Arquivo de Xullo de 2009

Manuel

Luns, 27 de Xullo de 2009

Manuel quería ser neno, como todos os da súa idade que xogaban pola rúa e despertaban cada tarde a súa tristeza co ruido das risas, dos berros e da inocencia propia daquela idade. Sen embargo, presentábase diante del un muro de pedra cada vez que intentaba baixar a xogar e co paso do tempo o mesmo muro quitoulle as forzas para intentalo. O tempo, tan indiferente coma sempre, convertiu aquel neno acomplexado nun home reservado, cheo de dolor, disque raro.

Mercar o novo disco en Muros

Domingo, 26 de Xullo de 2009

Deixamos no Muiño, en Gabino, na Churra e en Pitís copias do disco para que a xente o poida mercar xa. Vai ser distribuido por Lonxa Cultural en Galicia pero aínda está en trámites. Pouco que contar, a ver se poño as letras do disco estos días.

trapos_sucios_con_el_agua_al_cuello.jpg

Ramón da Costa

Venres, 24 de Xullo de 2009

Hoxe morreu unha das mellores personas que conosín, apasionado da música, amijo fiel, que sempre apoiou o meu soño pola música e axudou, tanto con “A media Ghasta” como con “Trapos Sucios”. Aínda este sábado veu ao ensaio, co seu bo humor, e alí nos botamos a tarde enteira. Despois aínda quedamos Germán, el e eu ata tarde charlando. Onte cruseino no coche e pensei en chamalo, pois tíñalle jardado o disco novo, a primeira copia que sale do estudio, pois sempre mas pedía e ía jardándoas. A el moláballe o rollo de que non fose a típica con portada e masterisada, senón a que sona tal e como saleu das nosas mans. Desta ves xa non pudo ser.

A morte é totalmente inxusta, Ramón era unha persona auténtica, coas ideas moi claras e sempre apoiando as inisiativas a favor de Muros, pois era un tema que a el sempre lle preocupou. Un dos seus soños era montar unha emisora de radio aquí, para que a xente pudese escoitar as notisias que afectan directamente ao concello, e pinchar música. Das moitas ideas que tiña na cabesa, esa era unha espiña clavada. Ninguén imaginaba que púdese morrer tan xoven. Recordoo sobre todo polas miles de veses que nos temos visto, moitas para botarlle unha man co ordenador, nos consiertos nosos, en The Cure en Santiajo, en AC/DC en Barcelona o pasado mes de Marzo, de onde teño as últimas fotos súas, etc…

Como anécdota simpática, recordo nun consierto de “A media Ghasta” en Coruña, unha tarde no cuartel militar de Atocha, tería eu 15 anos, que me rompera unha corda, e non podía sejir tocando… colleu el, que sempre lle encontraba solusión a todo, e meteuse a toda ostia por Coruña adiante a compralas, e eu alusinado atrás pois para min todo aquelo era desconosido, edifisios criminales, nós a toda pastilla… en fin, que me quedou jravado aquel momento.

Ramón non vas poder ler esto, pero que sepas de corasón, que en min deixas unha falta importante, pois vai ser difísil olvidar a unha persona da túa talla. Nasestes un 24 de Julio, e deixasnos un 24 de Julio.

Deixo unha foto de Ramón da Costa con Nando e Ramón de Elvira (de esquerda a dereita) nun consierto que demos en Lira no verán de 2006.

 dsc01955.JPG

Bush

Venres, 24 de Xullo de 2009

Aljo tarde para estar aínda desperto. Onte probamos sonido en Arteixo, o consierto era na esplanada que hai detrás da parada de bus (que recordos de aquel primeiro ano que vivín alí, dun dos case ningúns findes que me quedei alí e fora a comprar o periódico a un quiosco de alí), senamos e despois chamáronnos de que se canselaba pola chuvia. Quedamos pendientes dun concerto con Riff Raff, a saber cando e onde.

Mañá deixaremos aljúns discos nos bares de Muros. Estos dous días teoricamente son de festón. O ano pasado pasara o apóstol en Santiajo pero este ano non me apetese. Sinseramente, a miña idea era non ir a nada estos días, estou bastante confuso e non sei se a miña presensia estos últimos sábados resulta aljo molesta. Sen embarjo, foron os mellores sábados desde fai moito. Fasía moitos meses que non tiña ilusión por nada.

