Arquivo de Maio de 2008

Local de Ensaio para grupos en Muros

Mércores, 28 de Maio de 2008

A maioría xa saberedes que están arrejlando a escola de educasión infantil que había en Baño, vai a habilitarse para jrupos de música, supoño que de todos os estilos, tanto bandas de rock/metal/pop como  de música tradisional. Hai un PDF na web de Muros que explica un pouco o rollo, aquí o deixo: Local de Ensaio en Baño

Desde a FIC

Mércores, 28 de Maio de 2008

Boas, xa fai uns días que non me paso por aquí e aproveito agora que teño unha horiña libre. Tiven clase a mañá de TOX, a penúltima xa pois o venres acabámolas, unha semana antes que o resto das asignaturas, igual que TP. Estamos mirando métodos probabilísticos de xestión de stocks.

Teño prácticas de Bases de Datos ás 15:30, a ver se lle pejamos un bo adianto á BD que estamos a faser David máis eu, temos o modelo ER pero aínda hai que pasalo a relacional, normalizar e por fin implementala en SQL, a nosa idea é deixala lista antes do día 6. Díxonos o profesor de prácticas que para diagramar o modelo ER está moi wai o “DIA”, eu estiveno probando e como sigue o estándar hai sertas cousas de como diagramos nós tal como nos enseñou nieves que non se poden facer… nós imos entregalo feito a man seguramente pero está ben saber como faselo para futuras bases de datos xa máis complicadas.

Mes de Xuño, mes de exames finais, mes de acojone total, aquí van as datas:

- Tecnoloxía da Programación: 9 de Xuño ás 10:00

- Computación Numérica: 12 de Xuño ás 16:00

- Sistemas Conexionistas: 17 de Xuño ás 16:00

- Bases de Datos: 25 de Xuño ás 16:00

- Técnicas Operativas de Xestión: 27 de Xuño ás 08:30

Vexo imposible sacar Sistemas Conexionistas e difícil Computación Numérica… Eu non quería levar máis de 2 asignaturas para Setembro pero xa teño Sistemas Operativos do 1º Cuatrimestre, este verán vou ter que aplicarme.

Bueno, non rallo máis cos estudios, hoxe as 20:30 quedei con Pepe para ir tomar aljo e a ver se despois me da tempo a ver o Internado e mirar un pouco a práctica de SC que luns xa é o exame práctico.

Telas de araña

Sábado, 24 de Maio de 2008

A las chicas guapas le gustan los chicos duros, pa´los malos vicios no pagar un duro, no les falta de nada pero no hai futuro, cabalgan en burro… (como me mola este tema de Jabon Blue)

Hoxe viernes wai, pola tarde con Jesús e Pepe tomando aljo e despois no zulo con todos. Pola noite en Gabino e ahora na cama cun dolor de pernas tremendo, nin que xojara ao fútbol¡¡¡¡

Mañá hai que levantarse sedo que teño que ir a Alvedro a coller a meu pai que cheja de China, vaia semana debeu de pasar alá… e pola noite sejuramente sala porque Pedro díxome que quería salir que Javi ten janas e os de Baño van salir todos así que tocará ir un pouco de festa, non ata moi tarde claro.

Estanse acabando as clases, alejría supostamente pero dame pánico pensar que xa veñen os exames e canta responsabilidade, non quero pasarme o verán amarjado, non quero ter máis de 3 asignaturas, non por favor¡¡¡¡¡¡¡

Manel xa meteu na web de trapos a entrevista na radio a Pedro e Germán, touna descarjando que a verdade eu aínda non a escoitei e disque está moi ben :)

Un saúdoooo

Entrevista a Trapos Sucios en Aberto por Reformas o 22/05/08

Domingo, 18 de Maio de 2008

O vindeiro xoves a partir das 16:00 h entrevistarán a Pedro A. e a Germán no programa da radio galega “Aberto por Reformas”. Contarán un pouco os plans que temos para os próximos meses. Un saúdo.

Logotipo Radio Galega

Germán na Voz de Galicia

Xoves, 15 de Maio de 2008

Ola, pois hoxe sae unha entrevista a Germán na voz de Galicia xunto a unha foto do penúltimo concerto na Sala Bumerang da Pobra do Caramiñal. Podedes ver a versión on-line da entrevista premendo aquí.

A ver se consigo a versión impresa e a poñemos no foro do grupo ou así.

Germán na Sala Bumerang

Jripe de Maio

Mércores, 14 de Maio de 2008

Non hai nada mellor que unha boa jripe, unha jripe que me acompañou o martes 13 e parese ser que tamén o mércores 14 porque non son capas de quedar a durmir e, non se me ocurreu nada mellor que poñerme a escribir aquí. O día de hoxe foi bastante tranquilo, clase de 15:30 a 19:30 pero as dúas primeiras horas foron prácticas de Computación (ás voltas con Newton_Raphson e acojonados co Spline Cúbico) e despois 2 horas de Bases de Datos aínda que a primeira hora Nieves mandounos para a aula de graos porque ela estaba nunha conferencia/debate alí sobre Boloña etc… alí nos pasamos unha hora escoitando a Valderruten e moitos outros que non coñecemos (sí que había coñecidos entre o público, ademáis de Nieves, Carlos Regueiros de TC, Penedo de SC, etc…). A min esa hora na charla foime moi útil, dinme de conta de que non teño nin idea sobre o cambio dos plans de estudos e ademáis non aprendín nada porque aquelo non era precisamente unha charla informativa senón un debate de cousas moi concretas que só eles entendían. A sejunda hora Nieves xa nos meteu na clase coa álxebra relacional, marabillosa e pouco evidente para min, sáenme mellor os modelos ER ou consultas no SQL que a álxebra relacional.

