Arquivo de Febreiro de 2008

Nova web do Castelo Rock

Xoves, 28 de Febreiro de 2008

Para esta edisión 2008, a A.C.R.D. Praia do Castelo estrea web do festival, co deseño mellorado e ademáis, podemos votar pola cabesa de cartel que prefiramos entre un lote de jrupos como Rosendo, Gatillazo, Porretas, La Fuga, Los Suaves, Barricada, Saratoga etc…

Eu xa botei eh¡¡¡¡ Entrade aquí

Concerto Trapos Sucios

Luns, 18 de Febreiro de 2008

Trapos Sucios imos tocar o día 22 de Marzo no Pozo do Cachón (Muros) pero a hora está aínda por confirmar, supoño que a partir da 01:00. O concerto vai ser no interior do muiño de marea. Entrada gratuita.

Non vai tocar ningún outro jrupo, haberá barra e música toda a noite. Está orjanisado pola A.C.R.D. Praia do Castelo e todo o recaudado nas consumicións vaise destinar a traer as mellores bandas ao Castelo Rock 2008.  

Logo TPSC

O concerto xa está confirmado e poñerei aquí o cartel onde se confirmará a hora do concerto e tamén os horarios do Noite Bús.

¿Onde imos a parar?

Domingo, 10 de Febreiro de 2008

Cada día máis perdido nun mundo tan jrande e que se pon costa arriba con tal pendente que non hai forma de rodalo. Acaba o fin de semana e teño a sensasión de estar saturado, nesesito respirar, que pasen os exames e volver para a Coruña, xa son moitos días en Muros sen poder saír o que eu quero, reprimirme na casa a estudiar. É como estar no mellor sitio do mundo pero sen poder pisalo. Ademáis dous dos exames que me quedan son os que vexo imposibles e non os estou estudiando como eu quero, estou como bloqueado na vida, mirando para os temarios ata que pasen as horas e confirme o meu “fracaso”. Take it easy Denís.

Exame de Algoritmos

Xoves, 7 de Febreiro de 2008

Vaia día que levo. Pola mañá fun faserlle aljún recado a miña nai, comer sedísimo e arrancar xa para Coruña. Parar en Coristanco a faser un encarjo, para a FIC, con David e as 4 cheja o momento: exame de Algoritmos. Estou bastante positivo porque creo que o vou aprobar, menos mal, porque para suspender xa ha de haber aljunha por aí.

Fastidianme un par de fallos que tiven no exame, dixen que a ordenasión por fusión tiña complexidade O (n²) no caso medio e peor caso. ¿Que caso Denís? Son parbo oh, é un algoritmo “Divide e Vencerás” que non depende da entrada, non hai máis caso que un e é O (n*log n). Despois mirando a complexidade empiricamente doutro algoritmo díxenlle que era O(n*log n) pero esta cota era realmente aljo subestimada, a axustada andaba, sejún me dixeron, por n elevado a 1,25. Esto ijual mo dan por ben porque eu so mirei as f(n) típicas, non cousas raras como n elevado a 1,XX.

Próximo exame: Estrutura de Computadores I, prosesador da Nintendo a punta pala (MIPS). ¿Aprobable nesta convocatoria? Sería un milajro pero esta creo que vai ser das de estudiar debaixo da sombrilla. Bueh, xa me despido, a ver se me chama Jesús que o chamei para ir tomar aljo pero xa está tardando.

“Física o Química”

Martes, 5 de Febreiro de 2008

Hoxe deume por ver a tele e estrearon en Antena 3 unha serie de chavales de instituto e profesores novatos. Non está mal para pasar un rato na tele, eu que case nunca me quedo pejado nela pois hoxe… será que estou moi aburrido nestos días de exames pero o luns que ven ijual a teño que ver.

“La gran engañada” de Gatillazo

Luns, 4 de Febreiro de 2008

Hoxe que me aburro de tantas horas que levo estudiando para Algoritmos déixovos a letra dun tema que vos recomendo escoitar, a parte de que mola moitísimo a música do tema a letra fala bastantes verdades sobre o consepto de “libertad” no noso mundo, ven a resumir aljo así como que o mundo está jobernado por uns poucos para que os ignorantes abunden e non  protesten moito ao sentir que están ben cando en realidade están máis mortos que vivos…

 

LA GRAN ENGAÑADA - (GATILLAZO)

 

Si no supiera que el gobierno es mafia,
si no supiera que la mafia es el gobierno,
si no supiera que la policía tortura,
si no supiera que el dinero manda…
pero lo sé.

 

Si no supiera, sería libre.
Si no supiera que la democrácia es facha,
si no supiera que el trabajo mata,
si no supiera que los ricos roban,
si no supiera que la religión atonta….
pero lo sé.

 

Me voy a apuntar al sindicato de los tontos
muchos tontos juntos lo podemos conseguir.

 

Mejor no saber tanto, mejor no ser tan guapo,
mejor no ser tan listo, mejor no ser tan guay.

 

Si no supiera sería libre, pero lo sé.

 

A cansión en concreto está no disco “Dianas Legales” (2007)

 

A Santa Compaña

Domingo, 3 de Febreiro de 2008

Ola. Hoxe Domingo de reflexión, de pasalo onte impresionantemente ben, de disfrasarnos todos de Santa Compaña, de ir de prosesión por Louro cun cadaleito. Foi unha noite increible e creo que estamos xa ilusionados en faser aljo wai para os Carnavales do ano que ven, planealo con tempo e arrasar jejeje.

Safounos a nai de Juan que nos axudou a pintarnos as caras e a verdade é que tiñamos un serto paresido cos Kiss, ijual máis que coa Santa Compaña… en fin, que estou mallado e a ver esas fotos que tal están, se mas pasan hei de poñer aljunha.