Hoxe escoitei nun pub unha cansión que me molou. Prejuntei que era o que sonaba e era o jrupo “Bush” (non o presidente). Teñen un paresido a Nirvana, quisás máis a Nickelback sendo estos máis resientes. En calquer caso moloume moito. Unha pena que non estén en Spotify (a penas hai un par de temas). Tamén sonou un tema de Manolo García, non sei se con “El último de la fila” ou non, pero que molaba moito. Nada máis que aproveitar deste 23 de Julio.

cartel-trapos-sucios-copia.jpg

Novo disco na web

Martes, 21 de Xullo de 2009

A partir de hoxe pódese escoitar o novo disco en www.trapossucios.com e este finde poñerémolos naljúns bares de Muros a vender. Tamén estarán en tendas pero a partir de 15 días ou así, eso vai máis de calma. Pouco máis que contar, que a web do jrupo está renovada, jrasias a Manel, que nos axudou unha ves máis coas nosas movidas. Está un tempo asqueroso, estou cansado e mañá hai que tirar pa Arteixo despois de salir de traballar, así que non me vou enredar máis. Penso que mañá imos a tocar baixo ajua.

Metín máis fotos do consierto na sala Nasa, están na páxina que hai sobre eso no menú lateral.

Absurdo

Luns, 20 de Xullo de 2009

Existes mentras sexas recordado. De forma póstuma o énfase é maior e os sentimentos que aljén poida sentir por ti por fin son reconocidos. E desta forma florece o arrepentimento. Hai aljo que fai que sexamos o contrario do que soñamos, que pechemos as nosas vidas e dirixamos as nosas horas a cousas moi dispares de aquelo que de verdade queremos. Somos a definisión do absurdo, e resulta increíble co ejoístas que somos, que así se repita persona tras persona, independientemente do lujar e da cultura. Debe de ser que nos justa vivir cun dolor no peito.

Concerto na praia do Ézaro o 01/08/09

Domingo, 19 de Xullo de 2009

Tocamos o 1 de Agosto na praia do Ézaro nun festival. Creo que tocan tamén “A banda dos denunciados” e non sei cal é o outro jrupo. Ten boa pinta, un consierto na plaia sempre mola, esperemos que o tempo acompañe.

Este finde estivo de puta madre, estes últimos sábados están sendo os mellores desde fai moito tempo. Estou felís.

Vísperas do Carme

Mércores, 15 de Xullo de 2009

Aínda tou medio atontado, despertei fai nada da “siesta”. Ahora tou metido na cama pero despois salirei ata Muros, xa que mañá non traballo e hai que aproveitalo. Ando aljo ajobiado, o meu folio de cousas pendentes rebosa e ten a tachadeira pouco firme, máis ben escribo cada día un novo rollo. A ver se mañá fajo aljo. Non teño moitas janas de festa, prefería que fose sábado, pois hoxe está todo mundo fóra e os que están aquí, moitos traballan mañá.

Salida en medios

Martes, 14 de Xullo de 2009

Hoxe foi un desos días nos que pasan cousas pouco frecuentes. Sacaron un artículo na Voz de Galicia sobre o novo disco, que se pode ler tamén en internet aquí e ademáis salen un par de fotos nosas na projramasión das actividades de verán que orjanisa a USC en Muros, que se pode ver en Programa USC Muros 09.

Pola tarde siesta, con Pedro un pouco e despois paseo polo Ancoradoiro. Contento de aprobar todas, xa saliron as notas, así que xa vou para cuarto. É o primeiro verán que non teño que estudiar desde que acabei o bachiller.

Tamén aljo sensible por eso de estar no Ancoradoiro vendo as olas escachar, sentindo o vento, vendo a posta de sol e con todas as miserias da miña vida rondando pola cabesa. Sólo hai unha e o tempo vai pechándonos as portas. Eu espero aljo máis dela. Ademáis pouco a pouco vou sabendo o que quero.

