Registreime no Tuenti. A curiosidade puido máis que min. Todo dios a falar do tuenti e cada ves que falaban e eu non me enteraba creo que me salía unha cana. Ahora que teño o pelo blanco e arrepentido de defender os ideales estou no Tuenti e descubrín que está de puta madre para encontrar fotos túas doutra xente e pasar as horas mortas.
Arquivo de Xaneiro de 2009
Tuenti
Venres, 30 de Xaneiro de 2009Mañán ijual xa é tarde
Xoves, 29 de Xaneiro de 2009O tempo pasa e, ademáis, moi rápido. Síntome ijual que fai anos pero a vida é máis complicada. Non é peor pero tes máis responsabilidades ao ir vendo cales son os deberes de cada un. E ademáis ves que outros vanse fasendo vellos tamén e iremos a peor, ata depender dos demáis. E esto todo transforma a ilusión en rutina ao non chejarche o tempo para cumplir coa metade dos soños que temos. Nin sequera dá o tempo para soñar.
Pero tampouco é todo malo porque vas perfecsionando o consepto de tempo e melloras o seu uso. Como imos pasando por distintas etapas vai ser mellor exprimir ao máximo cada unha pois senón entre mirar para atrás, arrepentirse e recordar pode ser que nin sequera nos deamos de conta e que o noso tempo xa acabe. Se estamos felises o paso do tempo é bastante leve, hasta te podes faser amijo del. Sen embarjo, quen busca outra situasión ten que apurar ao máximo, porque a medida que pasa o tempo o cambio é máis complicado. En esto de ser felís non existe un siclo, porque o tempo é tan xusto que non dá tempo enjanchar o prinsipio co final. Nos sentimentos sí que hai siclos e podes estar no final coa sensasión de non ter feito nada como no prinsipio e estar no prinsipio coa sensasión de que xa é o final. Curioso elemento.
Días de chuvia
Mércores, 28 de Xaneiro de 2009Xa levo uns cantos días por Muros, aínda que a penas saín da casa. Máis relajado imposible, non teño que ir a clase, nin faser de comer nin nada de nada, só teño que estudiar. Hoxe leva aquí todo o día Leire, así que, ¿de que me vou a queixar? Creo que en menos dun mes xa camiña porque ajarrándoa minimamente por unha man xa anda wai. Ahora estudiarei un pouco de IO e despois irei ata o insti a xunta os colegas. Se ven mellor tempo hei de chamar a Lucas para ir ás luras. Vou estar tres semanas aquí e teño pensado disfrutalas. Aínda que teña que pasarme o día na casa sempre hei de preparar unha hora ou dúas de faer aljo por aí durante a semana e os findes aproveitareinos como se non houbese exames case, ensaiar, ir tomar aljo etc… Eso sí, non podo saír de marcha para mirar aljo polas noites (e empesar a práctica de MT que hai que entrejar no 2º cuatrimestre).
Estos días estou co ordenador da casa co Ares todo o día porque estou baixando documentales para meu tio Julio. Tamén estou aljo metido en Youtube mirando vídeos do minueto en G maior de Bach, tráeme moitísimos recordos e a ver se o aprendo dunha ves por todas. Os recordos son de cando era pequeno e iba a clases de música, que o sacáramos en versión fásil con Luís. Non é para nada complicado a verdade e creo que xa é hora de que o aprenda. ¿Nótase que estou moi aburrido? Por eso de escribir todas as tonterías que se me pasan pola cabesa. Por serto, o 2 de Agosto Bruce Springteen no Monte do Gozo e se non me equivoco coinside co Castelo Rock 2009 que supoño que será o día 1 e 2. A ver se parou de chover para aquela.
Minapolaris
Xoves, 22 de Xaneiro de 2009Anda como chove esta tarde aquí en Coruña. Estudiando aljo de Investigación Operativa e esperando a que amaine un pouco para ir a comprar unhas cordas de jitarra máis prejuntar por un “Kazoo”. ¿Raro verdade? Pois é un instrumento de vento que sona a chiste, a aljo que usan os pallasos ou que se escoita nos carnavales de Brasil. Parésese un pouco a un saxo. Prejunteille a Juan do Freixo por este curioso aparato porque el tiña outro día un en Nsaio e mola moito para tocar aljún tema e faser a coña cantando con eso por ensima. Máis informasión aquí sobre o elemento en cuestión. Onte descarjeime o último disco de Kertuler, podedes descarjalo de balde desde o seu Myspace aquí. Estiveno escoitando e o tema que máis me molou foi o de “Go” e a letra a de “Muñeca de cristal”. Noto que hai jitarras máis rockeras que nos outros discos, non sei se houbo cambio de jitarristas ou simplemente saíu así. Pola noite quedei para ir ao “Forum Celticum” a ver a Minapolaris, un jrupo de Coruña, podedes escoitalo no seu Myspace aquí. E se estás buscando bisutería para faserlle un rejalo a unha chavala, pois nada máis auténtico que sea feita a man, nesta web unha chavala de Ourense pon os seus diseños que se poden comprar falando con ela polo mail. See you soon
Nsaio Xeral
Sábado, 17 de Xaneiro de 2009Acabamos de chejar do I.E.S. Rosalía de Castro, da reunión de jrupos emerxentes. Fixemos todos os jrupos inscritos o casting e ahora esperar 15 días a que dijan o resultado, a ver se lle justamos ao xurado e nos dan un consierto aínda que o vemos difísil. Está Javi duchándose e Pedro coa mosa así que aproveitei para escribir ahora que non teño nada que faser. Dentro dunha horiña imos volver para alí porque hai consierto, toca Ruxe Ruxe, EquilibrioH etc… Para acabar o día saliremos por Santiajo e mañá xa teño que volver para Coruña, á rutina. Está sendo un fin de semana diferente. Ah¡ Jravamos para a tele unha pequena entrevista que emitirán no projrama de música que van estrenar na TVG dentro dunhas semanas.
