia fluvial de Tapia, etc… hai mogollón de cousas bonitas moi serca de nós.