Arquivo de Setembro de 2008

Engadidas novas letras

Martes, 30 de Setembro de 2008

Ola, engadín no apartado de letras as dos 4 temas da máqueta do 2008: Rompiendo Recuerdos, Siempre de Frente, Obligado a Caminar e Punteirolo pola Escuadra. Están no menú de páxinas, na columna dereita, aquí. Un saúdo

Trapos Sucios no San Rockiño o 03/10/08

Luns, 29 de Setembro de 2008

Ola, pásome por aquí para deixar a data dun concerto, quizáis sexa aljo tarde xa, porque é o vindeiro venres día 3 de Outubro no concello de Lousame, na cancha cuberta do Sanguiñal xunto a Shanga e Desalojo. Entrada de balde e o concerto empeza as 11 da noite. Deixo ademáis un par de fotos do Marfan Rock e quería tamén avisar de que quitei do canal de youtube os vídeos que non eran vídeos realmente, senón o audio do disco co logo do jrupo de fondo. Non pintan moito en youtube ahora que se pode descarjar o disco na web, en youtube a idea é meter vídeos de concertos e cousas polo estilo. Un saúdo.

german-2.jpg   charly-co-baixo-de-tararo.jpg

german.jpg   denis.jpg

Últimos días de vacasións

Xoves, 25 de Setembro de 2008

Hey, despois duns días sen moitas novidades (fasendo un cursillo de portos marítimos sobre todo) pásome por aquí. Hoxe vou deixar unha fotos daljunhas compis de traballo este verán no Gadis. Faltan aljunhas máis Jose pero deixoa ijual porque non teño aquí no PC ningunha todos xuntos. Ademáis teño a boa notisia de que aprobei a asignatura que tiña pendente cun 6 así que para a semana que ven, empeso 3º con todo limpio e estou contentísimo. A foto é do sábado do Castelo Rock. Un saúdo.

Compis do Gadis

Nunca olvidarei cando cumplín 20

Domingo, 21 de Setembro de 2008

Ola, hoxe Domingo de reflexión, dous días de concertos e vivín o mellor cumpleanos da miña vida. Xa empesou ben cando unha colega me deu unha sorpresa, despois na Pobra do Caramiñal todo flipante, falando con Charlie de Los Suaves, despois tocando “No puedo dejar el rock” con el, a emosión xa polas nubes. Pero o mellor momento foi cando estamos para empesar o último tema da noite, “Siempre de frente”, e todos os do jrupo me felisitan o cumpleanos e poñen unha camiseta de “Felicidades Denís”. Flipei da cabesa e foi todo moi ben o día do meu cumple. Todo este bo rollo sejiu onte no Asaghieiras Master Festival, proba de sonido tranquila, tempo para ir ata Gabino, ata o Mac Burguers a senar, ver aos Suiss e despois, tocar. Moloume moito o concerto de onte, bo ambiente, con janas de festa, pintando a mona… disfrutei moitísimo. Finalmente, despois de ver uns cuantos jrupos fomos descarjar todo o material e saimos a Louro. Antes de ir pa casa, as 6 da mañá fomos tomar un bocata á Dorna Germán Pedro máis eu. Despois apareseu Javi Colina e alí estivemos botándonos unhas risas. Así da justo

