Hoxe salo a noite para Barcelona desde Alvedro, xa están alá Germán, Juno, Tararo e moitos máis de Muros. Non teño medo a voar pero desta ves non me fai jrasia ningunha. Se todo sae ben van a ser uns días inolvidables.
Arquivo de Marzo de 2009
Barcelona
Luns, 30 de Marzo de 2009Vídeos do concerto na sala Joaquín Sabina TAF
Luns, 23 de Marzo de 2009Subín os vídeos do consierto na sala Joaquín Sabina en Madrid o pasado día 14. Non se ve nin se escoita moi ben pero aquí quedan para quen queira botarlle un ollo. Os temas que sonan son “Rompiendo recuerdos”, un tema que non está jravado, “¿Por qué?”, “Obligado a caminar” e “Siempre de frente” (que sae cortada case ao prinsipio).
Novas fotos engadidas
Sábado, 21 de Marzo de 2009Ola, aproveitei ahora este tempo para meter as fotos dos consiertos en León e Madrid e tamén do San Pepe na Coruña. Fáltame por subir o consierto de Madrid a Youtube porque me está costando pasalo de DVD a DivX porque xa fai tempo que non o fajo. Tamén me falta por meter as fotos na web do jrupo, a ver se nestos días fajo todo o que me queda pero ando aljo liado coa jravasión do disco e aínda tiña que mirar aljunha cousa da carreira. Os álbumes engadidos están na columna dereita.
Semana pequeniña
Martes, 17 de Marzo de 2009Estou en clase de ECMII, terei que ser breve porque empesaremos a dar a clase. Este finde en León e Madrid todo foi de marabilla, pasámolo genial. Teño bastantes fotos e cando baixe a Muros intentarei subir aquí unhas poucas, e tamén metelas na web do jrupo. Tamén hai un vídeo do consierto de Madrid, que non se escoita moi ben pero, se hai aljo que vala a pena hei de subilo.
Tributo aos Miúdos
Venres, 13 de Marzo de 2009Javi, Perero, Cris, Je e Charlie están jravando aljúns dos temas máis míticos dos Miúdos, un dos jrupos clásicos da historia musical muradana. Eran de Louro e eu recordo de velos cando eu era moi pequeno nas festas da Magdalena. Teñen jravado un CD tocando na plaza do concello. Está tamén jravado en vídeo, tiña Kaio unha copia e ahora debe de estar pola casa de Pedro, teño que falar con el para recuperala porque senón imos acabar perdéndoa.
O conto é que están os vídeos destos temas de tributo aos Miúdos en Youtube e quería deixalos aquí porque eu penso que foi un jrupo moi digno e ahora que aljén quixo faserlles un tributo pois que menos que escoitalo.
Bruce Springsteen
Xoves, 12 de Marzo de 2009Hoxe saíron entradas para ver a Bruce Springsteen no monte do Gozo en Santiajo. Saíron polo menos 30000 entradas polo que escoitei, sejuramente aljunha máis. Tiven sorte e collín entrada. Así que o 2 de Ajosto alí estaremos escoitando ao Boss. Creo que non se poden perder oportunidades así, vale a pena. Quédanme contas pendientes. Sobre todo U2, Radiohead e Coldplay. E de jrupos españoles tamén teño aljunha conta pendente aínda que o que máis deseei xa o teño cumplido, que foi ver a Extremoduro (e por riba 2 veses).
Por esta semana xa acabei as clases. Hoxe toca relax, preparar a mochila para marchar mañá para León e Madrid, dar un paseo, repasar a lista de temas, falar coa familia e descansar. Sei que este finde o vou pasar increiblemente ben pero tamén sei que Domingo a noite o piso estará vasío e deitareime indiferente. Pero é aljo positivo porque para eso temos a memoria, para recordar, e todo o que vaiamos acumulando sírvenos para cando as cousas non son de color de rosa. A min de momento a vida xa me deu máis do que nesesitaba e sei que, quitando sertas preocupasións, xa tiven todo para ser felís. Ahora tócalle a outra persona disfrutar o que disfrutei eu, ou eso paréseme o máis xusto.
San Pepe 2009
Martes, 10 de Marzo de 2009O vindeiro 18 de Marzo celébrase o patrón da facultade de informática da Coruña. Vai ser un festón e deixo aquí o cartel para que vexades todo o que están orjanisando os chavales do Paso de Ecuador (compañeiros de clase moitos). Teñen unha web onde se explica máis detalladamente todo o que se vai faser, podedes acceder a través de http://www.sanpepe.org
Xa me tarda en chejar porque ese día é o cumpleanos de Pedro e van vir Javi Colina máis el a selebralo a Coruña e imos pasalo de puta madre porque hai consiertos ajodelos e sempre se xunta moitísima xente.
