Miles de cousas por faser e as vacasións empesan a ser máis cortas que larjas. Esto é unha marabilla, saíndo todos os días a tomar aljo, boa compañía, demasiada comida, os que teñen trimestres en ves de cuatrimestres deben ser das personas máis felises do mundo nestas fechas. E os que temos cuatrimestres casi, que non está nada mal. De todas formas hai moita menos xente que noutros anos, é unha impresión. Deixei o libro de Tolstoi na Coruña pensando que xa tiña choio demasiado, non me equivoquei. Mañá sejuramente vaia a Boiro. O día 2 toca Doomsday Clock no Xeixo escoitei. E Leire case case camiña xa, quédalle moi pouco. Quédalle aínda menos para faser o ano. Fixo moito frío estos días. Metín a pata en sertas cousas. Teño que relajarme, e senar máis suave. Como vedes estou en kaos pero contento. ¿Que disco escoitar? Como sempre perdín aljúns dos favoritos que levo no coche, desto de rejalarllos a aljén para que os escoite. Recurrín a “What’s the story morning glory” de Oasis pero boto de menos o directo de Barricada. Sen embarjo vou jrabar aljo pouco escoitado, creo que nesesito un cambio. Acaba o 2008, ¿foi un bo ano?
Arquivo de Decembro de 2008
Aleatorio
Domingo, 28 de Decembro de 2008Trapos Sucios no I Encontro de Música Emerxente
Martes, 23 de Decembro de 2008Nsaio é un projrama da Xunta para a creasión de locais de ensaio como o que está en construcsión en Muros e promosión de jrupos noveis. Ademáis ofresen a cada jrupo que se rexistre un espasio na súa web para poñer informasión do jrupo, fotos, vídeos, concertos etc… O plantexamento é moi bo. Un dos problema que ten é que a súa web funsiona bastante mal cando un jrupo vai poñer as súas cousas, está todo moi ben pensado pero aínda teñen que correxirlle bastantes fallos. O asunto é que Nsaio orjanisa o 17 de enero no I.E.S. Rosalía de Castro de Santiajo o I encontro de música emerxente, no que jrupos que formamos parte de Nsaio e empresas se reunen. Neste encontro os jrupos podemos consejir actuasións en distintos sircuitos que hai por Galicia, saídas en medios etc… As distintas empresas elixirán aos jrupos premiados a través do seu espasio de Nsaio.
Ofresen mojollón de oportunidades para os partisipantes, así que se tes un jrupo, prepara o teu espasio na súa web e vente, tes ata o 9 de enero para apuntarte. Toda a informasión está aquí. Trapos Sucios temos xa desde fai meses o noso apartado en Nsaio pero aproveitando este encontro estivemos hoxe Pedro máis eu actualisándoo un pouco, actualisando a historia, metendo fotos, vídeos e cansións (un dos fallos dos apartados dos jrupos é que está limitada a cantidade de vídeos e audio de forma que cando te sobrepasas en ves de avisarche de que estás no límite pois cómeche os primeiros que subistes e trasnadas do estilo). Pódese ver como nos quedou aquí.
Primeiro Domingo das vacasións
Domingo, 21 de Decembro de 2008Ola, xa fai uns días que non me pasa. Instalado xa en Muros, completamente felís. Viernes fomos ver a Xan Solo e botámonos unhas risas, o tío é unha espesie de cantautor cómico porque as cansións que canta falan da vida misma nun sentido absurdo. Justoume moito a verdade, todos na parte de atrás do Muiño, case sen lus, falando con el durante o consierto, moi ben. O peor de todo é que nos liamos ata as 4 e pico da mañá e o sábado as 9 xa estaba en pé para outro novo día de rock and roll, Castelo Rock Express no Cachón. Doomsday Clock estrenáronse e con moi boa aseptasión, ademáis de ser boa xente fixéronnos disfrutar a todos os que estabamos alí. Despois tocou Riff Raff que como sempre, fixo un jran consierto repasando en 2 horas cansións de ACDC. Pudemos diferensiar dúas partes no consierto, unha primeira na que tocaron cansións “menos” conosidas de ACDC e despoois unha sejunda parte de jrandes clásicos do jrupo. Entre unhas cousas e outras non saín do Cachón ata as 4 e pico, despois Louro e despois aínda fun a Esteiro. Hoxe tiven que durmir toda a tarde porque estaba reventadísimo pero ahora xa recuperado, esperando a que cheje Pedro aquí.
Concerto de Xan Solo este venres no Muiño (Louro)
Xoves, 18 de Decembro de 2008Pois este viernes hai consierto de “Xan Solo” en Louro a partir das 23:30 h. no Muiño. Estiven mirando un pouco en internet e encontrei o seu canal de youtube onde hai 3 vídeos que aínda non puden escoitar porque aquí na facultade onde estou ahora non podo usar auriculares. Podedes ver o canal aquí. Tamén encontrei o seu blog que se pode visitar aquí e onde se pode conoser un pouco máis o que fai, hai fotos, letras etc… Deixo aquí o link máis un video. Un saúdo
Concerto Suiss e Metralla o 03/01/09
Luns, 15 de Decembro de 2008Visitei a páxina de Muros e está coljado o cartel das actividades culturais destas vacasións. Deixoo aquí para quen queira velo pero eu quería destacar que vai haber un concerto o primeiro sábado do ano no cachón, orjanisado polo concello, no que actuarán Suiss e Metralla. Vai ser no pozo do Cachón a partir das 23:00.