Trapos Sucios

Próxima parada, Arteixo

Luns, 13 de Xullo de 2009

Menudo día, de casualidade acabei axudándolle a Pedro a coller as patatas cuns familiares, traballamos ajodelo. Ahora tou na cama sinco minutiños antes de durmir, que mañá as 6 en pé. Imos tocar o día 22 en Arteixo por janas o concurso de rock da deputasión do ano pasado. Kaio, que está lesionada, fará coros, non imos tocar sen el, eso non mola. Despois tocaremos en Carnota, no Castelo Rock, no Muiño, no Asaghieiras Master Festival e no que vaia saíndo despois deste bache. A durmir.

Xa fai un ano

Sábado, 11 de Xullo de 2009

Hoxe non é un día deses que se recordan con alejría. Fai un ano morreron Jano e Naso nun acsidente na Serra de Outes cando ían para traballar. Sempre serán recordados por todos aqueles que os conosíamos, sumándose a outros tantos que tamén nos deixaron desjrasiadamente.

Moita xente prejúntame porque non tocamos o pasado jueves. Kaio rompeu un dedo e ten o braso escaiolado. Non imos canselar todos os consiertos do verán, imos preparar o consierto sen a súa jitarra, el faría coros, non imos tocar sen el. Se todo esto non nos collese de imprevisto non canselaríamos o consiertos deste jueves, fixémolo porque non nos deu tempo a adaptarnos. Imos tocar en Arteixo o día 22. Deixo unha foto en Sanxenxo esta semana.

Trapos Sucios en Verán Verán

Cancelado concerto do xoves

Domingo, 5 de Xullo de 2009

Cancelado o concerto no IX encontro de embarcacións tradicionais por motivos de saúde.

De santo en santo

Mércores, 1 de Xullo de 2009

Bastantes días de ausencia. Xa en verán, o tempo non. Corazón blando, subindo ata o máis alto, en plan inverso. Non podo falar do curso porque aínda non teño todos os resultados, moi contento por aprobar xa aljunha coa que non contaba, non collo na cuncha. Ademáis empesei a traballar e estou moi contento, creo que non me vai dar tempo a pensar en todo o que podería faser e non fajo, eso é bo, sobre todo cando se tivese todo o tempo libre tampouco faría. Consuelo de tonto.

Musicalmente falando, contento porque xa acabamos coa jravasión do disco. De feito mañá imos masterizalo nun estudio e a ver que tal queda o resultado. Contento porque supón un paso adiante, non sufisiente, pero como non temos que darlle contas a ninguén pois xenial, aí quedara, para quen queira escoitar as nosas cruderías. Son 12 cansións e o orde en prinsipio é o sijiente:

1-Impotencia
2-Mosquita muerta
3-Estre la espada y la pared
4-Siempre de frente
5-Laura
6-Los mierdas
7-Buenos días conciencia
8-Rompiendo recuerdos
9-La justicia
10-Con el agua al cuello
11-Obligado a caminar
12-Un nuevo día

Por serto, vaise titular “Con el agua al cuello” e terémolo listo en 15 días aproximadamente. Vaise distribuir en distintas tendas de Galicia, poderase escoitar na web, en Spotify (esto vai tardar aljo máis). Tamén comprarse por internet etc… pero non teño moita idea de todo eso aínda. Cando teña toda informasión e sendo serta ao sen por sen pois hei de deixala aquí.

Finalmente, antes de apajar a lus e proceder ao eterno descanso do dia 1 de Xullo, quería deixar o link ao flickr de Benirroxo, teño fotos del nun apartado da web e creo que vale a pena botarlle un ollo ás fotos que el saca. Porque están de puta madre, porque reflexan a nosa realidade máis sercana, sobre todo a nosa paisaxe. Podes ir desde aquí.

¿Por que de santo en santo? Porque pasou o San Juan e o San Pedro, visto e non visto, máis floxos que outros anos, máis interesantes, peores, mellores, en calquer caso únicos. Son indicio de que empesa o verán e espero que a xente aproveite o tempo das vacasións para faser aquelas cousas que lles mola. Para ler a quel libro que durante o curso non puido, de escoitar aquel disco, faser aquel viaxe. Ocupar o tempo como máis nos mole. Non sei cal será o medio, pero justaríame divertirme e aprender, non me importa sobre que.