Víspera de concertos

Xoves, 18 de Setembro de 2008

Ola, xa fai uns días que non escribo, sobre todo porque estiven estudiando para o exame que fixen de Sistemas Operativos I, non me saiu ben para o preparado que o tiña, a ver se hai sorte pero non me extrañaría que suspendese. Onte volvín ir ao médico porque teño de novo unha infecsión na jarjanta, máis antibióticos, que por serto, son milajrosos porque xa non me doe case nada. Hoxe tarde de relax supoño, ir ata o insti, cambiar as cordas da jitarra para tocar viernes e sábado, a ver se vexo o capítulo de Física o Química do luns pasado en internet porque mo perdín e xa non creo que me dea o tempo para moito máis. Onte a noite fun tomar aljo ao Cabalo de Pedra coas miñas compañeiras do Gadis e Ginkana, xa chejei a casa tarde e despois como tiña que tomar o antibiótico as 4 da mañá pois estiven tocando a jitarra e pensando un tema para unha cansión que teño a medio faser (teño varias pero non me convensen demasiado e esta última sí que me mola). Ao deitarme tarde xa non despertei hoxe ata as dose, fun a comprar o pan, botar a quiniela de meu pai (envíama por mail desde o barco onde traballa) e ahora por fin encontrei un momento wai para escribir aljo aquí. Mañá despois de comer tiro para Pobra do Caramiñal, estou moi contento por tocar alí e ademáis é por unha boa causa, vai haber moita xente e está todo moi ben preparado pero dame aljo de pena non estar en Muros para selebrar o meu cumpleanos cos colegas, ademáis de querer ver o estreno de “Tu puta madre” como jrupo no Asaghieiras Master Festival e ver a “Código Gamba” despois de tanto tempo. De todas formas, na Pobra vai ser un festón e vai haber un bo rollo da ostia, sejuro. Un saúdo

Trapos Sucios no Marfan Rock

Xoves, 11 de Setembro de 2008

Xa dixen naljún post anterior que tocábamos o día 10 de Setiembro na Pobra do Caramiñal. Hoxe envioume Pedro A. o cartel por mail e aproveito pa deixalo aquí porque nel está a informasión do sitio, jrupos, acampada, presios, apertura de portas… en fin, todo. Eu sijo estudiando para o exame do día 16, estame costando e a ver se safo… Un saúdo

Marfan Rock

Rede Galega de Música ao Vivo

Mércores, 10 de Setembro de 2008

Xa está aberto o prazo de inscrición para a Rede Galega de Música ao Vivo. Esto funsiona máis ou menos da sijiente forma: apúntanse salas, apúntanse jrupos, as salas elixen a uns cuantos jrupos. Os jrupos que máis salas apostaron por eles entran nun sircuito de actuasións por toda Jalisia, onde a Xunta encárjase dunha parte da pasta que cobran os jrupos e a outra parte pona cada sala onde se toca. Parese bastante complicado ser un selecsionado, sobre todo os jrupos que somos máis rockeiros, porque penso que as salas buscan máis ben jrupos que fajan unha música máis cómoda dentro dun local (esto inventomo eu coa única informasión de ir fai un par de anos con Juno a unha sala destas do sircuito e ver a un jrupo que fasía música en plan jazz/soul). Pois eso, se aljún que teña un jrupo o lee, que sepa que se pode informar e apuntar en www.galescena.info

Trapos Sucios nos billetes de 10€

Mércores, 10 de Setembro de 2008

Ola, hoxe visitei o myspace do jrupo e resulta que un jrupo de Rianxo que se chama E.K.O.S. firmáronnos porque disque encontraron nun billete de des euros a direcsión da nosa web. Escojónome, nunca se me ocurriría faser aljo así pero anda que non é unha forma de publisidade boa… coméntoo como anécdota, fíxome jrasia. Por serto, o myspace de E.K.O.S. é http://www.myspace.com/ekosonline

Studying hard

Mércores, 10 de Setembro de 2008

Ola, xa fai bastante que non me paso. Teño esto bastante abandonado porque teño exame o día 16 da asignatura que me quedou pa Setembro, Sistemas Operativos I. Despois temos concerto o día 19 na Pobra do Caramiñal xunto a Jabon Blue, Desalojo e non sei se algún grupo máis a verdade e o día 20 en Lariño no Asaghieiras Master Festival. Cando empese o curso, xa en Coruña, retomarei a web con máis calma. Por serto, fai uns días renovei o servisio de hosting e dominio da web, xa levo máis dun ano coa web. Un saúdo