A Banda Potemkin, Skándalo GZ, Boy Elliott, Trapos sucios, Roger de Flor e Sínefres somos os finalistas da edisión 2008. Ahora vaise elexir a dous janadores creo, un mediante votos e outro mediante o xurado. Toda a informasión está nesta web.

A Banda Potemkin, Skándalo GZ, Boy Elliott, Trapos sucios, Roger de Flor e Sínefres somos os finalistas da edisión 2008. Ahora vaise elexir a dous janadores creo, un mediante votos e outro mediante o xurado. Toda a informasión está nesta web.

Xa están firmadas as actas das asignaturas deste cuatrimestre. Aprobei todas do 2º cuatrimestre pero quedoume unha do 1º. Estou felís porque me parese imposible que aprobase aljunhas, unha para setembro creo que está máis que ben e terseiro parese moi difísil porque son máis créditos a cubrir e veñen sejundas partes de asignaturas que me costou moito aprobar como Estatística II, Estrutura de Computadores II ou Sistemas Operativos II. Ao final as notas deste ano son:
Bases de Datos I - 5.6
Tecnoloxía da Programación - 9.3
Sistemas Operativos I - 4
Computación Numérica - 7.8
Metodoloxía da Programación - 9
Algoritmos - 9.2
Programación Declarativa - 9.3
Estrutura de Computadores I - 5.8
Sistemas Conexionistas - 9
Inglés Técnico - 9.5
Técnicas Operativas de Xestión - 9
Ola, acabo de ver un vídeo que fixo un chaval de Esteiro cun dos nosos temas novos, “Siempre de Frente”. Ajradeserlle a Ruso de Esteiro que se molestase en faselo e dexioo aquí para que o vexa quen queira, a min faime moita jrasia cando aparese GARRAFONE máis EINSTEIN. Recordar que hoxe en Estudio 3 de Radio Galega música vai estar a A.C.R.D. Praia do Castelo presentado o festival Castelo Rock 2008. Un saúdo
Estou en verán, en vacasións… canto pajaría eu por estar onde estou neste momento fai uns meses. Creía que a miña cabesa estaba atrapada entre a vida e a tontería, presa pola inersia da vida que eu tiña montada e, de repente, sinto que volven as ideas a sircular a toda velosidá dentro de min. Quizás xa non me quede encanto e teña mil enemijos máis pero ahora non me quedan complexos e encóntrome conmijo mesmo. Sei que estou entre os 100 mellores sitios onde podía estar, estudiando, cos colegas, co jrupo, sen mosa, sei que este momento ten que durar, sei que hai xente caralluda en todos os rincóns de Jalisia, sei que hai máis vida que aquela a que tendemos cando imos vellos. Seino ahora, xusto a tempo, casi tarde, seino e amárrome a este coñesemento como se fose eu Colón que chejou a América, que absurda comparasión pero… dentro de cada un a tontería máis jrande do mundo pode ser comparable ao máis importante da historia das nosas vidas. ¿Ou acaso non morren todos os días personas que consideramos ijuales en dereitos e deberes que nós e nin se quera nos enteremos pero se lle sucede a un colega poñémonos triste e botámolos de menos? Aquí o importante é o que sinta cada un, non o que sexa importante para todos.
Mañá vai ser un día xenial, de marcha con Pedro, Javi, María e Aida. Sejuro que vale a pena. Un saúdo
Estiven visitando www.castelorock.com e econtreime cos horarios dos concertos, cousa interesante ao non estaren claros nos carteis do festival.
HORARIOS ACTUACIÓNS:
Venres, 8 de agosto:
Nao: 22h00
Jabón Blue: 23h15
LaMatumbá: 01h00
Salida Nula: 02h45
Sábado, 9 de agosto:
Kambotes: 22h00
Trapos Sucios: 23h15
Barricada: 00h30
Porretas: 03h00
Pouco máis que contar, fun traballar pola mañá e ahora estou metido na cama, vou tomar unha siesta e despois ir para a plaia que me chamou Jesús e tamén teño que levarlle a Nando o seu iPod porque me pideu que lle metese música. Por serto, o luns que ven, día 28, hai que escoitar Estudio 3 en Radio Galega Música porque van a presentar o festival Castelo Rock e darán toda a informasión sobre como van ser esos dous días de música en Muros. Un saúdo¡¡
Ola, o outro día mirando o myspace do jrupo encontreime con que aljén firmou e deixou unha imaxe que me molou moitísimo, a verda é que flipo ao ver que aljén se molestou en fasela e sexa quen sexa pois disirlle que está moi chula e ajradeserllo. Pouco máis que contar, hoxe día de plaia (un par de larjos nadando) e despois con Jesús a tomar aljo a Gabino. Ahora xa na cama de retirada total, durmir para mañá estar ao 100% pa currar.
