Arquivo de Abril de 2008

Desde a cama

Luns, 28 de Abril de 2008

Ola, xa fai tempo que non escribo nada¡¡ Todo sije máis ou menos ijual, moito choio coas práctica de TP, CN, e SC. De feito mañá temos que entrejar a práctica 2 de computación numérica (metodo LU tridiagonal, QR e Newton) e pola mañá acabar a de tecnoloxía da programación (probar o MiniBank en JUnit). Polo resto, bastante contento porque este miércoles é o último día de clase desta semana e vou ir a Santiajo ás festas da Ascensión, ímonos xuntar alí medio Baño máis Pedro, Javi, Aida, María etc…

E para concluir a semana, sábado imos tocar a Pobra do Caramiñal, á sala Bumerang, Trapos Sucios máis Jabon Blue e vai molar moitísimo.

Non sei máis que contar, vou ir xa pensando en durmir porque mañá vai ser un dos poucos días nos que teña que madrujar.

Concerto o 09/05/98 na Cus-Cus (Noia)

Martes, 22 de Abril de 2008

Tocaremos o venres 9 de Maio xunto a Jabon Blue na discoteca Cus-Cus de Noia a partir das 23:30 h.

Erro ao anunciar o concerto con Jabon Blue o día 03 de Maio

Mércores, 9 de Abril de 2008

O concerto na sala Bumerang é o día 3 de Maio pero foisenos a pisa ao anunsialo e puxemos que era o día 2. A entrada costa 5 euros. Disculpade.

Jabon Blue + Trapos Sucios na Sala Bumerang de Pobra do Caramiñal o 02/05/08

Domingo, 6 de Abril de 2008

O día 2 de Maio tocamos con Jabon Blue na Sala Bumerang, na Pobra do Caramiñal. Eles presentarán varios temas do seu novo disco que xa está a punto de saír a venta. Non hai hora confirmada, supoño que empezaremos a partir das 11 ou algo así.

Trapos Sucios na Sala Zona de Bueu o 18/04/08

Venres, 4 de Abril de 2008

Xa temos os carteis para o concerto en Bueu o día 18 de Abril. Aquí o deixo.

Cartel Concerto Sala Zona 18 Abril 2008

Concerto Jabón Blue no Fórum Célticum + Trapos Sucios na Sala Zona

Venres, 4 de Abril de 2008

Esta noite pasada fomos ver a Jabon Blue que tocaron en A Coruña, no Burgo. Tocaron bastantes temas novos, que están no disco que acabaron xa de jrabar e que pronto sairá a venta etc… (Este disco autoprodúseno eles). Tocaron de puta madre e viñeron, como non, moita xente de Muros. Eu fun con Juno e hoxe dóeme todo jejeje.

Aproveito tamén para disir que Trapos Sucios imos tocar en Bueu o día 18 de Abril con outros jrupos. É xa sejuro que imos tocar pero cando teñamos os detalles dos outros jrupos e horarios xa hei de poñer aquí a informasión (máis estará na nosa web). Bueno, deixo unha foto da sala Zona.

 Sala Zona (Bueu)