Arquivo de Setembro de 2007

Toñito de Poi

Domingo, 23 de Setembro de 2007

Ola¡ Xa fai uns días que non escribo nada por aquí. Este fin de semana foi bastante completo. O viernes démoslle moita caña jrabando con Suiss, a estas alturas xa están os 4 temas que van meter na maqueta (Slow, Fly, In this towm, Honey) coas baterías e jitarras listas¡¡ Vailles quedar moi chula. Sábado a mañá tamén jrabamos a Suiss e estivemos tamén limpando a casa na que montaremos o novo estudio de jrabasión :). A tarde sejimos limpando ata que a lejía acabou coas nosas fosas nasais. Á noite, despois dunha duchiña rapida, fomos a “Porto de Escarabote” na Pobra do Caramiñal porque quedamos cunha muller que se chama Amalia e que móvese con aljuns jrupos como Jabón Blue, A banda de Poi etc… Pasamos un bo rato con ela e tamen nos vai botar unha man para tocar na Esmorga en Boiro. Casualmente Toñito de Poi chamou a Amalia mentras estabamos con ela e animouse a vir ata alí. Conosemos a Toñito de Poi e aproveitamos para darlle un CD (que nolo fixo firmar xDD) máis tomar aljo con el. Ás dúas da mañá xa volvemos pa Muros para faser vida normal, foi unha noite diferente e sempre está ben conoser xente e poder darlle o noso CD.

Hoxe, Domingo, empesamos a ensaiar con Trapos despois dos consiertos de verán. Estivemos repasando os temas do CD e a verdade é que aínda estivemos bastante fresco. Que justaso volver a estar na casa de Juno tocando, alí é unha marabilla tocar, xa teño janas de que volva a ser finde pa ensaiar. A tarde do Domingo paseina ben, con María de relax e ahora séntome aquí un pouco antes de ir durmir (estou bastante canso), un saúdo.

Adiós Fender Telecaster

Venres, 21 de Setembro de 2007

Pois vendo a miña primeira Fender Telecaster porque a pobre xa vai velliña e eu non a estou usando nada e ela quere sejir tocando… e eu non podo levala aos consiertos porque conosín a outra Telecaster mellor, dame peniña e sejuro que o seu novo don@ lle saca proveito. Ela ten moito que enseñar aínda.

Toquei con ela a maior parte do tempo que estiven en A media Ghasta, jrabei con ela no “Sin secreto”, leveina a TVG varias veses e tamén a outras televisión comarcais… ten a súa historia. Compreina cando acabei 4º de ESO (creo) e cando a toquei por primeira ves sentín que tiña unha joya nas mans, acostumbrado a outra máis cativa…

Podedes ver en eBay onde a vendo por se a aljén lle interesa pulsando aquí 

Buehhh, non toleo máis e deixo unha foto¡¡

Fender Telecaster Standard

 

Oferta de Apple para a volta a clase

Luns, 17 de Setembro de 2007

É bastante conosido que se eres estudiante Apple véndeche os seus productos a mellor precio. Ahora que empesa o curso saca unha promoción realmente atractiva pero que ten un proseder un tanto raro:

Se eres estudiante e compras un Mac máis un iPod Nano devólvenche 130 euros e o iPod Nano máis barato vale 139 euros. Básicamente rejálanche o iPod Nano pero tes que pajalo ijual e despois enviarlle ao Reino Unido os códigos EAN dos dous productos (máis unha encuesta) e esperar a que che validen a promosión. ¿Non lles sería máis fásil rejalarcho directamente? ¿Hai trampa?

Deixo unha foto dun Macbook blanco (porque me justa) e o Ipod Nano máis barato (4 Gb). Máis informasión aquí

iPod NanoMacbook Blanco

Primeiros pasos con Suiss

Domingo, 16 de Setembro de 2007

Ola, xa fai uns días que non poño nada por aquí. Hoxe a mañá reunímonos Pedro A., Ginkana, Arturo e eu para poñer o estudio a punto (que pronto o trasladaremos a unha casiña de pedra) pois como xa dixen Suiss vai jrabar unha maqueta nel. Estivemos montando os compresores, ecualisadores, microfoneando a batería e cableando todo. Viñeron Jose e Miki de Suiss para ir vendo como vai funsionando o rollo e ir poñendo a punto as súas cousas. Mola moito jrabar a outra xente, nunca o fixemos e así podemos darlle máis horas de uso a toda a pila de rollos que temos para ir pulindo o sonido que creo que é bastante xeitoso xa. Nos non temos o estudio como nejosio, máis ben é o corasón de todo o que levamos a CD pero neste momento que hai aljo de tempo libre creemos que está ben abrirlle as portas a jrupos amijos como Suiss.

Hei de sejir contando como vai o rollo, creo que viernes que ven xa empesaremos a faser tomas de bateria. Un saúdo

Miña sobriña

Mércores, 12 de Setembro de 2007

Hoxe chamoume meu irmán Iván porque vai ter un bebé e hoxe dixéronlle que é unha nena. Estamos todos contentos porque como miña nai é a única muller da casa pois é unha alejría…

Aínda non se sabe como se vai chamar pero sobre Xaneiro debería de naser e que todo sala ben¡¡¡

Estatística I

Luns, 10 de Setembro de 2007

Está claro que hoxe non é o mellor día do mundo. Mañá teño o meu primeiro exame de Setembro: Estatística I. Non o teño nada dominado, aínda hoxe fun a Rocío e atrancámonos cun par de problemas e xa nos desmoralisamos… De contraste de hipóteses non sei nada, de intervalos de confianza menos mal, o de ditribucions notables lévoas ben e a teoría bastante mal. Todo dependerá de como poñan o exame pero non son moitas as esperansas.

Pónseme mal o corpo ao pensar que teño que volver á facultade e non sei o porqué, todo me está indo bastante ben pero non podo evitar estar nervioso por ter que ir alí… sitio extraño.

Facultade Informática Coruña

A miña mosa

Domingo, 9 de Setembro de 2007

Chámase María e levo con ela máis de 2 anos¡¡ É a máis juapa do mundo e tivo o mal justo de salir conmijo. Ahora vai ir para Santiajo coas súas colegas Beti, Jessica e Raquel a estudiar porque arrasou en Setiembre e aprobou todo jejeje (taba toda nerviosa a pobre).

María e Denís

Por fin viernes

Venres, 7 de Setembro de 2007

Bueno, no blog aínda non arrejlei nada de nada porque ando a todo estudiar que teño exame de Estatística o martes que ven… Ahora estaba estudiando pero apetesíame escribir aljo aquí porque tou todo contento que cheja o fin de semana e eso supón moitas cousas: os trapos sucios estamos todos na casa e podemos quedar para ensaiar (aínda que este finde creo que non porque un ten boda) e sempre hai alejría no ambiente cando é fin de semana non?

O outro día falei con Migui (Suiss)  e parese que van jrabar no noso estudio unha maqueta así que ijual hoxe quedamos pola noite para ir preparando todo que despois dos concertos de verán temos o estudio patas arriba¡¡

Hoxe saquei o Carné Xove porque me enterei durante o curso pasado que che fan bastante desconto no tren e noutras cousas… e como este ano espero andar aljúns días de Coruña a Santiago (porque María aprobou todo e Pichín e Ángel están alí…) pois é a chave.

Un saúdo¡¡