Vídeo de Rompiendo Recuerdos por Elías
Venres, 16 de Xaneiro de 2009Encontrei de casualidade este vídeo en Youtube sobre o tema “Rompiendo recuerdos”. Este tío xa fixera un vídeo sobre “Siempre de frente” pero non sei porque este escapóuseme ata hoxe. Como de costumbre, aviso aquí e métoo no apartado de vídeos do jrupo. Estou na Coruña fasendo tempo ata a hora de ir para Santiajo (estudiarei aljo) xa que mañá é o Nsaio Xeral. A ver se nos sae ben o casting e consejimos aljún consierto. Dentro duns días poñeremos informasión sobre un consierto que temos confirmado o 14 de Marzo na sala Joaquín Sabina TAF (Madrid), poñeremos o horario, os jrupos cos que tocamos, que xa están confirmados tamén, e todos os detalles. Sejuramente haxa aljún consierto máis nestos meses pero non creo que sexan moitos tampouco. De todos os xeitos cos poucos que sean e a jravasión do disco estamos máis que ocupados.
Recibir as noticias de Trapos Sucios no e-mail
Xoves, 15 de Xaneiro de 2009Fixemos unha lista de correo para o jrupo. ¿En que consiste? Quen queira resibir no seu mail as notisias que vaiamos sacando no jrupo (concertos, informasión sobre o novo disco etc…) ten que enviar un mail a trapossucios@trapossucios.com co asunto “Alta”. Nós revisaremos cada par de días as novas solisitudes, darémosvos de alta e enviarémosvos un mail de confirmasión. A partir dese momento resibiredes todo o que vaiamos anunsiando. Quen queira darse de baixa debe enviar como asunto do mail “Baixa”. Un saúdo
Myspace de Trapos Sucios actualisado
Mércores, 14 de Xaneiro de 2009Creo que nunca chejei a disilo pero Jorge é un colega de Germán que nos fixo o Myspace e se porta de puta madre con nós (non é o único e temos moita suerte de que a xente se porte ben con nós). Xa o foi actualisando varias veses nos dous últimos anos pero onte deulle outros retoques. Podedes ver como quedou aquí. Tamén disir que temos preparada unha lista de correo do jrupo para que cando cheje o novo disco e os consiertos poidades apuntarvos e resibir todas as notisias. Canto a teñamos finiquitada avisaremos que hai que faser para apuntarse. Un saúdo
Martes 13
Martes, 13 de Xaneiro de 2009Mal día en teoría, na práctica todo vai ben (de momento). Xa veremos despois do exame de Chipmunk. Fai moito tempo que non escribo nada, conéctome pouco a internet ultimamente. O día 8 fixo Leire un ano, da justo vela, a punto de andar xa. Pasoume aljo curioso o outro día, Domingo íbamos Pedro, Javi máis eu a tomar un café pola tarde cando pasando no coche pola Virxe vimos a un home vello tirado no chan, temblando, sangrando e sen capás de falar… Paramos a toda leche (e pronto outros coches) para axudalo a incorporarse e chamar á ambulansia. Sejuramente se mareou e caeu porque alí tropesar non tiña onde e ao caer de frente coas jafas rachou o narís. Ao prinsipio de tanto que sangraba non víamos que era unha ferida e pensamos que a cousa era moito máis jrave. Quedei conmovido por aquelas imaxes. Hei de contar aljunha que outra cousa pronto pero ahora teño que repasar aljo e ir pa clase.
Cabalgata de Reis
Luns, 5 de Xaneiro de 2009Chejei fai nada de Santiajo que fun ao aeroporto a buscar a meu pai. Ahora quedan escasos días de vacasións, non pasaron tan rápido como outros anos, esto é bo. Hoxe a noite irei ata Gabino cos de Baño e despois iremos ata Louro, xa é o último día de festa antes de volver para Coruña, para o quinto sen asensor, o altavós da estasión que anunsia a chejada do tren (e me recorda que eu xa non o uso como antes), os autobuses rojos, as clases, as tapas en casa Encarna e todo o que ven sendo a miña rutina.