Ver o cartel en boa resolución
Fe de erratas: tamén o orjanisa a Delegación de Alumnos (jrasias Fer por avisar)
Saturday Night
Domingo, 8 de Marzo de 2009Acabo de chejar a casa. Hoxe non salo, non son capás. Onte de imprevisto salimos de festa Jesús, Pedro, Javi do Mariñeiro, Joaquín etc… Tomamos aljo en Gabino, despois no Xeixo, no Muiño, empanada en Ignacio e risas mundiales. Entrei pola porta da casa as 7 da mañá. Increíble para ser un viernes. E as 10 da mañá levanteime para ir ensaiar. Así que, en consecuensia, hoxe toca descansar, non me quedan forsas nin janas de máis festa. Ademáis mañá vou a Ferrol de visita familiar e hai que estar descansado.
Deixo un vídeo que me pasaron, feito por Anxo de Serres e Jorge, o irmán de Jana. Póñoo aquí porque me escojoneu de risa, botádelle un ollo.
Boas notisias
Venres, 6 de Marzo de 2009Hoxe por fin saiu a nota que me faltaba, TALF. Aprobei as seis asignaturas do primeiro cuatrimestre e estou contentísimo porque ahora podo sentrarme neste sejundo cuatrimestre sen o ajobio de ir arrastrando xa aljunha. Vou ir para cama xa pero antes apetesíame pasar un pouco por aquí. Dentro dunha semana a estas horas estarei tocando en León e ao día sijiente en Madrid. Sei que nunca chejaremos lonxe pero o meu soño non fracasa porque todos os momentos vividos desde os 14 anos que empesei a tocar polos pubs de Muros (Meigallo, Discoteca, Xeixo, Muiño…) foron un pleno absoluto. Conoso os meus límites e a miña flaquesa como artista pero creo que a música non hai que abordala desde a comparasión senón sentrar a atensión no que podemos ofreser os jrupos, que só son cansións.
Non sei se lle pasa a todo o mundo pero desde fai xa ben tempo veño sufrindo dunha sensasión de monotonía na miña vida. Creo que teño que quedar a durmir cos auriculares postos máis veses. Deixo aquí unha foto que saquei esta semana, nun deses infinitos momentos de mirar pola ventana e fijarse na xente que vai e ven da estasión de tren. Para min significa moito a estasión de tren. Tráeme recordos dun momento mellor, ou que se converteu en mellor cando xa acabou. Non o sei, non me importa nin quero prolongar o significado do símbolo. Prefiero observalo, cousa que este ano teño máis fásil que nunca.
En mellor resolusión: Estasión de tren
Python
Mércores, 4 de Marzo de 2009Este cuatrimestre teño unha optativa que se chama “Interfaces de Usuario”. Nela estudiase como faser interfaces para projramas e tamén interfaces web que ahora utilísanse moito. O rollo é que imos usar a linguaxe de programación Python na asignatura e ninguén nos vai enseñar a usala porque está a moi alto nivel e xa aprendemos uns cuantos máis como Pascal, C, Java, Caml, Fortran… así que non nos debería de costar moito. Eu collín un libro na biblioteca pero resulta pesadísimo de leer, naljunhas cousas párase moito e non o recomendo para informarse ben da sintaxe e un pouco da filosofía de Python.
Sen embarjo, pasoume David, un compañeiro meu, un tutorial en PDF para aprender Python, escrito por Raúl González Duque que está increible. Estiveno leendo esta tarde e é moi claro, incluso está ben para quen aprenda por primeira ves unha linguaxe de programación e lle tocase estrenarse con Python. Ademáis está en lisensia Creative Commons e pódedes faser con el o que vos pete. Podedes descarjalo en http://mundogeek.net/tutorial-python/
Primavera
Luns, 2 de Marzo de 2009Onte houbo elecsións autonómicas e volve o PP a jobernar Galicia, a ver se sijen preocupándose pola cultura tanto como o fixo o bipartito, sobre todo pensando que o ano 2010 é ano Xacobeo (aínda non sona moito nos medios, é raro). Eu esperaba que o bipartito ajuantase outros 4 anos porque penso que a cousa non foi mal pero non foi sufisiente, os resultados falan por sí sólos. Estos días está un tempo estupendo, parese que xa se vai acabando o frío inverno e ahora aquí no piso estou bastante máis a justo. Empesei as clases e teño que defender miércoles a práctica de MT (de paso dinnos a nota). Estos meses teño un horario boísimo, moito máis suave que o do cuatrimeste pasado. De feito, vou baixar moitos jueves xa para Muros.
Ultimamente non teño moito que contar, non andiven moito por aí, máis ben estiven apousado. Deixo unha foto con Pedro e Javi o sábado. Non saín pero estiven con eles unha hora de cháchara.