Ola, unha nota rápida, deixo un link dunha guía bastante wai para optimizar windows XP. Podedes mirala aquí. Un saúdo
Ola, xa fai uns días que non me pasaba por aquí. Só deixar un aviso rápido, sacamos unha maqueta con 4 temas novos (”Rompiendo Recuerdos”, “Siempre de frente”, “Obligado a caminar” e “Punteirolo pola escuadra”) que rejalamos e tamén se pode descargar desde a nosa web (www.trapossucios.com) na sección Multimedia.
Ademáis fixemos camisetas para home e muller. O modelo de muller está dispoñible en dous colores, rojo e verde. De home temos dous modelos, un dispoñible en castaño e azul e outro dispoñible só en vermello. Finalmente, avisar de que fixemos sudadeiras de color azul ao estilo das camisetas de fai 3 anos, as mellores para moita xente.
Tanto a maqueta (ademáis de poder descarjarse na web) como as camisetas pódense consejir nos concertos ou contactando connosco de calquera forma (e-mail, teléfono, en persoa etc…) Un saúdo e esperamos que vos juste todo.
Ah, as camisetas costan 10 euros e as sudadeiras 15 euros.
Hoxe día de silensio e pena en todo Muros. Selebrouse o enterro de Naso e Jano e eu non son capás de quitar da cabesa os últimos recordos que teño deles. De Jano quedoume a imaxe de fai uns días coa chavala que andaba por Muros adiante e de Naso a imaxe de velo cunha camiseta nejra das que fixemos no jrupo fai 3 anos. Dame janas de chorar. Como me jode que pasase todo esto porque eran uns chavales caralludos joder.
Hoxe dous chavales de 19 anos de Muros morreron nun acsidente de coche cando iban para traballar. A vida queimouse con eles, que máis dá se iban rápido, lento ou había aseite na carretera, a puta realidá é que ahora as súas familias están desfeitas e eles, uns chavales como moitos outros, xóvenes de todo, perderon a vida. Estamos todo Dios con malestar no corpo, nós, os chavales, os nosos pais e os nosos máis vellos, todos coa sensasión de tragedia. Ojala non lles pasara nada a Naso e Jano.
Olaaa, estou na cama porque está chovendo mogollón e non se me ocurre mellor idea que estar aquí de relax ata que cheje Ginkana de Santiajo e vaiamos mesclar os temas da maqueta, que este finde queríamos que quedase lista. Ademáis teño que ir recoller o móbil a Muros, que o tiña a arrejlar e avisáronme onte de que estaba listo. Ábreseme a boca porque co conto de ir onte a Coruña durmín unha merda e hoxe levanteime sedo para ir pa traballar. Debería de durmir e esas cousas pero ijual me poño a ver a peli de 300 tranquilamente. Unha aperta
Ola, acabo de chejar de Coruña, fomos a buscar piso na Coruña para min e miña prima Alex. O ano pasado miráramolo moi tarde e ao final quedáramonos con un que non molaba nada e ademáis estábamos cunha chavala de Noia. Este ano imos estar os dous sós, encontramos un piso wai xusto en frente da estasión de tren, saes por a porta da estasión e en frente está o noso piso
Ten 2 habitasións, 2 salas, 2 teles, 2 baños, DVD, deshumificador, estufa e bla bla bla. Non é moi novo pero está ben coidado e é do mellor que hai para estudiantes…. porque hoxe visitamos pisos que daban verdadeiro asco. Ademáis está no sitio que nós queríamos, para poder coller o tren rápido, serca do Corte Inglés, Catro Camiños, estasión de bus, urbano universitario serca, o JB onde dan tapas de puta madre, o Cacique onde se comen bocatas chachis xDDD
Estou felís, eso sí, ahora vou durmir que en 6 horas espérame outro día de traballo e non quero estar feito polvo cando me levante. Ademáis mañá ijual vou na bisi para non andar tanto en coche e faser deporte. Chau¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Ola, conecteime agora á páxina de A polo Ghit para ver que tal imos de votos e ler os comentarios que vai deixando a xente do tema co que partisipamos. Vaia discusión está montada alí, que si nos votan os da UXT (aljén puxo en coña que a UXT nós estaba votando, ironicamente, pero aljúns xa o tomaron ao pé da letra jajaja), que si somos fachas, nós que criticamos aos políticos (Que máis da), aos impostos (Bienestar social), aos que falan mal por falar da xente (Como te sientes), nós que criticamos o sistema democrático (¿Por qué?) etc…E contan miles de historias máis, nin que fósemos os Beatles do sijlo XXI.