Pois nada, a ver se son capas de durmir ahora que xa enredei un pouco máis por aquí, ijual tomo outro Paracetamol. Mañá as 9 en pé para ir a TOX pola mañá e a BD máis TP pola tarde.

Por serto, que descubrín aljo moi interesante, a linguaxe funcional FAUST orientado a procesamento de audio en tempo real, pódense facer DSP´s que logo se poden traducir a C++ e así facer plugins VST e cumplir algúns dos meus soños. É moi complexo para min en principio, ando a ler unha guía de referencia que me baixei do proxecto en SourceForge, parece que todo está baseado nos Diagramas de Bloques, como se deseñases os elementos de procesado en circuitería… xa teño algo interesante que facer no tempo libre (momento utópico) ademáis de ler “La escuela del mundo al revés” de Eduardo Galeano que me regalou un bo amigo xa fai uns meses e que o teño na mesiña de noite en Muros para algunhas noites follear un pouco.

Boas noites

A nós non nos apetese tomar a siesta

Luns, 12 de Maio de 2008

É domingo e tou na cama xa… pero n me entra o sono, tou aljo ajobiado. O primeiro que teño que faser esta semana é comprar a entrada para ver a EXTREMODURO o día 23 no multiusos do Sar en Santiajo, levo toda a vida querendo velos en directo e por fin vai a poder ser, o disco de Agila é para min a ostia de importante, posiblemente o meu disco favorito de rock español.

Repecto á carreira, esta semana David máis eu deberíamos:

- Acabar a práctica de TOX para pasala o fin de semana

- Acabar de introdusir o JML ao Minibank para entrejalo xoves ou así

- Acabar a P2 de Sistemas Conexionistas

Por serto, o sábado o noso querido vesiño de Serres, volveunos a chamar á polisía como case todos os findes de semana. Fai un par deles atrancounos os camiños para saír de Serres co seu coche máis o da muller. Unha joya de familia esta que non soportan que toquemos os sábados de 5 a 9 e os domingos da 1 as 2 da tarde.

E sertos polisías de Muros son bastante desajradables a verdade, se lle queres explicar calquera cousa non che poden escoitar, só saben disir: “Se tes aljunha queixa fai unha denuncia a min non me enseñes nada”. Creo que había que exijir ter un mínimo de educasión para poder ser polisía, e aínda que aljúns sean boa xente, outros é mellor pensar que non existen.

O noso hobby é a música, e non somos delincuentes, dedicámoslle horas a tocar e invertimos no noso local de ensaio todo canto podemos, xa o temos insonorisado pero está claro que non é ningunha marabilla e síjese sentindo desde fóra, moito menos que calquera outro jrupo que toca por Muros, que non teñen nada insonorisado, pero tampouco teñen unha familia tan pouco rasonable serca para amarjarlles o fin de semana tan esperado para poder reunirte cos colegas e faser un pouco de música (o noso vesiño tamén fai música, pero de pico e pala ata os Domingos se fai falta, a súa cultura é a da pedra, pero non os petroglifos senón a de faser paredes para serrar a casa).

O noso vesiño 1

O noso vesiño 2

Pasámolo White

Sábado, 10 de Maio de 2008

Hoxe xornada de reflexión, onte tocamos en Noia, na discoteca Cus-Cus, o último concerto que tiñamos previsto. Estivo de marabilla, quisás entre o de Bueu, Pobra do Caramiñal e Noia me quede con este último, e eso que foi no que máis problemas tivemos co son, que se non é por Ginkana non sei como iamos a safar, porque os que alquilaban o equipo non se enteraban de moita cousa. Ginkana ao poder. Eso sí, a xente enrollouse moi ben, cabe mensionar a todo dios de Muros que viu a vernos, espesialmente a Piti, que falou de nós nun periódico deportivo (xoja moi ben ao fútbol), a ver se poño o recorte un día por aquí, está simpático.

Ahora miles de plans na cabesa, supoño que non imos a sacar disco ata finais de ano ou primeiros de 2009 pero estamos traballando en novos temas xa e queriamos sacar sobre mediados de Xullo uns temas novos en CD, para mover por aí, xunto co videoclip de Tiempos Perdidos que xa leva jrabado meses pero estano montando e esas cousas.

Dos dous últimos consiertos hai fotos, as da Pobra tenas Ginkana e as de Noia quedou un chaval en enviárnolas ao mail do jrupo, habemos de poñelas na web do jrupo.

Ah¡ Jran sorpresa onte ao ver no consierto a Ramon da Costa, Ángel e Brais do Rolo, o colega de Montes, María de Rianxo etc… cando menos o esperas encontraste coa xente que se lle quere ben :)