Para ver o cartel máis jrande aínda pinchar aquí
Pazo de Mariñán
Sábado, 13 de Decembro de 2008Sábado noite, no salón da casa, aquí en Muros. Sentimentos a flor de piel, bastante frío e felisidá inmensa, eso que non estou no mellor momento da miña vida. Onte fomos aos pazo de Mariñán á entrejar de premios da deputasión da Coruña, había alí escritores, pintores, escultores, músicos e moitísima máis xente. Demos bastante espectáculo porque todo dios iba ben vestido e con comportamento impecable. Sen embarjo nós fomos tal como somos, de risas e carallada e eso acabou fasendo que despois da entreja de premios se nos arrimasen aljúns aos que lle mola a música e alí nos puxemos de parola, botándonos unhas risas. Xente moi interesante (un home que fixo unha das cansións que cantaba Almodovar, unha que disia “voume, voume….” e moitos outros que non temos nin idea de quen son) e sobre todo un home xa maior, duns 80 anos, que traballou toda a vida na agensia efe. Este señor resulta que (atendede ben a esto) veu dúas veses aos Beatles (Londres e Madrid), estivo en Woodstock, na primeira edisión do Rock in Rio e outros tantos consiertos míticos. Eu quedei flipando porque pola vida encontras xente que veu aos Guns and Roses, aos ACDC etc… pero que vira aos Beatles nunca pensei encontrar a nadie, increible. Deixo aquí un link á notisia na Voz de Galicia.
Jamendo
Venres, 12 de Decembro de 2008Ola, deixo aquí unha web, www.jamendo.com que me dixo meu tio Ajus, chea de música livre que se pode escoitar e descarjar. É moi boa idea esto de que os jrupos usemos lisensias de distribusión livre tipo Creative Commons para que a nosa música poida distribuirse máis fasilmente pola rede, porque de royalties só viven os jrandes artistas e a SGAE é unha orjanisasión moi falsa desde o meu punto de vista. Eu son sosio da SGAE e teño alí temas rexistrados pero desde lojo que estou arrepentido e justaríame prescindir dela de ahora en diante. O único que fixo a SGAE por min é vir a aljún consierto a que lle firmáramos a lista do concerto para que a tia que ten responsabilidade de ir aos shows e cubrir acta do repertorio que hai pudera marcharse sen ver o consierto. E tamén devolverme a pasta que che cobran por editar discos, claro que quedándose eles cun porcentaxe. Nada máis. Creo que a música se extingue como nejosio e é moito máis coherente rejalala para que sone e intentar vivir da venta de discos (que se pode faser en paralelo coa descarja jratuita) e dos consiertos.
Venres sen clase
Venres, 12 de Decembro de 2008Ola, tou na facultade currando nas práctica porque hoxe fáltannos os profesores das asignaturas que tiña pola mañá e podemos aproveitar para adiantar prácticas. Hoxe non baixo para Muros porque temos un acto da deputasión da Coruña nun pazo aquí en Coruña (xa direi cal é porque non o sei) polo asunto do concurso de rock. Despois sairemos a tomar aljo por aquí e xa por fin mañá para Muros, para faserlle os recados a miña nai, ver a miña sobriña, ensaiar, saír de festa e todas esas cousas que son o mellor do mellor. Non queda nada para vacasións.
Misiles e siensia
Xoves, 11 de Decembro de 2008Son moitas as clases nas que o profesor explica aljo e resulta que eso que explica é fruto de investijasións dun determinado departamento militar para unha determinada guerra etc… Ata hai nomes de asignaturas (Investigación Operativa por exemplo) que teñen que ver coa rama bélica. Isto todo demostra que se invirtiu moitísimo en investijasión militar e os resultados destas investijasións foron de jran utilidade para moitas outras cousas das que paresía que só servirían nun prinsipio. A miña dúbida é se isto cambiou e ahora os sentros de investijasións máis importantes están na universidade e en determinadas empresas ou sije sendo no ámbito militar onde máis se invirte en siensia e dentro de 100 anos estudiarase na universidade tantos resultados de investijasións militares como se fai ahora.
Últimas semanas
Martes, 9 de Decembro de 2008Xa non queda case nada para vacasións de Navida e a verdade é que teño unha lista que tende a infinito de cousas por faser pero basicamente giran alrededor de dúas cousas, os estudios e a música. Vou faser aquí un pouco unha lista das cousas que debería faser porque así queda aquí escrito e como entro bastante na web acordareime de todo o que aínda non fixen porque estou sejuro de que todo non o vou a faser.