Creo que todos os que veñen en contra de nós deberían de estar calados se en realidade queren asejurarse de que sexamos aljo insignificante, son eles os únicos que están dándonos bombo jrasias a poñernos verdes en calquera foro ou web pois sempre hai mojollón de xente que responde en contra deles e nós defenden. Así que darlle as jrasias a todos os que nós critican¡¡¡¡ Pero máis aos que nos defenden, por mereselas de verdá¡¡¡¡ Bueno marcho, máis tocar e menos falar.
Ola, xa fai uns días que non me paso por aquí. Aínda hai aljo que contar sobre estos días. A semana pasada empesei a traballar e estou moi contento porque xa teño que faser para todo o verán, entre o jrupo, traballar e estudiar non me vou aburrir nada e o importante e ter sempre a cabesa en aljún sitio, din os vellos que eles non conosían a depresión, non había tempo para eso e eu tómolles a palabra.
O viernes fun ver a Extremoduro ao multiusos do Sar, moloume mogollón, tocaron o concerto en 2 partes, 2 horas e media en total penso que foron. Eu era dos que pensaba que o Robe estaba acabado, non o sei, pero fixérono de marabilla, non era un jrupo derrotado que se xuntou para recordar vellos tempo, tocaron tremendamente e cunha enerxía e poder tremendo. Encheron o multiusos ata o último rincón, invertiron nun escenario tremendísimo que me recordou ao das jrandes producsións de jrupos internasionales como U2, Coldplay etc… (enorme escenario e potensia de lus a punta pala). Eso sí, o sábado fun pa traballar durmindo só 3 horas, saín, comín e fun para ensaiar ata as 10 e pico da noite. Lojo senei e saín de marcha a Louro e hoxe as 12 da mañá para ensaiar de novo, estou roto. Valeume a pena porque ahora voume poñer a durmir e xa mañá estou ao 100% para empesar a semana, alegría¡¡¡
Con respecto ao jrupo, temos a maquetiña xa acabada, 4 temas (Rompiendo recuerdos, Siempre de Frente, Obligado a caminar e Punteirolo pola escuadra) . Esperamos empesar o fin de semana que ven a repartila pero dependendo de que nos chejen os CD´s ou non pois ijual se retrasa outra semana. Tamén empesamos a ensaiar o directo para os consiertos do verán etc… Como me mola que vaiamos fasendo cousas e poder, cando sea vello, coller dun caixón maquetas, cd´s, fotos, vídeos para recordar e de cada recordo poder estar felís todo un día.
Vaia surprise. Na web de Rosendo está anunciado un concerto en Muros o día 10 de Ajosto, sí, despois do Castelo Rock 2008. O rollo é que hai un concurso de rock organizado pola Deputación da Coruña, e celébrase a final en Muros. Na final tocan os finalistas para elexir o ganador do concurso e ademáis toca un músico de importancia nacional, que agora xa se sabe que é Rosendo. Que pasada, Muros capital do rock, días 8 e 9 de Ajosto Castelo Rock e o día 10 concurso da Deputación con Rosendo pechando a noite. Aínda haberá aljén que se queixe¡¡¡¡
Trapos Sucios participamos nese concurso da Deputación, pero xa sería moita sorte que chegásemos á final… Un saúdo
Ola, acabo de comer e estou de repouso, vendo un concerto de Oasis. Dentro dun pouco voume duchar e ir para o estudio que estamos coa maqueta, teño que jrabar aínda case todo o que me toca. Onte jrabaron Kaio e Tararo, moi ben nos saíron as cousas e adiantamos choio. Hoxe foi o meu primeiro día traballando, bastante wai, creo que pronto lle vou coller o rollo e creo que o fixen bastante ben. Este viernes hai concerto de Extremoduro en Santiago, unha motivo máis para estar contento. Un saúdo¡¡¡