Arquivo de Agosto de 2008

Fotos e vídeos dos concertos de verán

Martes, 26 de Agosto de 2008

Ola, metemos na galería da nosa web www.trapossucios.com as fotos do Castelo Rock 2008 e do I Concurso de Rock da Deputación da Coruña. Tamén están metidas nesta web, no menu da dereita podedes acceder a elas. Ademáis, temos 3 vídeos en youtube destos concertos e hai algúns máis de xente que os foi subindo. Os que nos subimos están en www.youtube.es/denislamela e pronto os meteremos na sección multimedia da web do grupo.

Xa fai tempo abondo que non actualisaba, pero entre festas, ensaiar, traballar e estudiar non me queda moito tempo libre. Un saúdo¡¡¡

Castelo Rock 2008

Canto tempo

Venres, 15 de Agosto de 2008

Ola¡ Xa fai moitos días que non me paso por aquí e hoxe vai ser tamén unha cousa rápida. Teño en mente meter aquí fotos do Castelo Rock 2008 máis do I Concurso de Rock da Deputación da Coruña, nun mesmo apartado, pero non vou disir fechas porque xa me conoso e acabarei fasendoo sejuro que tarde, mal e arrastro, como sempre. Ademáis, estos días ando aljo ajobiado co tema da asignatura que teño pa Setembro, teño que empesar a estudiar aljo e tamén a pensar un pouco as optativas que vou coller o ano que ven e bla bla bla. Sen máis, deixo aquí unha foto do jrupo tocando o día do concurso, que janamos ademáis :) Unha aperta.

TPSC no I Concurso da Deputación da Coruña

O concerto máis tarde do mundo

Domingo, 3 de Agosto de 2008

Ola, estou metido na cama, roto. Onte tocamos no festival de Broña serrando o festival, as sete e media da mañá empesamos a tocar, deitámonos ás des da mañá e levanteime as dúas da tarde para ir comer a Louro que como son as festas do Carmen tiñamos comida familiar. Foron 28 horas desperto e 4 durmindo nada máis, por eso estou ahora xa metido na cama, porque senón mañá cando me levante pa currar vou alusinar. O concerto non foi dos mellores porque estábamos cansadísimos e eso nótase. De todos os xeitos había bastante xente para a hora que era, alí non teñen sono. Pouco máis que contar por hoxe.