Hoxe é posiblemente o día máis importante do ano para os de Baño, o esperadisísimo día da farsa. Este ano cambio de sitio, fasémola en Anido en ves de detrás do insti novo como os últimos anos. Hoxe por a mañá fomos comprar o churrasco e os criollos, carbón, papel etc… porque este ano non imos faser sardiñas como os anteriores, co rollo de que os barcos non van traballar case disque están bastante caras e a xente prefiere carne (téñoa toda na miña nevera, como me dea á fuja podo sobrevivir 7 meses). Tamén encarjamos a bebida en Eleuterio, 216 cuartos de Estrella (botellíns de 25 cl), por se o churrasco nos sae moi salado.
Ahora a tarde iban xuntar a farsa en Anido e ir coller as caixas de servesa á tardiña. Eu estou estudiando e despois as 8 ou así, vai vir Ángel a miña casa e xa baixamos coa carne para empesar a festa. A ver se acabamos bañándonos todos e sae o día redondo, estou cheo de ilusión, quero vivir estos momentos como se fosen os últimos, porque ano tras ano imos cresendo e uns iranse, outros morreremos ou sabe dios que pasará. Hoxe, miles de recordos para ter en que pensar cando nos retiremos e seamos uns vellos con sensasión de fracaso.


