Ramón da Costa

Hoxe morreu unha das mellores personas que conosín, apasionado da música, amijo fiel, que sempre apoiou o meu soño pola música e axudou, tanto con “A media Ghasta” como con “Trapos Sucios”. Aínda este sábado veu ao ensaio, co seu bo humor, e alí nos botamos a tarde enteira. Despois aínda quedamos Germán, el e eu ata tarde charlando. Onte cruseino no coche e pensei en chamalo, pois tíñalle jardado o disco novo, a primeira copia que sale do estudio, pois sempre mas pedía e ía jardándoas. A el moláballe o rollo de que non fose a típica con portada e masterisada, senón a que sona tal e como saleu das nosas mans. Desta ves xa non pudo ser.

A morte é totalmente inxusta, Ramón era unha persona auténtica, coas ideas moi claras e sempre apoiando as inisiativas a favor de Muros, pois era un tema que a el sempre lle preocupou. Un dos seus soños era montar unha emisora de radio aquí, para que a xente pudese escoitar as notisias que afectan directamente ao concello, e pinchar música. Das moitas ideas que tiña na cabesa, esa era unha espiña clavada. Ninguén imaginaba que púdese morrer tan xoven. Recordoo sobre todo polas miles de veses que nos temos visto, moitas para botarlle unha man co ordenador, nos consiertos nosos, en The Cure en Santiajo, en AC/DC en Barcelona o pasado mes de Marzo, de onde teño as últimas fotos súas, etc…

Como anécdota simpática, recordo nun consierto de “A media Ghasta” en Coruña, unha tarde no cuartel militar de Atocha, tería eu 15 anos, que me rompera unha corda, e non podía sejir tocando… colleu el, que sempre lle encontraba solusión a todo, e meteuse a toda ostia por Coruña adiante a compralas, e eu alusinado atrás pois para min todo aquelo era desconosido, edifisios criminales, nós a toda pastilla… en fin, que me quedou jravado aquel momento.

Ramón non vas poder ler esto, pero que sepas de corasón, que en min deixas unha falta importante, pois vai ser difísil olvidar a unha persona da túa talla. Nasestes un 24 de Julio, e deixasnos un 24 de Julio.

Deixo unha foto de Ramón da Costa con Nando e Ramón de Elvira (de esquerda a dereita) nun consierto que demos en Lira no verán de 2006.

 dsc01955.JPG

3 comentarios para “Ramón da Costa”

  1. tony di:

    denis sintoo tiooo,un saluedo e animo!!!!!

  2. Ginkana di:

    E a vida sije… non ten sentido. Non ten sentido irse sin despedirse; sin motivo. Para aljunhas personas foise o máis importante das súas vidas, para outras aljén moi importante, e outros nin se enteraron, pero tanto para uns como para outros a vida vai sejir sin inmutarse, como si non pasara nada, e sí que pasou. En estes casos a cabesa párase, non o asimila, normal, non se quere asimilar, non se pode asimilar. Parese un puto vasile que che dean a vida para despois, fajas o que fajas, quitarcha. Hasta se podería pensar que vale a pena ser un hijo de puta, para que nn che boten de menos e non sufran ao morreres. En estes casos faise obvio que vívase como se viva, a vida nunca terá sentido.
    Fai tempo que non selebro os cumpleanos, porq sempre dijo que porque selebrar que un vai para vello, que se aserca a morte… A partir de ahora vouno faser, e polo jrande, mandar a tomar polo cú un ano máis a morte, Ramón non o pudo faser.
    Non creo en dios, nin na resurresión, nin no máis ala, pero espero que esa nai si crea, porque é fasil trajarse o ejoismo de non telo aquí, pero é insuperable o dolor de pensar que lle quitaron a vida o teu fillo, e que se acabou para sempre, sobre todo, si é unha persona como Ramón.
    Unha pena, e as que nos quedan…

  3. Xa van uns cantos fora… e esto súmase, cada ano morre aljén querido de forma desjrasiada. A min o de Ramón déixame un vasío, paréseme increíble pensar que nunca máis o imos a ver e fai nada estaba alí con nós o sábado a tarde. A vida é demasiado complicada, e a morte moi sensilla.

Deixe un comentario