- Empesar a práctica final de Medios de Transmisión
- Acabar o cliente de correo electrónicos para Redes e Comunicacións
- Acabar a sejunda práctica de Teoría de Autómatas e Linguaxes Formais, a do algoritmo CYK
- Estudiar un pouco de todo para os exames de febreiro
- Falar con Manel para aprender a modificar aljunhas cousas da web do jrupo
- Faser o da lista de correo para avisar das notisias do jrupo á xente que se suscriba. Sejuro que teño que molestar a Manel bastante con esto
- Actualisar a historia do jrupo coa axuda de Pedro
- Empesar un dossier actualisado do jrupo coa axuda de Pedro (consejir o Adobe Indesign para tal fin)
- Levar o amplificador a pasar unha revisión para deixalo a punto para a jrabasión
- Faser aljunha proba de son con Ginkana e Pedro.
- Faser un plano de escenario e metelo xunto ao raider actualisado. Meter todo nun PDF
Se fixera todo esto o día 8 de Enero sentiríame Dios pero supoño que me sentirei unha merda cando deixe bastantes cousas a medio faser. Estos 3 días de fin de semana que tivemos co rollo da Constitusión déronme a vida para descansar, a verdade é que desconectei mojollón, basicamente dediqueime a andar demáis e a ensaiar co jrupo. Esta semana vai ter que ser de relax á forsa, porque sijo sen portátil, aínda non mo amañaron e o Net Beans no portátil que me deixou Pedro vai a toques. Para colmo instalar Ocaml sen ter internet é unha locura polo que cando estou no piso non podo adiantar ningunha práctica.
Paseino moi ben este sábado, creo que fasía tempo que non falaba con tanta xente e me sentía tan a justo. Xente de puta madre. Eu teño aljo de complejo porque creo que non teño fama de moi boa persona perocreo que a xente que trata conmijo se da conta de que son moi simple. Tamén disir que do mellor da noite foi encontrarme co meu tio Ajus e estar os dous falando de música e escoitando a Extremoduro, Marea, Barricada, Rosendo etc…
Non todo foi bo, apareseu morto o tío de Juan do Sivil, polo que se fala debido a que os médicos non lle detectaron que quedou mal despois dun acsidente que tivo no coche. E Juan do Sivil é un colega dos de Baño, dos de toda a vida. E todos o sentimos moitísimo e todos estivemos con el. Bueno, todos non, e eso doe, porque Juan merese todo o apoio.
Fucking atascos
Martes, 2 de Decembro de 2008Alfonso Molina petado de coches, creo que está pechada a autopista Santiajo - Coruña polo que escoitei no autobús. Media hora para chejar á facultade e xa non vou á primeira clase porque é tardísimo. Onte quedei outra ves sobadísimo pola tarde, estudiei un pouco pero despois xa me entrou o sono e quedei durmido ata as sete. Despois fun xojar aos dardos e perdín as tres partidas (como sempre). Ás des vimos física o química e chejei ao piso xa á unha da mañá case pero aínda me parei a ler unhas follas de “Crime e castigo” de Dostoievski. Mólame bastante, estou aínda na primeira parte pero hai unhas descrisións e uns ambientes que molan moitísimo, nunha sosiedade en crisis invadida polo alcoholismo, pobresa, protitusión… hei de sejir léndoo nos ratos libres.
Castelo Rock Expresso: Riff Raff + Doomsday Clock
Luns, 1 de Decembro de 2008Hoxe a A.C.R.D. Praia do Castelo de Muros sacou o cartel dun consierto no Pozo do Cachón o día 20 de Disiembre, xa escribira aljo sobre esto nun post anterior pero brevemente disir que Riff Raff é un jrupo moi bo imitando a AC/DC e levan moitos anos recorrendo festivais, salas etc… e Doomsday Clock estrénase neste concerto. Deixo aquí o cartel e creo que a xente que nos mola a música debemos de faser eco na medida do posible deste consierto porque canta máis movida haxa en Muros mellor porque hai xente da ostia na nosa sona que ten moito que enseñar e ademáis cada ves hai menos ambiente en Muros e temos todos que colaborar e intentar que esto reviva.
Finalmente contar un pouco como foi este finde. Creo que foi dos máis tranquilos desde fai tempo porque non saín a nada nin viernes nin sábado, simplemente me dediquei ás miñas movidas na casa (currar para a carreira basicamente) e ensaiar o sábado a tarde e o domingo á mañá. Nos ensaios todo moi ben, sejimos fasendo temas e traballando para todo que temos pensado faser no 2009. Ningún consierto á vista pero moitas ideas. Ademáis nestas vacasións de Navidá queremos empesar a faser aljunha proba de sonido no estudio e deixar un pouco claras as conexións par ao sijiente disco. Pola miña parte quería levar o cabesal do ampli a pasar unha revisión en general para deixalo xa listo para a jravasión e no primeiro trimestre do 2009 quería ir faséndome cun par de pedales para ter nel máis ou menos o que uso ahora na pedalera, empesar a ensaiar con el e ir acostumbrándome porque quería nos próximos consiertos empesar a usalo. Onte jodéronseme os auriculares dos in-ear que viña usando desde o último ano en A media Ghasta, jódeme porque dábanseme de puta madre pero bueno, non ten maior importansia.


