Onte empesamos o 2º cuatrimestre. As asignaturas ata Xuño van ser: Estadística II (EstII), Estrutura de Computadores II (EcmII), Sistemas Operativos II (SOII), Interfaces de Usuario (IU) e Organización, Admisitración e Finanzas (OAF). As troncais deste cuatrimestre (EcmII, SOII e EstII) penso que son moito máis difísiles que as do cuatrimestre pasado. Das notas de Febreiro aínda non saíron TALF nin MT (MT dánnolas o 4 de Marzo despois de defender unha práctica que aínda estou empesando… que ajobio). O mellor deste cuatrimestre vai ser que teño unha asignatura menos, non vou ter clases os viernes (faltando a OAF unha hora as 8 da tarde ou aljo así) e xa fai mellor tempo, así que está o ambiente máis animado.
Hoxe baixo pa Muros xa e onte vin “Salvad al soldado Ryan”. Como podedes ver estoume dedicando a ver jrandes clásicos do sine, intentando recuperar o tempo perdido. Despois da peli estiven bastante rallado, dándolle voltas ao coco pero hoxe xa me levantei moito máis animado. Deixo unha foto de carnavales e a ver se subo aquí as fotos de carnavales nuns días.





